"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • SERRAS

    Pequena aliñación montañosa da serra do Courel, que se estende en dirección NNL-SSO entre as parroquias de Parada dos Montes (concello da Pobra do Brollón) e Vilamor (concello de Folgoso do Courel). O seu cumio é o monte Legua que acada os 1.307 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás trapáceas.

    2. Planta da familia das trapáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas, acuáticas e heterófilas, da orde das mirtais, con flores períxinas solitarias e de froitos nuciformes endurecidos. Comprende unicamente o xénero Trapa, cuxa especie máis coñecida é T. natans.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cousa mal feita e sen coidado.

    2. Cousa sen valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que fala de máis e sen pensar o que di.

    2. Persoa que fai as cousas de calquera maneira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen fai mal as cousas e sen tino ningún.

    2. Que ou quen fala de máis e sen pensar o que di.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de tea vella e gastada.

    2. Persoa desprezable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Sicilia, Italia (67.456 h [2001]). É un porto pesqueiro e comercial situado no NO da illa, ao pé do Erice, no fondo dunha pequena baía. Destacan a catedral, do s XII e reedificada no XVIII, e a igrexa da Annunziata (s XIV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Sicilia (2.461 km2; 410.381 [2001]). A súa capital é Trapani.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e libretista. Coñecido como Pietro Metastasio, foi poeta oficial da corte do Emperador Carlos VI de Austria en 1729. Escribiu libretos de ópera que foron musicados durante un século por moitos compositores, como Semiramide (1728), Artaserse (1730), La clemenza di Tito (1734), Ipermestra (1744) e Il re pastore (1751).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao trapecio.

    2. Que ten forma de trapecio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cuadrilátero que ten dous lados opostos paralelos e os outros dous non paralelos. Os dous lados paralelos b 1 e b 2 son as bases, e a distancia h é a altura do trapecio. A súa área é h (b 1 +b 2 )/2, é dicir, o produto da altura pola semisuma das bases.

      1. Óso curto, esponxoso e de forma cuboide, o primeiro da segunda fila do carpo, que se articula co escafoide, o trapezoide e os metacarpianos primeiro e segundo.

      2. Músculo amplo, de forma triangular, cuxa base corresponde á columna vertebral e cuxo vértice se dirixe cara ao ombro. Actúa como elevador do ombro e como rotatorio e inclinador da cabeza.

      3. Franxa de fibras transversais na porción inferior da protuberancia anular, arredor do núcleo olivar superior.

      4. Substancia branca central do cerebelo.

    2. Aparato para facer exercicios de ximnasia ou acrobacia que consiste nunha barra horizontal pendurada polos seus extremos por dúas cordas. En acrobacia hai diversas modalidades, das que destacan o trapecio dobre, conxunto de dous trapecios horizontais paralelos ou en liña, e o trapecio voante, sostido por cordas moi longas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai exercicios ximnásticos ou acrobáticos no trapecio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está feito con trapos de diferentes teas.

    2. Persoa que recolle trapos e negocia con eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. trapa.

    2. Trampa para cazar paxaros que se coloca sobre un buraco na terra, e que consiste nunha caixa con dúas follas que se abren co peso da ave e que se pechan ao caer.

    3. Pequena abertura que se fai na parte baixa dunha porta para que entren e saian os gatos ou os cans.

    4. Pau con aspas na parte superior que fai ruído co vento e escorrenta os paxaros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conversa insubstancial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falar moito pero sen coñecemento do asunto que se está a tratar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fala moito sen coñecer o asunto do que se está a falar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Marañón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, unha caldeira de sable; bordo de goles cargado de dez castelos de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Despois de cursar a carreira eclesiástica dedicouse ao xornalismo, inicialmente como redactor xefe da revista Acción Social, e logo como director dos semanarios Justicia e Renovación, do boletín do Concello de Lugo, da revista LUCUS e dos xornais La Voz de la Verdad, El Heraldo de Vivero e El Progreso, cargo que desempeñou ata a súa xubilación (1972). Fundador da revista Vallibria e colaborador de Radio Lugo, foi cronista oficial de Lugo e director do Museo Provincial de Lugo. Publicou os libros poéticos El Mariscal Don Pedro Pardo de Cela. Leyenda acerca de su prisión y muerte (1925) e Lóstregos e moxenas (1926); a zarzuela Non chores Sabeliña (1943), e os libros históricos Lugo, 100 años de vida local (1969) e Lugo y su muralla (1986). Membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e da Real Academia Galega, dirixiu o Museo Provincial de Lugo...

    VER O DETALLE DO TERMO