"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

    1. Acción e efecto de arrodear.

    2. Percorrido que non é o máis curto ou desvío do camiño dereito que se fai para dirixirse a un lugar determinado e evitar deste xeito obstáculo ou perigo.

    3. Maneira de dicir algo con expresións pouco claras ou por medio de indirectas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor valenciano. Formado en Salamanca, mantivo contacto directo con ambientes ilustrados. Seguiu a carreira administrativa e chegou a ser contador de finanzas en Vara de Rey (Cuenca) onde intentou, inutilmente, crear unha sociedade económica. Autor das obras Odas, Epigramas (1784) e, sobre todo, Sátiras, que a censura impediu publicar, opuxo ao concepto optimista de “século das luces” o de “século das aparencias”. Tamén escribiu, entre 1786 e 1790, Cartas político económicas al conde de Lerena, unha das primeiras e máis incisivas manifestacións do pensamento liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De aspecto semellante ou relativo ás canas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. De cor ou materia prateada.

    2. Moeda romana de prata aparecida coa reforma monetaria de Diocleciano. A súa equivalencia con respecto á totalidade do sistema monetario (folis de bronce, sólidos áureos, etc) non foi sempre constante, ao igual que aconteceu coas súas dimensións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romanés romántico. Foi o fundador do primeiro xornal romanés Albina romineasca (A abella romanesa, 1929), promoveu organizacións culturais en lingua romanesa e escribiu novelas históricas, dramas e poesías, fortemente influídas polo clasicismo renacentista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á clase dos ascidiáceos.

    2. Urocordados da clase dos ascidiáceos.

    3. Clase de urocordados integrada por individuos priocordados, sacciformes, de medidas relativamente grandes (poden chegar a un palmo de longo), mariños, denominados xenericamente ascidias. Teñen o corpo recuberto por unha túnica, lisa ou rugosa formada por unha substancia quimicamente semellante á celulosa denominada tunicina; esta túnica pode presentar incrustacións de toda clase (area, cunchas de moluscos, etc). Presentan dous sifóns, un inhalante, apical, e outro exhalante, máis pequeno e situado lateralmente. As partículas alimentarias capturadas na abertura inhalante quedan retidas na rede mucosa (secretada polo endostilo) e son conducidas polos cilios cara ao estómago. No tubo dixestivo absórbense os nutrintes e os refugallos son expulsados polo ano, situado preto do sifón exhalante. A larva non se alimenta, pero nada durante horas ata que se fixa nalgún obxecto sólido mediante a papila adhesiva; entón sofre unha metamorfose para converterse nun adulto sésil, que vive fixo no substrato....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á familia das asclepiadáceas.

    2. Planta da familia das asclepiadáceas.

    3. Familia de plantas integrada por uns 250 xéneros que abrangue unhas 1.900 especies de herbas perennes ou arbustos. Presentan follas sinxelas e opostas xunto con flores hermafroditas, actinomorfas e pentámeras. Atópanse principalmente nas áreas tropical e subtropical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. erso da métrica clásica que presenta dúas formas, asclepiadeo maior e menor. Tomou o nome de Asclepíades de Samos, que o empregaba asiduamente.

    2. erso logaédico de tres series: as dúas tripodias do menor e, intercalada entre elas, unha dipodia sincopada.

    3. erso logaédico de dúas series: unha tripodia sincopada e unha tripodia cataléctica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • asclepiadáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asear ou asearse.

    2. Calidade de quen se asea con frecuencia.

    3. Cuarto de baño.

    4. Elegancia, esmero no vestir.

    5. Xeito ou esmero co que se fai algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe mítico da Biblia. Segundo o Libro de Tobías, demo malvado que matou os sete primeiros homes de Sara, filla de Raquel, antes de que se unisen con ela. O anxo Rafael, enviado de Deus, expulsouno e deste xeito Sara puido casar con Tobías (ou Tobit).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos asmoneos.

    2. Membro dunha familia sacerdotal israelita. Na época da dominación siria, cando Antíoco IV Epífanes suprimiu a liberdade de culto, un membro desta familia, Xudas, principiou a revolta que culminou a independencia xudía. A dinastía asmonea (Xoán Hircano, Aristóbulo I, Alexandre Xaneo, Aristóbulo II, Hircano II) exerceron os poderes civil e relixioso dende o 134 ao 40 a C, sendo substituído no goberno por Herodes, de familia idumea, logo da intervención romana en Xudea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agnosia caracterizada pola incapacidade de recoñecer os obxectos co tacto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Equinodermo da clase dos asteroideos.

    2. Clase de equinodermos do subfilo dos eleuterozoos, denominados comunmente estrelas de mar. Polo xeral, está integrada por individuos de pequeno tamaño (de 5 a 30 cm de diámetro), de simetría fundamentalmente pentarradiada, co corpo de forma pentagonal ou ben estrelado con cinco brazos que se insiren nunha rexión central ou disco. A boca está situada no centro da cara inferior ou oral, rodeada dunha membrana branda. Ao longo da cara oral de cada brazo hai un suco ambulacral bordeado por fileiras de pés ambulacrais, protexidos por espiñas móbiles; estes pés ambulacrais teñen función basicamente locomotora e de captura de alimento, á parte da excretora e respiratoria. A cara superior ou aboral é normalmente rugosa e con espiñas, e nela atópase o ano. Viven en todos os mares, dende a zona litoral á abisal. Coñécense fósiles dende o Ordoviciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Asociación científica e literaria dedicada a elevar o nivel intelectual dos seus socios mediante discusións, conferencias, cursos e lecturas. O nome provén do templo dedicado a Atenea en Atenas e o Ateneo de Roma, e foi aplicado a diversas sociedades xurdidas en París na fin do s XVIII: Athénée de París (1785) e Athénée des Arts (1792). W. Scott e T. Moore fundaron en Londres a asociación The Atheneum (1824); A. Galiano e outros liberais fundaron en Madrid o Ateneo Científico e Literario (1820). En Galicia e América, fundáronse, entre outros, o Ateneo Ferrolán (1879), o Ateneo Científico, Literario y Artístico de La Coruña (1885), o Ateneo Cultural de Villalba (1934), o Ateneo de Galicia en México (1962) e o Ateneo de Pontevedra (1965).

      2. Calquera asociación de carácter cultural.

      3. Local onde ten a sede unha asociación cultural.

    1. A aparición dos Ateneos e Círculos de Recreo como espacios de sociabilidade no tempo libre prodúcese no Estado español na primeira metade do século XIX, alentados pola burguesía e as capas artesáns. Non obstante , a “apropiación” deste espazo por parte do proletariado organizado, para desenvolver fóra das horas de traballo un xeito de cultura propia da clase obreira, acontece na segunda metade da pasada centuria. En Galicia, estas experiencias chegarán con moito retraso, na alborada do século XX. E, aínda que todas as correntes ideolóxicas do obreirismo botaron man deste tipo de sociedades, cómprelles aos anarquistas un maior esforzo e dinamismo no seu devir. De feito, a intensa actividade sindical dos ácratas tivo como compañeiras unha non menos teimuda propaganda do ideario, xunto con numerosas tentativas de divulgación cultural entendidas como un fin en si mesmas. Neste contexto cómpre situar o fenómeno dos diversos Ateneos Libertarios e Centros de Estudios Sociales animados pola militancia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito de lingua grega. É recordado sobre todo pola súa obra O banquete dos sabios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín bilingüe aparecido en decembro de 1978 en Ferrol. Cambiou o seu nome polo de Ateneo Ferrolán. Informaba sobre as diversas vocalías do Ateneo da cidade: arqueoloxía, música, humanidades, teatro e artes, entre outras. Xunto a isto, incluía poesías de A. Martínez Barcón e Celso E. Ferreiro, traballos sobre o medio ambiente de D. Quiroga e sobre Manoel Antonio de X. M. Dobarro, nos seus distintos números. Tamén incluíron algunhas caricaturas de Siro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade fundada na Coruña en 1885 para fomentar o estudo científico e literario. Nesta liña organizaba cursos académicos que duraban desde o 1 de outubro ata finais do mes de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO