Liutprando
Liutprando
Rei longobardo (712-744), fillo e sucesor de Ausprando. Tentou expandir o reino, polo que tivo que loitar contra o exarcado de Ravenna (726-743), o papado (739) e os duques de Spoleto e Benavente (743). Axudado polos francos, encabezou unha campaña contra os musulmáns en Provenza (738).