Taís, santa

Taís, santa

Moza cortesá. Segundo a tradición e as Vitae Patrum, foi convertida e redimida por Pafnucio e viviu os seus derradeiros anos no recollemento e na piedade. Patroa de Alexandría e das mulleres arrepentidas, iconograficamente representouse cun espello e con perlas -como atributos persoais que fan alusión á súa coquetería- e botando as xoias e as roupas ao lume. A súa festividade celébrase o 8 de decembro.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Alexandría