Teatro García Barbón

Teatro García Barbón

Edificio construído en Vigo entre 1911 e 1927 segundo un proxecto de Antonio Palacios. Substituíu ao Teatro Rosalía de Castro, incendiado en 1910, e ademais empregouse como cinematógrafo e casino. Está formado por dúas salas teatrais superpostas, con diversos salóns de columnas e unha monumental escaleira, iluminada cenitalmente cunha vidreira deseñada por Palacios. A platea da sala principal apóiase nunha bóveda nervada de formigón con arcos moi rebaixados. A fachada principal fai referencia á Opéra de París de Charles Garnier e organízase como un grande arco que acolle grandes ventás e balcóns. Inaugurouse o 23 de abril de 1927 coa ópera Madame Pompadour. En 1982 Caixanova adquiriuno e rehabilitounno como centro cultural e engadíronselle esculturas de Buciños e Oliveira como remate na fachada.