Liutprando
Liutprando
Prelado e historiador italiano. Foi diácono de Pavia e secretario do Rei Berenguel II, quen o nomeou embaixador de Constantinopla. Odón o Grande nomeouno bispo de Cremona (961). Escribiu Antapodosis, sobre o período 887-950, o Liber de rebus gestis Ottonis, sobre o período 960-964, e Relatio de legatione Constantinopolitana, relación da súa legación en Constantinopla.