asteroideo
(
-
s
m
[ANIMAL]
Equinodermo da clase dos asteroideos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Clase de equinodermos do subfilo dos eleuterozoos, denominados comunmente estrelas de mar. Polo xeral, está integrada por individuos de pequeno tamaño (de 5 a 30 cm de diámetro), de simetría fundamentalmente pentarradiada, co corpo de forma pentagonal ou ben estrelado con cinco brazos que se insiren nunha rexión central ou disco. A boca está situada no centro da cara inferior ou oral, rodeada dunha membrana branda. Ao longo da cara oral de cada brazo hai un suco ambulacral bordeado por fileiras de pés ambulacrais, protexidos por espiñas móbiles; estes pés ambulacrais teñen función basicamente locomotora e de captura de alimento, á parte da excretora e respiratoria. A cara superior ou aboral é normalmente rugosa e con espiñas, e nela atópase o ano. Viven en todos os mares, dende a zona litoral á abisal. Coñécense fósiles dende o Ordoviciano.