"aris" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 297.

  • Asociación de sociedades obreiras. Esta tendencia ao asociacionismo tivo relevancia en Galicia no societarismo mariñeiro, a finais do s XIX e comezos do s XX nos portos de Vigo, Coruña e Marín, debido a que se endureceron as condicións de traballo dos mariñeiros e se impuxeron novas relacións laborais. Produciuse a primeira folga espontánea nos vapores palangreiros do Berbés en 1897. Dous anos despois naceron as asociacións obreiras primixenias na pesca, vinculadas ao socialismo vigués: a Sociedad de Marineros-Pescadores do Berbés e a Sociedad de Obreros Pescadores de Bouzas, que atoparon resposta patronal na constitución da Sociedad de Armadores La Marítima, de Bouzas. O modelo repetiuse no albor do s XX na Coruña e Marín, o que provocou unha intensa loita de clases no mar ata a Guerra Civil ao redor do descanso semanal, aumento das tripulacións nos vapores, suba dos xornais ou das partillas, retribución das tarefas de terra e control das contratacións. Desde finais do s XIX aumentou o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado na Coruña a partir de decembro de 1907. Cesou en abril de 1908 (nº10). Subtitulado “Órgano quincenal de la Junta Coruñesa de la Solidaridad Gallega”, ao seu cesamento foi substituído polo semanario Solidaridad Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política. Membro do PSdG-PSOE e secretaria de Movementos Migratorios da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE desde 2000, foi concelleira de Camariñas e promotora da recuperación do encaixe de palillos. Desde 1997 é deputada no Parlamento galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María Luísa Soto Meijomence.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina de Francisco Suárez e dos seus seguidores, tradicionalmente representada polos xesuítas, que se basea na posición intermedia entre o tomismo e o escotismo. Afirma a cognoscibilidade do singular e rexeita o principio aristotélico-tomista de individuación pola materia, a idea dun ens generalissimum e a insistencia na analoxía da atribución, a oposición á distinción real entre esencia e existencia e a elaboración do concepto de modo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é moi breve.

    2. Aplícase ao proceso militar en que os trámites e o procedemento se abrevian de tal xeito, que poden durar só unhas poucas horas. Propios, sobre todo, dos tempos de guerra contra delitos flagrantes de traizón, deserción ou desobediencia, comportan a indefensión do acusado e as penas máis graves, como a de morte, se está vixente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto caducifolio, de ata 8 m de altura, coa cortiza de cor parda con fendas e ramas delgadas e flexibles que saen case desde a base. As follas son alternas, escuamiformes, de forma ovado-agudas, moi pequenas, sentadas e de cor verde glauca. As flores son pequenas, hermafroditas con 5 pétalos e 5 estames dispostos en acios de cor branca ou rosada que nacen nas extremidades das ramas novas e que aparecen ao mesmo tempo ca as follas e froito en cápsula. Florece entre abril e xuño. En Galicia é moi frecuente en toda a zona do litoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras e enxeñeiro francés. Proxectou unha planificación da cidade de Amiens. Fixo o altar maior (1483) e, en 1490, o coro, o pórtico e o rosetón da fachada principal da catedral de Amiens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Kosmas Politis, a súa primeira novela Lemonodasos (Bosque de limoeiros, 1930) describe a vida nunha cidade rural. Outras obras son Eroica (1938) e Stou Khatzifrangou (En Khatzifrangou, 1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino de Nicea (1204-1222). Xeneral do exército bizantino, casou con Ana, filla de Aleixo III Anxo de Bizancio, e distinguiuse na defensa de Constantinopla contra os latinos, que tomaron a cidade en 1204. Refuxiouse en Nicea, onde reorganizou o Imperio Bizantino fronte ao Imperio Latino de Constantinopla, pero foi derrotado polos croatas (1204 e 1205). En 1208 recibiu a coroa imperial. En 1214 tivo que asinar un tratado de paz coas tropas latinas de Enrique I de Constantinopla. En 1219 casou con María de Courtenay e casou a súa filla Eudocia co irmán da súa muller, Roberto I de Constantinopla en 1221, e con quen renovou o tratado de paz. Foi sucedido polo seu xenro Xoán III Ducas Vatatzes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino de Nicea (1254-1258). Sucedeu a seu pai Xoán III Ducas Vatatzes, que xa o asociara ao trono. Bo lexislador e home dunha gran cultura, era un bo estratega e conservou todas as posesións territoriais do Imperio de Nicea. Casou a súa filla Irene co novo tsar de Bulgaria, Constantino I Taš, e a súa filla María con Nicéforo, fillo do déspota de Epiro Miguel II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de síntomas da sífilis terciaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Réxime político que exerce unha forte intervención en todas as ordes da vida dunha nación ou dun estado e que, sen admitir ningunha forma de oposición legal, concentra a totalidade dos poderes estatais en mans dun grupo ou partido, sen respectar ou reducindo os dereitos civís e políticos e as liberdades públicas. Identificado a miúdo cos réximes extremistas de dereita ou esquerda, oponse á concepción liberal e democrática, coa pretensión de organizar dunha maneira ditatorial a vida privada e pública da sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao totalitarismo.

    2. Partidario ou seguidor do totalitarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente teolóxica do anglicanismo, orixinada en Oxford, que promoveu a publicación dos Tracts for the Times (1833-1841), opúsculos sobre temas de tradición da Igrexa, de onde deriva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo xudicial de excepción creado en París durante a Revolución Francesa. Funcionou de 1793 a 1795, para xulgar os contrarrevolucionarios e os que atentaban contra a seguridade pública. Utilizaba procedementos sumarísimos, e as sentenzas eran executadas no prazo de 24 horas. Foi un dos instrumentos principais do Terror.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político grego. Foi gobernador xeral de Creta (1920-1932). Durante a Segunda Guerra Mundial foi un dos xefes da resistencia grega. Xefe do partido populista, foi presidente do goberno (1946-1947) e ministro de Asuntos Estranxeiros (1946-1950). Coa chegada ao goberno do mariscal Papagós, pasou á oposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Réxime político na Rusia dos tsares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao tsar ou ao tsarismo.

    2. Partidario do tsar ou do tsarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO