"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Sudán, aos seus habitantes ou a súa lingua.
-
Natural ou habitante de Sudán.
-
-
-
Relativo ou pertencente á raza sudanesa ou aos seus representantes.
-
Individuo de raza sudanesa.
-
raza sudanesa
Raza do grupos melanodermos, con individuos dolicocéfalos, de talle elevado, corpo esvelto, pel moi negra, nariz amplo e prognatismo acusado. Viven basicamente en África Occidental e Central, desde o Sáhara ata o golfo de Guinea.
-
-
Conxunto de linguas do phylum nilo-sahariano que se falan nunha área que vai desde o S de Exipto ao N de Tanzania e desde Etiopia e Kenya ata Chad. Son linguas sudanesas o kunama e o songhai.
-
-
PERSOEIRO
Escritor alemán. Xornalista en Berlín, escribiu teatro, como Die Ehre (O honor, 1889) ou Heimat (Patria, 1893), novelas, como Frau Sorge (1887), e narracións, como Litauische Geschichten (Historias lituanas, 1917), ademais da autobiografía Bilderbuch meiner Jugend (1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo francés. Estudou fotografía e cinematografía na École Nationale de Cinématographie, e comezou a traballar como axudante de dirección (1943-1945). Dedicado á fotografía a partir da década de 1960, traballou polo seu recoñecemento como expresión artística. Contribuíu á creación dun departamento fotográfico na Académie Julian, ademais de fomentar o ensino e difusión desta arte.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Xornalismo, publicou o seu primeiro libro de relatos La rebusca y otras desgracias en 1958, e en 1959 obtivo o Premio Nacional de Literatura por Los conspiradores. Destacan as novelas La criba (1961), La noche más caliente (1965) ou Solo de moto (1867), que Bardem levou ao cine no filme El Puente, do que Sueiro foi coautor do guión. En 1969 publicou Corte de Corteza (Premio Alfaguara). Da súa obra ensaística, destacan El arte de matar (1968); Los verdugos españoles. Historia y actualidad del garrote vil (1971); El Valle de los Caídos. Los secretos de la cripta franquista (1977); La Flota es roja: papel clave del radiotelegrafista Benjamín Balboa en julio de 1936 (1983); e Rescoldos de la España negra (1983). En colaboración con Roberto Llamas publicou Crónica de los montes de Toledo: andanzas de dos furtivos (1982), e con Díaz Nosty, Historia del...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito e escritor. Protexido de Plinio o Mozo, foi secretario do Emperador Adriano. Escribiu De viris illustribus, biografías de homes de letras latinos e, cando redactaba De vita Caesorum, as biografías dos césares desde Xulio César ata Domiciano, caeu en desgraza.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Canal artificial que, a través do istmo de Suez, separa África de Asia e comunica o Mar Mediterráneo co Mar Vermello. Ten 161 km de lonxitude e de 80 a 150 m de largo, e é accesible para embarcacións de 11,25 m de calado. En 1980 foi inaugurado o primeiro túnel viario feito por baixo do canal, situado uns 20 km ao N da cidade de Suez, e que enlaza o delta do Nilo co Sinaí. En 1854 o sultán Sa’īd Paxá de Exipto concedeulle o permiso de construción á empresa de F. M. de Lesseps, e foi inaugurado o 17 de novembro de 1869. Inmediatamente constituíuse a Compañía Universal do Canal Marítimo de Suez cunha concesión de explotación por 99 anos. O Reino Unido converteuse no principal accionista (1875) e na potencia que o controlou ata despois da Segunda Guerra Mundial, co fin de asegurarse o control da ruta cara a India. En 1956 o presidente exipcio Nasser decidiu nacionalizalo, o que provocou a inmediata intervención de Francia e Reino Unido no territorio, aínda que acabaron retirándose. Entre...
-
PERSOEIRO
Político e líder revolucionario laosiano. En 1945 proclamou a independencia co seu medio irmán Suvanna Fuma. Conseguida esta (1949), rexeitou o goberno do seu medio irmán e fundou o Pathet Lao (1950), que axiña iniciou unha guerra de guerrillas. Presidiu (1974) o goberno de reconstrución nacional do Phak Paxaxôn Pativat Lao (PPPL), e o golpe de estado de 1975 levouno á presidencia da república ata 1986.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que sufoca.
-
-
Que está sometido á autoridade de alguén.
-
-
Aplícase ao bispo dunha diocese sometido á autoridade dun arcebispo ou metropolitano.
-
Aplícase a unha igrexa, normalmente con territorio e dereitos case parroquiais, sometida a unha parroquia principal ou matriz.
-
-
-
PERSOEIRO
Eclesiástico francés. Foi cardeal (1931) e arcebispo de París (1940). Fundou a Mission de France (1941) e a Mission de Paris (1943), da que naceu a experiencia dos sacerdotes obreiros. Escribiu Essor ou déclin de l’Église (1947) e Le prête dans la cité (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ave paseriforme, da familia dos nectarínidos, coa lingua protáctil coa punta bífida. Vive nos bosques tropicais, onden se alimentan do néctar das flores. Destacan as especies Nectarinia venusta e Nectarinia reichenowi, en África oriental, e Nectarinia asiatica, desde a India ata Indochina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mu ḥ ãfa ẓ a de Iraq (17.023 km2; 1.124.200 h [estim 1991]). A súa capital é Al-Sulaymānīya (364.096 h [1987]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amida do ácido sulfanílico, que se presenta en cristais brancos ou en po, pouco solubles en auga e solubles en solventes orgánicos. Presenta acción bacteriostática e empregouse no tratamento de diversas enfermidades infecciosas, e foi substituída por outras substancias menos tóxicas, debido á certa toxicidade e por aparecer cepas resistentes a ela, ou por antibióticos. A partir delas sintetízanse as sulfamidas, por substitución dun dos hidróxenos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido sulfónico aromático que se aplica na síntese de colorantes e na preparación das sulfamidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto heterocíclico saturado que consiste nun anel de cinco membros que contén un átomo de xofre en forma de sulfona. Emprégase na industria petroquímica para a extracción en contracorrente de disolventes aromáticos, e tamén no fraccionamento de alcatráns de madeira, como disolvente de polimerización e como plastificante.
-
CIDADES
Cidade do departamento de Piura, Perú, situada na beira dereita do Chira (147.361 h [1993]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psiquiatra. Creador da teoría interpersoal, destacou a influencia dos feitos cultural e social sobre a formación da personalidade. Escribiu Conceptions of Modern Psychiatry (1947) e Schizophrenia as a Human Process (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político estadounidense. Logo do asedio de Boston (1775), invadiu Canadá, pero a Desfeita de Québec obrigouno a retirarse (1775). Prisioneiro en Long Island (1776), dirixiu a columna de Washington (1776-1777). Presidiu a convención que ratificou a constitución federal de EE UU (1788).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Comezou a traballar en Boston, e despois en Chicago, na oficina de Dankar Adler, con quen se asociou. Xuntos investigaron as posibilidades que ofrecían as estruturas metálicas aplicadas a grandes edificios comerciais e rañaceos, como o Wainwright Building, en Saint Louis (1891), e o Carson Pirie Scott Department Store, en Chicago (1899-1904). Escribiu The Autobiography of an Idea (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos sulpicianos.
-
Membro da congregación de sacerdotes dedicada á dirección de seminarios e casas de formación do clero, fundada en 1641 no seminario de San Sulpicio de París por Jean-Jacques Olivier. Dirixen diversos seminarios en Francia e o Institut Catholique de París.
-