"xia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 855.

  • Que é digno de eloxio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen eloxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da bioloxía que estudia os embrións en todos os seus aspectos. Segundo o método que segue no seu desenvolvemento, é descritiva se estudia morfoloxicamente as distintas fases do desenvolvemento; comparada se estudia o embrión establecendo as similitudes entre os diferentes grupos taxonómicos; e fisiolóxica se ten por obxecto o estudo funcional dos procesos morfoxenéticos, sendo entón a experimental a base empírica. Xa Aristóteles tentou solucionar o problema da ontoxenia e propuxo que a substancia do fillo procedía da nai, mentres que a forma ou principio creador viña do pai. Esta foi a orixe da tese preformacionista, que postula que as diversas partes do adulto xa se fixaran no embrión ou nos gametos. Antigamente pensábase que a base material do homúnculo era o ovo; deste xeito, W. Harvey na súa De generatione animalium (Xeración dos animais, 1651) asentou as bases do ovismo dicindo que todos os seres proveñen dun ovo (“ex ovo omnia”). En...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia a estrutura, normal e patolóxica, e as funcións das glándulas de secreción interna, así como as propiedades químicas e os mecanismos de acción das hormonas que producen. A súa orixe é tan antiga coma a humanidade, pero non se aceptou como ciencia ata finais do s XIX. Anatomicamente, a maioría das glándulas endócrinas xa eran coñecidas polos gregos e os romanos. As últimas en ser descubertas foron as glándulas suprarrenais (1563) e as paratiroides (1879), pero a función de todas era aínda descoñecida. No s XVIII, Albrecht von Haller describiu a tiroide, o bazo e o timo como glándulas que non tiñan condutos excretores, senón que vertían as súas substancias ao sangue. O impulso da endocrinoloxía moderna débese a Claude Bernard que, en 1855, formulou claramente o concepto de secrecións internas, definíndoas como uns produtos específicos de certos órganos que se difunden por todo o corpo e son indispensables para o mantemento das funcións vitais. Schafer sinalou que as secrecións...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capacidade dun sistema físico para producir un traballo. A enerxía diminúe nunha cantidade igual ao traballo producido e mídese, polo tanto, nas mesmas unidades ca este. A noción de enerxía, presente xa na mecánica clásica, aparece definida como resultado das investigacións de J. P. Poule e N. L. S. Carnot sobre a interconversión calor-traballo mecánico, e grazas á teoría de H. L. F. Helmholtz que relaciona o traballo feito por un sistema isotérmico coa enerxía interna e a entropía deste sistema. A enerxía non está ligada só á idea de traballo mecánico, senón tamén ao traballo eléctrico, químico ou calorífico, e así, pódese falar de enerxía eléctrica, química e calorífica. Se nun sistema físico illado desaparece unha certa cantidade de traballo, ou un equivalente deste traballo, pertencente a diversas formas de enerxía, debe aparecer a mesma cantidade de traballo baixo outras formas, tal como establece a lei de conservación da enerxía. Os traballos de W. Thomson e de R. J. E. Clausius,...

    2. captación de enerxía

      Método mediante o que os seres vivos autótrofos incorporan enerxía do exterior para poder sintetizar substancias orgánicas no seu interior. A enerxía incorporada pode provir das radiacións solares, mediante o proceso de fotosíntese, ou da oxidación de substancias inorgánicas que pasan a orgánicas simples por medio da quimiosíntese.

    3. enerxía activa

      Enerxía correspondente á potencia activa.

    4. enerxía alternativa

      Enerxía que adoita presentar unha característica determinada, como, por exemplo, a produción descentralizada, a transformación limpa, sen residuo e o consumo en lugares non demasiado afastados do punto de produción. Reciben o nome de alternativas as formas de enerxía que non poden ser consideradas convencionais, como os combustibles fósiles, a enerxía hidráulica e a de fisión nuclear, agás a de fusión, polo feito de estar aínda nunha fase experimental. As principais enerxías alternativas son a solar, a eólica, a xeotérmica, a mareomotriz, a maremotérmica, a das ondas e a agroenerxía.

    5. enerxía aparente

      Enerxía correspondente á potencia aparente.

    6. enerxía de compactación

      Enerxía que se lle aplica a unha capa de terra ou de firme para conseguir un  determinado grao de compactación.

    7. enerxía de configuración

      Relación entre a enerxía da capa de valencia e a do estado estable do átomo libre.

    8. enerxía reactiva

      Enerxía correspondente á potencia reactiva.

    9. producción de enerxía

      Método segundo o que os seres vivos obteñen a enerxía química necesaria para levar a cabo as súas funcións vitais e as reaccións intracelulares que empregan enerxía. Os seres vivos producen enerxía mediante a oxidación de substancias orgánicas no proceso da respiración. A enerxía producida almacénase en forma de ATP e de fosfocreatina, e libérase en forma de movemento, calor, luz ou electricidade.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica que trata do viño, do seu melloramento, preparación e conservación, e tamén da análise e estudo de cada un dos seus compoñentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor intestinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención cirúrxica consistente en fixar unha zona intestinal ás paredes do abdome para evitar un desprazamento indesexado. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisión de sangue vermello por vía anal. É propia das enfermidades relacionadas co intestino, sobre todo co colon ou co recto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da bioloxía que estudia os insectos e outros grupos de artrópodos. A orixe desta ciencia débese a Aristóteles, que empregou por primeira vez o termo ἕ ντομον para referirse aos hexápodos -insectos en sentido estricto-, miriápodos e arácnidos. Durante moitos séculos, na Idade Antiga e Media, os seus textos constituíron a base fundamental do coñecemento destes invertebrados e a entomoloxía viuse reducida á reprodución e comentario dos textos do filósofo grego. Por outra parte, no s I, Plinio escribiu Etymologiarum libri XX, obra na que trata algunhas especies de insectos e Eliano, no s II, fai o propio na súa obra De Natura animalium. A entomoloxía moderna comezou coa edición de Insectorum sive minimorum animalium Theatrum, publicada en Londres en 1634, levada a termo por Thomas Moffett, pero que principiara na metade do s XVI Thomas Penny a partir do material inédito de Konrad Gesner e os esquemas de clasificación realizados por Edward Wotton; este...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da bioquímica que estudia os enzimas, concretamente a cinética enzimática, os mecanismos de regulación, a compartimentación celular e, no organismo, a súa composición, identificación e purificación química, a especificidade polo substrato e pola reacción, e a súa clasificación. Como todas as reaccións bioquímicas están catalizadas por enzimas, a enzimoloxía converteuse nunha ciencia auxiliar moi dinámica, con múltiples aplicacións tanto médicas como industriais. Tamén se emprega a análise enzimolóxica para estudar a evolución bioquímica dentro dos filos e a diferenciación das poboacións de seres vivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que agrupa o conxunto de actividades interdisciplinarias que se empregan no estudo dos factores medioambientais, individuais ou doutro tipo que ameazan a saúde humana, e a súa aplicación ao control dos problemas sanitarios. A epidemioloxía permite determinar os factores de risco e predicir o curso dunha enfermidade, mediante o estudo do cómo, cándo e por qué unha enfermidade se desenvolve nunha comunidade. Na Antigüidade coñecíanse co nome de peste as enfermidades epidémicas que presentaban un elevado índice de mortalidade. No ano 1546, G. Fracastoro afirmou que a peste se podía transmitir por xermes e Ambrose Paré empregou o termo contaxio. Ata mediados do s XIX supúxose que a orixe das enfermidades infecciosas se debía aos miasmas, humores ou fermentacións. Co nacemento da era pasteuriana, descubriuse o papel dos axentes patóxenos vivos, e así xurdiu a epidemioloxía como ciencia. Isto permitiu dar unha base obxectiva de estudo para a epidemioloxía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor na rexión epigástrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da bioxeografía que estudia a xénese e o desenvolvemento das áreas de distribución das especies.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disciplina que estudia o coñecemento, as súas clases, os seus condicionamentos, a súa posibilidade e a súa realidade. Ademais, estudia os contidos do pensamento, a súa natureza e o seu significado, polo que algúns autores prefiren falar dunha teoría do coñecemento científico. O termo introduciuno o filósofo escocés J. F. Ferrier para designar a doutrina sobre a validez do coñecemento. Obxecto fundamental na historia da filosofía, os principais enfoques do seu estudo foron o racionalista, o empirista, o transcendentalista, o idealista, o positivista, o irracionalista vitalista e o da análise da linguaxe filosófica. Para moitos autores, é parte da metafísica e o seu obxecto de estudo é o coñecemento do ser; para outros, é unha disciplina autónoma. No ámbito da filosofía hispana utilizouse como sinónimo de gnoseoloxía, sen embargo, a utilización deste termo pola filosofía de orientación escolástica levou a facer a distinción entre gnoseoloxía, como teoría do coñecemento, e epistemoloxía,...

    2. Disciplina, de carácter filosófico, que se ocupa dos tipos de coñecemento que se poden obter da lingüística. Dun xeito máis específico, constitúe unha teoría verbo da metodoloxía, os procedementos e os obxectivos da lingüística en tanto que campo do saber. Estudia, así mesmo, a evolución histórica das ideas lingüísticas e mais a súa contribución ao coñecemento humano. Unha das discusións básicas ten sido o carácter científico da disciplina, aspecto tan condicionado polos estándares científicos herdados da tradición grecolatina e occidental. Así, os saberes asociados ás ciencias experimentais teñen dominado as concepcións do científico durante os séculos precedentes. Mesmo no s XX, a lingüística estivo en certa medida relegada como ciencia, xa que os datos que manexaba se consideraban “procedentes da mente” e non de fontes abertamente observables. A análise lingüística en tanto que conduta directamente observable contribuíu a modificar esta concepción. Non obstante , os estudiosos vinculados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á epitaxe. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo, en desuso, co que se fai referencia ás enfermidades que afectan aos animais, e que se confrontaba coa epidemioloxía que facía referencia ás enfermidades da especie humana. Na actualidade considérase artificiosa esta división e denomínanse ambas como epidemioloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da etnoloxía que se ocupa do estudo da cultura laboral das sociedades e dos seus elementos materiais.

    VER O DETALLE DO TERMO