"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
GALICIA
Ilustrador. Ilustrou, entre outros libros, O coelliño branco (1999; Premio Nacional de Ilustración), Os dous corcovados (2000), A auga está enferma (2002), O caracol remoldiño (2003), Adivinanzas de animales (2004) e Fantasmas no corredor (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Condestable, conde de Ribadeo e vizconde de Illa. Apoiou a Enrique de Trastámara na guerra civil con Pedro I e participou na Guerra dos Cen Anos, ao servizo de Carlos VII de Francia. En 1431 recibiu de mans de Xoán II o título de conde de Ribadeo polo seu apoio aos Trastámara.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Sophia Loren, destacou pola interpretación de tipos populares e a súa beleza, aínda que co tempo obtivo papeis de máis alcance dramático. En 1961 obtivo o Oscar á mellor interpretación feminina por La Ciociara (1960). Actuou en Pane, amore e... (1955), Lady L. (1965), The Countess from Hong Kong (1966), I girasoli (1970), The Cassandra Crossing (1976), Scemo di guerra (1989) e Prêt-à-porter (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cronista. Escribiu Nuova cronica, crónica da cidade en doce libros, desde os tempos bíblicos, continuada polo seu irmán Matteo e o fillo deste, Filippo, ata 1364.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico. Catedrático de Historia da Música da Universidade de Santiago de Compostela, director do grupo In Itinere e asesor musical da Fundación Barrié de la Maza, fundou o Grupo Universitario de Cámara de Compostela. Director da revista musical Salinas, publicou Os vilancicos galegos de Melchor López (1980), con Joam Trillo; La música medieval en Galicia (1982), Polifonía sacra galega (1982), con Joam Trillo; El Pórtico de la Gloria (1988) e Los villancicos gallegos de la catedral de Mondoñedo (1989). Recibiu o Premio da Crítica Galicia (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado, empresario e político. En Ourense foi membro da Confederación de Empresarios e tenente de alcalde. Foi deputado no Parlamento galego por Alianza Popular (1981-1985) e por Coalición Popular (1985-1989) e conselleiro de Turismo, Xuventude e Deportes (1981-1985) e de Presidencia (1985-1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Parada das Achas (A Cañiza). Ten planta rectangular e, formando ángulo, atópase a capela. Conserva escudos coas armas dos Sarmiento e Soutomaior.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Toledo, Castela-A Mancha, regado polo río Gigüela (3.468 h [2001]). Ten unha pequena industria alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado en Los Campos de Antequera (4.165 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de València, Comunitat Valenciana (7.205 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Córdoba, Andalucía, ao NL da provincia (9.781 h [2001]). A súa economía tradicional baséase nos xamóns e nas navallas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Zaragoza, Aragón, a 13 km da capital provincial (3.426 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado na beira esquerda do Guadarrama e o seu afluente Aluencia (11.701 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha (2.628 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, regado polo río Valdemembra (2.563 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Jaén, Andalucía, regado polo río Guadalquivir (3.319 h [2001]). Da súa economía destaca o cultivo das oliveiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Badajoz, Extremadura (24.092 h [2001]). É un centro agrícola e comercial con industria química.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Guadalajara, Castela-A Mancha, a 18 km da capital (2.960 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado aos pés da serra de Gredos e regado polo Tiétar (1.968 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario que ten a súa orixe no señorío homónimo, integrado nas terras de Sobroso, outorgado por Xoán I a Pedro Ruiz Sarmiento, adiantado maior do Reino de Galicia, en 1379. En 1761 Carlos III outorgoulle o título condal a Antonio Xosé Sarmiento de Soutomaior e Pardo de Figueroa . Os seus sucesores non utilizaron o título de conde de Villanueva de las Achas pois empregaron o de marqueses de Castel Moncayo ata que María de la Paloma Falcó Escandón (?-1974), IX marquesa de Castel Moncayo, rehabilitou o título e converteuse en II condesa de Villanueva de las Achas, título que levaron os seus sucesores.