"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen obsequia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dar ou ofrecer a alguén un agasallo ou calquera atención.
-
-
Acción de obsequiar a alguén.
-
Aquilo co que se agasalla a alguén como mostra de afecto ou cortesía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de obsequioso.
-
-
Que obsequia.
-
Que é propio da persoa que obsequia ou que ten carácter de obsequio.
-
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Honduras (1.680 km2; 77.000 h [estim 1991]). A súa capital é Nueva Ocotepeque (6.979 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Aquitania e de Gascoña (685?-735). Rexeu o territorio comprendido entre os Pireneos, o Atlántico, o Loire e o Ródano, e chegou a traspasar este. En 717 foi recoñecido como soberano por Khilperico II de Neustria-Austrasia e aliouse con el para loitar contra Carlos Martel, pero foi derrotado en 718 ou 719. Ao ano seguinte fixo as paces con Carlos e entregoulle a Khilperico. En 731 aliouse co valido da Narbonense, o bérber Munussa, que se sublevara contra Córdoba, pero este foi derrotado en Libia por ‘Abd al-Ra ḥ mān ibn ‘Abd Allāh al-Gāfiquī. En 732 al-Gāfiquī tomou Bordeos, desfixo as tropas aquitanas e saqueou Poitiers, ata que foi derrotado e morto por Carlos Martel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor alemán. De nome Jacob Eberst, naturalizouse francés e foi director de orquestra da Comédie Française (1850-1855), da Champs-Elysées, do Bouffes-Parisiens (1855-1861) e do Théâtre de la Gaite (1873-1875). Considerado o autor máis destacado da opereta francesa do Segundo Imperio, realizou comedias musicais frívolas e operetas decadentes, satíricas e cheas de humor, dotadas dun estilo alegre e enxeñoso, en que criticaba a política e as debilidades da época de Napoleón III. Da súa produción, composta por máis de 90 operetas, cómpre salientar La rose de Saint-Flour (1856), en que acuñou o termo ‘opereta’, Orphée aux enfers (1858), La vie parisienne (1866) e Les contes d’Hoffmann (1881), que foi completada por Ernest Giraud. O xénero creado por Offenbach foi imitado por Johann Strauss, Arthur Sullivan e Franz Lehár, ademais doutros autores musicais.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista, mestre e escritor. Licenciado en Filosofía e Letras (1940) e en Dereito (1950) pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu a docencia en diferentes centros de Pontevedra (1940-1943), Lugo (1943-1949), Astorga (1949-1954) e Ourense (1954-1983). Integrouse nas Mocidades Galeguistas antes da Guerra Civil Española e presidiu a Caixa de Aforros de Ourense (1981). Colaborador de varios xornais e revistas e está considerado como o máximo bibliófilo galego. Publicou, entre outras obras, Dolor y olvido de López Ferreiro (1939), La biblioteca ideal de un cura mindoniense del siglo XVI (1947), Cuatro grandes juristas orensanos (1960), La custodia de Arfe en la catedral de Santiago (1973), Tres fitos senlleiros na historiografía da lingua galega: 1768, 1868, 1968 (1980), Fantasía e realidade en “La Catedral y el niño” (1997) e Otero Pedrayo, orador (2001). Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, académico correspondente...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Presbítero e escritor ascético. Foi capelán do mosteiro da Visitación en Madrid. Publicou Complemento a La vida feliz, El reinado de Jesucristo (1890), Tesoros del Corazón de Jesús e La vida feliz (1895), onde trata as virtudes cristiás e os seus vicios opostos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? - 1093) Rei de Noruega (1066-1093), fillo do Rei Harald III de Noruega. Reinou conxuntamente co seu irmán Magnus II de Noruega ata 1069. O seu goberno de carácter pacífico, foi a orixe do seu alcume. Organizou xerarquicamente a igrexa do seu país.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico. Foi sacerdote (1633) e, baixo a influencia de san Vicente de Paúl, dedicouse á formación do clero. Foi o fundador do seminario de Saint Sulpici en 1642 e da congregación dos sulpicianos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Réxime político da antiga Grecia en que o poder estaba nas mans duns poucos. Opostos á aristocracia polo feito de que o poder non lles pertence ás persoas nobres por nacemento, senón aos cidadáns ricos, os réximes oligárquicos sucederon os réximes aristocráticos ou as tiranías e foron suprimidos finalmente pola democracia.
-
-
Réxime político en que o poder está en mans dun grupo reducido de persoas.
-
Grupo de persoas que gobernan este réxime político.
-
-
-
Calquera organización en que só dirixen uns poucos e non deixan intervir aos demais interesados.
-
Grupo de persoas que asumen este tipo de dirección.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á oligarquía.
-
-
Relativo ou pertencente aos oligoquetos.
-
Invertebrado da clase dos oligoquetos.
-
Clase de invertebrados, do filo dos anélidos, que presentan moi poucas quetas, dispostas en catro feixes por segmento, que se insiren nos puntos onde teoricamente estarían os parapodios. Externamente, distínguese unha rexión do corpo máis grande e glandular ca o resto, o clitelo, que se fai aínda máis evidente cando chega o momento da reprodución. Internamente, correspóndese cos órganos reprodutores, localizados nos dous segmentos fértiles, dos que o anterior é o masculino e o posterior o feminino. Copulan boca arriba de maneira que se superpoñen ao revés as rexións cliteladas. Os oligoquetos son animais micrófagos que fan pasar polo tubo dixestivo unha gran cantidade de lama e terra, de onde filtran as partículas orgánicas. Divídense en dous grupos: os limícolas (acuáticos) e os terrícolas (terrestres).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gaspar de Guzmán y Pimentel.
-
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Membro da corrente renacentista maiorquina, colaborou en diversas publicacións de Palma de Mallorca, desde as que realizou propaganda autonomista. Autor de La cuestión regional (1899), onde se amosan os seus principios políticos, no apartado literario escribiu Ensayos críticos. La literatura en Mallorca (1840-1903). En Barcelona foi membro fundador do Institut d Estudis Catalans, director de La Vanguardia e presidente do Ateneu. Defensor do catalanismo político en Entre dos Españas (1906), das súas obras tamén destacan Vida y semblanza de Cervantes (1917) e La literatura del desastre (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e poeta ecuatoriano. Deputado nas Cortes de Cádiz, defendeu a liberdade do seu país. Escribiu poesías de corte neoclásico, pero tamén impregnadas dun certo romanticismo. En 1947 foron editadas as súas Poesías Completas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos opistobranquios.
-
Molusco da subclase dos opistobranquios.
-
Subclase de moluscos, da clase dos gasterópodos, que se caracterizan por unha distorsión parcial do saco visceral que ten como obxectivo desfacer a espiralización primitiva. A maioría non teñen cuncha, ou é moi fina e está recuberta polo manto, e adoitan ser mariños, bentónicos litorais, aínda que hai algúns peláxicos. Existen formas herbívoras e depredadoras.
-
-
PERSOEIRO
Mariñeiro. Participou na expedición contra Orán (1575) e no combate das Ilhas dos Açores na frota de Álvaro de Bazán (1582). Capitán xeneral da escuadra de Gipuzkoa (1587), integrada por mercantes armados, formou parte da Armada Invencible (1588). O seu fillo Antonio de Oquendo (Donostia 1577-A Coruña 1640) mandou as escuadras biscaíña (1598), cántabra e guipuscoana (1607) e foi almirante xeral da Armada do Océano (1623). Obrigou os musulmáns a levantar o cerco de Mamora (1624). Venceu os holandeses en Pernambuco (1631) e, cando se dirixía a Flandres, derrotárono na Batalla das Dunas (1639).
VER O DETALLE DO TERMO