"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
ARQUIPELAGOS
Arquipélago do Océano Pacífico, na Polinesia, situado ao SO das illas Hawaii (668 km2
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo Alexandre/Alexandra.
-
PERSOEIRO
Xeneral espartano. Venceu os atenienses nas batallas de Notion (407 a C) e Egospotamos (405 a C). Asaltou Atenas, onde instaurou o Consello dos Trinta. Durante a guerra de Corinto invadiu Beocia e foi derrotado en Haliartos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Doutorouse en Belas Artes co premio extraordinario en Salamanca. Foi profesora de debuxo na Facultade de Belas Artes na Universidade de Vigo. Publicou El Besadoiro y su ergología e Funcionalidad y estética en el museo Etnográfico Liste.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei longobardo (712-744), fillo e sucesor de Ausprando. Tentou expandir o reino, polo que tivo que loitar contra o exarcado de Ravenna (726-743), o papado (739) e os duques de Spoleto e Benavente (743). Axudado polos francos, encabezou unha campaña contra os musulmáns en Provenza (738).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prelado e historiador italiano. Foi diácono de Pavia e secretario do Rei Berenguel II, quen o nomeou embaixador de Constantinopla. Odón o Grande nomeouno bispo de Cremona (961). Escribiu Antapodosis, sobre o período 887-950, o Liber de rebus gestis Ottonis, sobre o período 960-964, e Relatio de legatione Constantinopolitana, relación da súa legación en Constantinopla.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e enxeñeiro ruso. Realizou importantes estudios matemáticos e mecánicos. Desenvolveu unha teoría xeral da estabilidade e da regulación de sistemas non liñais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e compositor. En 1967 ingresou nos Setze Jutges e converteuse nunha das figuras máis populares da cançó catalana. Musicou poemas de Kavafis, Viatge a Ítaca (1975), Salvat-Papasseit, M. Martí i Pol, I amb el somriure, la revolta (1982) e Marius Torres. Da súa discografía destacan Campanads a morts (1977), Verges 50 (1980), T’estimo (1984), Astres (1986), Torna aviat (1991), Rar (1994), 9 (1998), Temps de revoltes (2000), Jocs (2002) e Junts, con Josep Carreras (2003) e as bandas sonoras de La forja de un rebelde (1990), de M. Camus, e Ladrón de Niños (1991), de Christian de Calonge. Recibiu o Premio Nacional de Música (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cuarta serie (e época) do Ordoviciano, interxacente entre o Llanvirniano e o Caradociano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Llandeiliano.
-
GALICIA
Escritor. Cultivou inicialmente o xornalismo, primeiro en Galicia e despois en Chile. Destacou como autor de teatro con O amor é ceguiño (1911), Otro diario y van cien, Los tres berretines e Así es la vida.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira serie ou piso (e época ou idade) do Silúrico Inferior, que xace sobre o Ashgiliano e baixo o Wenlockiano. A localidade tipo está en Llandovery (Gales).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Llandoveriano.
-
PERSOEIRO
Pintor. Parece ser que colaborou con Leonardo da Vinci na Batalla de Anghiari. De 1507 a 1510 pintou, con Yáñez de la Almedina, as portas do retablo maior da catedral valenciana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e mestre. Exerceu na escola normal de Cuenca (1919). Afiliado ao PSOE, foi un dos animadores e fundadores da FETE e deputado socialista en 1931, 1933 e 1936. Director xeral de ensino primario (1931-1933), presidiu un ambicioso programa de construción escolar e foi un impulsor da renovación pedagóxica e defensor da escola pública e democrática de España. Despois da derrota republicana instalouse en Francia (1939) e presidiu o goberno da república no exilio, entre xaneiro e xullo de 1947. Como secretario xeral do PSOE (1951-1974) realizou un intenso labor de reorganización do socialismo no exilio e participou na reunión da oposición democrática española en Múnic (1962). En 1972 o partido escindiuse e Llopis constituíu o PSOE (Histórico), mentres Felipe González accedeu á secretaría xeral do PSOE, á fronte dos renovadores. Volveu a España en 1976 e presentouse sen éxito ás eleccións de 1977 como senador por Alacant. Das súas obras destacan El desarme moral (1931), La...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e produtor musical. Un dos principais representantes de teatro musical, da súa produción destacan Jesus Christ Superstar (1971), Evita (1976), Cats (1981), Starlight Express (1984), The Phantom of the Opera (1986) ou The beautiful game (2000). Recibiu un Oscar pola mellor canción orixinal (1997) e tres Grammys.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa da costa atlántica, situada fronte á punta de Quilmás, no litoral da parroquia do Pindo (Carnota), ao N da illa Lobeira Chica e ao S da ría de Corcubión. É unha formación granítica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. A súa mocidade, marcada pola posguerra, discorreu no barrio obreiro de Teis. En 1958 emigrou a París e despois a Suíza e, tralo seu regreso a Vigo, celebrou a súa primeira exposición (1963) no Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra. O seu interese pola arte, que o fascinou polo seu carácter liberador e desalienante, foi determinante desde entón. Autodidacta, partiu dun primeiro período de autodescubrimento, en que tratou as paisaxes, os bodegóns e a vida campesiña, pero sen deixar de indagar na obra doutros artistas nacionais e internacionais. Defendeu a democratización ou socialización da arte, teoría que materializou ao promocionar a celebración, en 1968, da primeira exposición de arte ao aire libre en Vigo; pero foi o seu compromiso social, que ofrecía unha alternativa artística á ditadura, o que o engrandeceu como artista. Asociouse a grupos antifranquistas (Asociación Cultural de Vigo) e ás propostas de popularización da arte da Estampa Popular Galega. Presentou uns cadros...
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa de Dinamarca situada no Mar Báltico, ao S das illas de Sjaelland e Fyn, separada delas polos estreitos de Smålandsfarvandet e Lagelands Baelt, respectivamente. Unida por dúas pontes á illa de Falster, forma con ela o amt de Sotrstrøm. A súa capital é Maribo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite entre as parroquias de Vilacampa (O Valadouro) e Santo André de Boimende (Viveiro). O seu cumio acada os 675 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO