Trapani
Trapani
Capital da provincia homónima, Sicilia, Italia (67.456 h [2001]). É un porto pesqueiro e comercial situado no NO da illa, ao pé do Erice, no fondo dunha pequena baía. Destacan a catedral, do s XII e reedificada no XVIII, e a igrexa da Annunziata (s XIV).