"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • ENTRADA LARGA

    Estado do SL de Asia situado no centro da península de Indochina, ao N do golfo de Siam, cunha prolongación ao S, na península de Malacca. Limita ao N e ao O con Myanmar, ao NL e ao L con Laos, ao SL con Camboxa, e ao SO co Océano Índico (513.015 km2; 61.213.000 h [estim 2001]). A súa capital é Bangkok.
    Xeografía física
    O corazón do país está constituído pola fértil chaira do río Chao Phraya, formado pola confluencia dos ríos Ping e Yom, que desemboca en delta no golfo de Siam. O N e o O do país son montañosos, formados por cordilleiras graníticas paralelas sucadas por vales estreitos e profundos. Cara ao S as cordilleiras convértense nunha única que se prolonga pola península de Malacca. Ao L da conca do Chao Phraya érguense os outeiros escarpados do Phaya Yen. Máis ao L esténdese o altiplano do Nakhon Ratchasima, rexión inhóspita limitada ao S pola cordilleira de Dongrak e ao L e ao N polo val do Mekong. O clima é monzónico, con...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    golfo de Siam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte. Vicedecano da facultade de Historia de Santiago de Compostela desde 2003, foi membro dos proxectos de investigación “Fontes e Documentos para a Historia da Arquitectura e do Urbanismo en Galicia” (1997-1998) e “Planos e debuxos de arquitectura e urbanismo en Galicia I (ss XVI-XVII) e II (s XVIII)” (2000-2005). Centrouse no estudo da arquitectura, o urbanismo e dos retablos barrocos, especialmente de Santiago de Compostela. Publicou Los arquitectos y la contratación de obra arquitectónica en la Galicia Barroca (1650-1700) (1997); Domingo de Andrade, maestro de obras de la catedral de Santiago (1639-1712) (1998); Intervenciones arquitectónicas en la catedral de Tui en el Barroco (s XVIII); tradición y renovación en la antigua basílica (2003) e La casa del Deán de Santiago de Compostela (2004). Membro da xunta directiva do Comité Español de Historiadores del Arte desde 2004.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo das costas do S do Peloponeso, Grecia, que constitúe a punta meridional do monte Taíget.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Moza cortesá. Segundo a tradición e as Vitae Patrum, foi convertida e redimida por Pafnucio e viviu os seus derradeiros anos no recollemento e na piedade. Patroa de Alexandría e das mulleres arrepentidas, iconograficamente representouse cun espello e con perlas -como atributos persoais que fan alusión á súa coquetería- e botando as xoias e as roupas ao lume. A súa festividade celébrase o 8 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo de China oriental situado no centro do sheng de Shandong. Acada o seu cumio en Taishang (1.591 m). Trátase dunha montaña sagrada, con diversos templos budistas e taoístas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular de Asia oriental situado ao SL de China, separada dela polo estreito de Taiwán, que comunica o mar da China Oriental co mar da China Meridional (36.188 km2; 22.350.000 h [estim 2001]). A súa capital é T’aipei.
    Xeografía

    Xeografía física
    O territorio baixo a xurisdición de Taiwán comprende a illa homónima (tamén coñecida como Formosa) e diversos grupos de illas. A illa de Taiwán é unha zona montañosa percorrida en sentido lonxitudinal por cordilleiras paralelas (Yü Shan, 3.997 m) cubertas de bosque tropical denso. No L, as montañas caen en picado á costa mentres que no O descenden suavemente cara á fértil chaira litoral, regada por ríos curtos e rápidos sometidos a cheas violetas. A illa está sometida ao monzón e recibe abundantes precipitacións.
    Xeografía económica
    O desenvolvemento económico comezou en 1949 ao constituírse como estado. Con escasos capitais locais...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Taiwán ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Taiwán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do sheng de Shanxi, China, localizada na rexión do Norte (1.553.884 h [1990]). Situada no curso superior do Fen He, ten industria siderúrxica, mecánica, de maquinaria agrícola e téxtil, química, téxtil, do papel, do cemento e cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Shandong, China, situada á beira do río Dawenhe, na aba meridional do monte Taishan (350.696 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor xaponés. Traballou na decoración do palacio Attnatan Saishoin, en Kyoto, pero destacou como retratista. En 1201 fíxose monxe e sucedeuno, na dirección do taller artístico, o seu fillo Tannyu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor indonesio. É un dos impulsores máis destacados da normalización e modernización da súa lingua. Da súa obra destacan as novelas Tak putus dirundug malang (Abrumados polo azar, 1929), Lajar tertembang (As velas despregadas, 1936) e a triloxía Grota Azzurra (1970-1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de picos do N de Irán situados no sector central de Elburz. O máis elevado, o Kūh-e’Alamdar, acada os 4.820 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran deserto de Asia central, no zizhiqu de Xinjiang, China, que ocupa unha gran parte da depresión de Tarim (300.000 km2). Limita ao S coa cordilleira de Altin Tagh e ao N coa de Tian Shan e co río Tarim.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Xordania (1951-52), fillo e sucesor de Abdullah I de Xordania. Foi militar, serviu no exército de Iraq, e foi proclamado príncipe herdeiro en 1946; acadou o goberno ao ser asasinado o seu pai. Declarado incapacitado por enfermidade mental, abdicou en favor do seu fillo (Hussein I de Xordania).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo talamanca.

    2. Individuo do pobo talamanca.

    3. Pobo amerindio de Costa Rica que vive asentado na cordilleira de Talamanca. Son agricultores e viven en pequenas cabanas de palma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid situado na conca do Jarama (1.658 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado ou disposición de ánimo dunha persoa para coa xente ou para co que fai, que vai implícito na propia maneira de ser e que se manifesta na súa vontade e no seu modo de facer as cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prelado. Xudeu converso, ingresou nos xerónimos en 1466 e foi prior de Valladolid entre 1470 e 1485. Bispo de Ávila (1485-1493) e confesor de Isabel I, coñeceu a C. Colón, a quen axudou economicamente. Conquistada Granada en 1492, foi o seu primeiro arcebispo (1493-1507). O cardeal Cisneros opúxose á súa política de asimilación pacífica dos musulmáns e en 1507 a Inquisición acusouno de xudaizante. Fundou un colexio episcopal do que xurdiron un bo número de bispos reformadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da rexión de Bío Bío, Chile (277.104 h [1999]). Situada ao N de Concepción, preto de Punta Tumbes, é un importante porto con refinaría de petróleo, industria siderúrxica e construcións navais.

    VER O DETALLE DO TERMO