"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Amigo de Picasso e de G. Braque, participou nas manifestacións cubistas. Representou personaxes e elementos mecánicos, mediante formas curvas e tubulares de cores inicialmente frías e posteriormente cálidas, entre os que sobresae a serie Contrastes de formes (1913). Durante a Segunda Guerra Mundial realizou cadros de acróbatas e ciclistas. Interesouse tamén polo cine, Ballet mécanique (1923-1924), a cerámica e o gravado. Ten un museo monográfico en Le Biot (Alta Savoia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Formado na música clásica, traballou para o cineasta Jacques Demy. En EE UU colaborou posteriormente en The Thomas Crown Affair (1968), Summer of 42 (1971, galardoada cun Oscar da Academia) e Les routes du Sud (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesora. Foi profesora de filosofía na Escola Normal de Ourense desde 1928 a 1945. Das súas publicacións destacan Compendio de Geografía General (1934), El padre Feijoo: sus ideas crítico-filosóficas (1935), El existencialismo en la educación (1959), El padre Feijoo: su magisterio (1967) e Pedagogía hispano-cristiana en su dimensión espiritual (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Formouse na escola do Grand-Guignol e na súa obra obsérvase a influencia de Čekhov, Strindberg e Pirandello. Das súas obras destacan O ladrón de soños (1922), Á sombra do mal (1924), Un amor máxico (1926), Unha vida secreta (1929), O crepúsculo do teatro (1934), Terra de Satán (1943) e Confesións dun autor dramático (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na Pena (Cenlle). Ten planta en forma de U. Á primitiva obra do s XVIII que tiña forma de escuadro, engadiuselle un novo corpo. Conserva o patio e un oratorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (457-474). Tentou manter a unidade do Imperio e ratificou o concilio de Calcedonia. Asumiu a dignidade de emperador de Occidente á morte de Severo (465), aínda que, dous anos despois, elevou ao trono de Roma o seu familiar Antemio Procopio. Non puido derrotar os vándalos situados no N de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (440-461). Arcediago de Roma no pontificado de Celestino, foi home de confianza de Sisto III, a quen sucedeu. No seu papado decidiu acabar co paganismo e interveu contra o bispo Honorato de Arles (449). Consolidou a súa autoridade en Hispania e África, e condenou a Nestorio (449). Castigado polo Concilio de Éfeso, respondeu convocando o Concilio de Calcedonia (451) e defendeu Roma da invasión de Atila (452). Consérvase unha colección de sermóns, o epistolario e o misal denominado Sacramento leonino. Foi proclamado doutor da Igrexa por Bieito XIV (1754). A súa festividade celébrase o 10 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Reflectiu sobre todo a vida militar e a da alta burguesía do seu país cunha técnica moi coidada. Destacan os contos Der Herr von Paris (O cabaleiro de París, 1936) e Der Baron Bagge (O barón Bagge, 1936), e a novela Mars im Widder (Marte en Aries, 1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Etnólogo e prehistoriador. Subdirector do Musée de l’Homme (1945), foi profesor na Universidade de Lyon desde 1956 e, posteriormente, foi nomeado profesor no College de France e membro do Institute de France. Estudiou os procesos seguidos para o desenvolvemento das técnicas humanas. Da súa produción destacan La Civilisation du renne (1936), Hommes de la préhistoire (1955), Le geste et la parole (1964-1965), La préhistoire (1966), Le fil du temps (1982) e Mécanique vivante (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Formou parte da candidatura republicana de Barcelona nas eleccións para deputados de 1901. Reelixido en 1903, despois de participar na reorganización da Unión Republicana, aglutinou á maior parte dos grupos republicanos barceloneses (1903-1905). Novamente reelixido en 1905, opúxose ao movemento de Solidaritat Catalana, pero foi derrotado nas eleccións de 1907 e expulsado da asemblea de Unión Republicana. En 1908 creou o Partido Republicano Radical. Elixido deputado por Barcelona, tivo que exiliarse de novo en 1917 polas súas vinculacións co movemento folguista. Durante a Segunda República española foi ministro de Estado, entre abril e decembro de 1931, pero o seu enfrontamento cos socialistas levouno ao abandono da coalición gobernamental. Foi presidente da República entre setembro de 1933 e setembro de 1935, e ao incorporarse a CEDA ao poder tivo que facer fronte á insurrección de outubro de 1934. Ministro de Estado no goberno de Chapaprieta, entre setembro e outubro de 1935,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral, primeiro conde de Leven. Serviu no exército sueco onde acadou o grao de mariscal (1636). Volveu a Escocia en 1638 e interveu na guerra entre parlamentarios ingleses e partidarios do covenant escocés (1642-1646). Vencido Carlos I de Inglaterra, defendeu a monarquía, ata que as súas tropas foron vencidas por Cromwell (1649-1650).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e administrador. Cónsul no Cairo en 1833, ocupouse da educación de Sa’īd, fillo de Mu Palatino; ḥ ammad ‘Alī e interesouse polo proxecto de apertura dun canal entre o Mediterráneo e o Mar Vermello. Cónsul en Barcelona (1842-1848), foi ministro plenipotenciario en Madrid (1848-1849). En 1854 obtivo de Sa’īd a concesión da compañía internacional que abriría e explotaría o canal de Suez. En 1876 fundou unha compañía para abrir o canal de Panamá e iniciou os traballos, pero a empresa crebou en 1889.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Coordinador do Cuaderno de Cultura e membro do comité de redacción de La Voz de Galicia, traballou en La Región, foi redactor xefe de La Voz de Galicia e director de Ferrol Diario-El Norte de Galicia (1969-1981). Vicepresidente da Fundación Vicente Risco, o seu contacto coa cultura galega comezou no parladoiro cultural organizado por Vicente Risco en Ourense. Na súa obra, influída polo xénero fantástico e a ciencia fición, e marcada pola ironía e o sarcasmo, destacan o libro de contos Os dados de Deus (1994) e Só os mortos soterran os seus mortos (2001). No apartado do ensaio e a investigación cómpre salientar Ferrol diario. El Norte de Galicia. Agonía para unha expresión de seu (1993) e Ourense, cittá aperta (1999). Obtivo, entre outros, o premio Galicia de Xornalismo (1987) e o premio Julio Camba (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurisconsulto. Catedrático especial de Dereito Hipotecario da Universitat de València. Escribiu El Derecho consuetudinario en Galicia (1903), Augusto Comas como legislador, catedrático y jurisconsulto (1903), El regionalismo (1918) e El problema social agrario en Galicia y la redención de foros (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e crítico da arte francés. Interesado pola arte negra e a obra de Paul Gauguin, Paul Cézanne e o cubismo, cultivou unha pintura con temática da vida moderna e paisaxes como Rugby (1917) e Le 14 juillet en Aviñón (1923). Nas súas obras, os efectos de luz, os medios tons e as sombras dispóñense de xeito coherente. Como crítico e teórico da arte escribiu numerosos artigos na Nouvelle Revue Française e monografías como Seurat e Bonnard.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de China. Fundador da dinastía Tang, freou as tentativas da expansión turca e restableceu o protectorado chinés sobre as rexións do N de Asia. Bo administrador, protexeu as letras e o budismo e reformou o código chinés e o réxime de propiedade do solo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Alquimista alemán. Foi considerado un precursor dos fundadores da química moderna. Publicou os tratados Alchymia collecta (1595), Rerum chemicarum epistolica forma (1595-1599), Expositio fidelis sincera et delucida Raymundi Lullii (1599) e Opera omnia medico-clínica (1615), baixo o pseudónimo Basilius de Varna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Códice visigótico copiado para os reis Fernando I e Sancha de Castela e León en 1055. Trátase dun manuscrito conservado na Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela, aínda que a súa procedencia sexa posiblemente de San Martiño Pinario. Pedro foi o copista e Fructuoso fixo a iluminación seguindo o estilo da escola leonesa do s X, que se caracterizaba pola súa inxenuidade e encanto. A calidade das ilustracións, incluída a pintura cortesá que retratou os reis recibindo o libro, fixeron deste un exemplar moi apreciado polos estudiosos da arte. O seu nome variou ao longo do tempo desde o de Diurno de Fernando I ata o de Libro de Horas de Fernando I. Formado por 226 folios, sufriu a perda de varios deles e sucesivas restauracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de ións ou de moléculas non metálicas que, nun complexo, envolven un ión metálico central. Os ligandos dan lugar a un campo eléctrico denominado campo dos ligandos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático alemán. En 1882 demostrou que ð é un número transcesdente, é dicir, non é a solución de ningunha ecuación alxébrica en forma de polinomio con coeficientes racionais.

    VER O DETALLE DO TERMO