"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo prerromano da Gallaecia do convento xurídico Lucense. Habitaban a conca do río Tambre. Veciños dos neros e dos praestamarcos, formaban parte con eles dos pobos celtas do NO.
-
SERRAS
Pequeno sistema montañoso que se estende pola parroquia de Rao (Navia de Suarna), cunha dirección NO-SL. O seu cumio máis elevado atópase en Surcio, a 1.456 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Corea do Sur ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Corea do Sur.
-
-
GALICIA
Escultor. De nome Jesús López García, formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña e na Escuela Central de Madrid. En 1976 instalouse en Málaga como profesor na Escuela de Artes Aplicadas y Oficios Artísticos. Especialista en talla en madeira, traballou tamén o ferro, cristal, metacrilato, luces artificiais e outros materiais. Membro da Real Academia de Bellas Artes de San Telmo (1986), da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario (1991) e correspondente da Real Academia de Bellas Artes de Santa Isabel de Hungría (2003), en 1987 creou o Premio de Talla Suso de Marcos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (987-1014), Noruega (1000-1014) e Wessex (1013-1014), fillo e sucesor de Harald II de Dinamarca. En 1003 dirixiu unha expedición a Inglaterra, pero foi derrotado en 1004, e ao ano seguinte retornou a Dinamarca. Noutra expedición a Inglaterra (1013), derrotou o Rei Etelredo II de Wessex.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(1020-1074) Rei de Dinamarca (1043-1074), fillo do conde danés Ulf e da princesa Astrid, irmá de Canuto II de Dinamarca. Feito conde e vicerrei de Dinamarca polo Rei Magno I de Noruega, acabou sendo proclamado rei. Distinguiuse pola reorganización da Igrexa e pola cuñaxe de moeda.
-
GALICIA
Comarca situada ao N da provincia de Pontevedra e ao O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coas comarcas coruñesas do Sar (concello de Padrón) e Santiago (concellos de Teo, Vedra e Boqueixón), ao S coas de Pontevedra (concellos de Cotobade e A Lama), e a ourensá do Carballiño (concello de Beariz), ao L coa comarca de Deza (concellos de Silleda e Lalín) e ao O coas de Caldas (concellos de Pontecesures, Valga e Cuntis) e, de Pontevedra (concello de Campo Lameiro). Abrangue unha superficie de 528,85km2en que acolle a unha poboación de 29.409 h (2001), distribuída entre os concellos de Cerdedo (79,8 km2; 2.300 h [2001]), A Estrada (280,8 km2; 22.308 h [2001]) e Forcarei (168,25 km2; 4.801 h [2001]). O centro urbano comarcal é a vila da Estrada.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Desde o punto de vista xeomorfolóxico a comarca posúe unha gran heteroxeneidade de paisaxes e formas, onde se combinan áreas de val con espazos montañosos.... -
GALICIA
Médico e político. Doutor en Medicina pola Universidad Complutense de Madrid (1857), abandonou o corpo de sanidade da Armada e especializouse en hidroloxía. Dirixiu os balnearios de Marchena ou Panticosa e foi inspector xeral de Sanidade. Militou no Partido Liberal e foi deputado polo distrito do Carballiño (1893-1896 e 1898-1899) e senador polas provincias de Ourense (1897-1898) e Lugo (1901-1902). Dirixiu o Anuario de Hidrología Médica Española e escribiu La invasión colérica, El histerismo e Tratado de hidroloxía. Foi presidente da Sociedad Española de Hidrología, vicepresidente do Consello de Sanidade e membro da Real Academia de Medicina, da Sociedade de Ciências Médicas de Lisboa e da Société Française d’Hygiéne.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. A súa obra encádrase dentro do postexpresionismo, influída polas últimas tendencias de Henri Matisse. Caracterízase polo uso dunha gama de cores planas, das que destacan os verdes, amarelos e carmíns, cun debuxo mínimo e onde a cor é a protagonista. Participou, entre outras exposicións, na Mostra Unión Fenosa e en 1991 obtivo o primeiro premio no concurso Carlos Maside do concello de Pontecesures.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (275-276). Elixido polo Senado para suceder a Aureliano, aniquilou aos hérulos e aos godos en Pont. Morreu asasinado, traicionado polas súas propias tropas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico. Desenvolveu unha grande actividade como folclorista musical de Galicia e das súas obras destacan Adiós ríos, adiós fontes, Serenata Española e Como chove miudiño, ademais dun Quinteto para instrumentos de corda e unha suite. Foi tamén autor dun Himno Gallego sobre letra de Alfredo Brañas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Relacionado con diferentes escritores e políticos galeguistas, a súa obra poética inscríbese dentro das liñas modernistas de Ramón Cabanillas e Gonzalo López Abente, aínda que con algúns dos trazos vangardistas da obra de Manoel Antonio. Colaborou coas Irmandades da Fala e con diferentes publicacións, como Nós, A Nosa Terra e O Tío Marcos da Portela. Das súas obras destacan os poemarios Abrente (1922), onde se localizan algunhas características da estética de Cabanillas, Curros ou Pondal; e Da vella roseira (1925), en que mestura composicións de tradición popular con outras máis cultas; e o libro Da agra aberta (1956), en que inclúe contos e lendas populares. Foi membro do Instituto de Estudios Históricos do Miño e da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano, fillo de Bernardo Tasso. As súas poesías, recollidas en Rime, constitúen unha obra aberta. Aminta (1573) é un drama pastoral coñecido na Península Ibérica grazas á tradución de J. de Jáuregui (1607). A súa obra capital é La Gerusalemme liberata (1579), poema épico en 20 cantos e en oitavas, escrito entre 1570 e 1575. Máis tarde, entre 1587 e 1592, realizou unha refundición titulada La Gerusalemme conquistada (1593), que deu máis importancia á acción da conquista de Xerusalén. Das súas obras menores destacan o seu epistolario e os escritos teóricos relacionados con cuestións de poética e de estética, o poema cabaleiresco Rinaldo (1562); e 26 Dialoghi, Il re Torrismondo (1586) e Le sette giornate del mondo creato (1592-1594).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xefe do exército na antiga Grecia, instituído no inicio do s V a C. Estes tiñan por misión comandar os hoplitas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral fundada na Coruña en 1967 por Manuel Lourenzo. Ligada inicialmente ao Circo de Artesanos da Coruña, realizou diversos espectáculos, cursos e conferencias buscando a dinamización cultural. En 1977, por problemas coa censura, disolveuse e constituíu a Escola Dramática Galega. Das súas representacións destacan Longa noite de pedra (1968), de Celso E. Ferreiro; Entremés famoso sobre a pesca do río Miño (1973), de G. Feixóo de Araúxo; Zardigot (1974), de E. R. Ruibal; Macbeth (1975), de W. Shakespeare; e Os vellos non deben de namorarse (1977, Premio ao mellor espectáculo da Aula de Teatro de Compostela), de A. Castelao.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio construído en Vigo entre 1911 e 1927 segundo un proxecto de Antonio Palacios. Substituíu ao Teatro Rosalía de Castro, incendiado en 1910, e ademais empregouse como cinematógrafo e casino. Está formado por dúas salas teatrais superpostas, con diversos salóns de columnas e unha monumental escaleira, iluminada cenitalmente cunha vidreira deseñada por Palacios. A platea da sala principal apóiase nunha bóveda nervada de formigón con arcos moi rebaixados. A fachada principal fai referencia á Opéra de París de Charles Garnier e organízase como un grande arco que acolle grandes ventás e balcóns. Inaugurouse o 23 de abril de 1927 coa ópera Madame Pompadour. En 1982 Caixanova adquiriuno e rehabilitounno como centro cultural e engadíronselle esculturas de Buciños e Oliveira como remate na fachada.
-
PERSOEIRO
Profesora. Foi profesora na Escuela Normal de Madrid e directora da Escola Normal da Coruña. Nas primeiras décadas do s XX desenvolveu un intenso traballo como pedagoga, escritora e conferenciante. Presidiu a sección de socioloxía do Ateneo, colaborou no Álbum artístico literario do século XX e pertenceu á redacción da Gaceta de Instrución Pública. Publicou Aritmética elemental (1986), en colaboración con María de la Rigada, e La mujer como factor indispensable en la lucha social. Recibiu a Cruz de Alfonso XIII e foi académica correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Andrej Donatovič Sinjavskij.
-
-
Terceira marcha ou velocidade nos motores de explosión.
-
Intervalo entre dúas notas situadas en dous graos da escala diatónica.
-
Categoría máis baixa e inferior á segunda.
-
-
-
Que ocupa o lugar número tres nunha serie.
-
Que se corresponde a cada unha das tres partes iguais en que se divide un todo.
-
-
Aplícase á persoa ou cousa que intervén nun asunto pero que non é ningunha das dúas que se opoñen no mesmo.
-
Persoa allea a unha relación xurídica que ten interese ou relación con ela.
-
seguro a terceiros
Seguro que se fai cargo da responsabilidade por danos causados a terceiras persoas.
-
terceiro en discordia
Persoa nomeada entre árbitros ou peritos para que decida en discordia dos seus ditames.
-
-
Grupo social do Antigo Réxime, formado polo conxunto das forzas produtivas, a burguesía, as clases populares urbanas e campesiños libres. A coherencia do grupo proviña da oposición común aos privilexios dos eclesiásticos (primeiro estado) e dos nobres (segundo estado).
-
Instituto relixioso (orde terceira regular) ou asociacion piadosa (orde terceira secular) que depende dunha orde relixiosa, e que se benefician dos seus privilexios e seguen a súa espiritualidade, e na medida do posible, a súa regra. A primeira orde terceira secular foi a de San Francisco de Asís, creada en 1209, imitada polos agostiños (1401), dominicanos (1405), servitas (1424), carmelitas (1450), mínimos (1506), trinitarios (1751), premostratenses (1751) e oblatos de San Bieito (1871). A partir dos ss XVII e XVIII os capuchinos crearon venerables ordes terceiras (VOT) franciscanas. Entre as femininas destacan as das terciarias carmelitas, dominicanas e franciscanas.
-