"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • REXIÓNS

    Rexión de Tanzania (26.808 km2; 1.642.015 h [2002]. A súa capital é Tanga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da división de Dacca, Bangladesh, situada á dereita do río Jamuna, a 80 km ao NO de Dacca (106.004 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de África oriental, situado entre Tanzania ao L, a República Democrática do Congo ao O, Burundi ao N, e Zambia ao S (32.893 km2). Ocupa un suco profundo no sector meridional do Rift Walley, onde acada unha profundidade de 1.435 m, o que o sitúa no segundo máis profundo do mundo. O Malagarasi é o seu inmisario principal, e o Lukuga, afluente do Congo, o primeiro emisario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado federado de Tanzania que se estende entre o Océano Índico e o lago Tangañika (937.186 km2; 22.533.758 h [1988]). Corresponde o sector continental do país, o máis extenso e menos poboado de Tanzania. Estaba habitado por pobos negros paleolíticos. Estes primeiros poboadores foron desprazados por tribos bantús nos ss VII e VIII. No s VIII tamén chegaron as primeiras expedicións árabes. A partir do s XIII os bantús costeiros islamizáronse e adoptaron o swahili, lingua comercial de África oriental. No s XVI os portugueses chegaron a África oriental e a Zanzíbar pero, finalmente, foron expulsados polos árabes de Omán. En 1884 os alemáns estableceron un protectorado, máis tarde convertido en colonia. Os alemáns relegaron a poboación africana ás terras máis pobres e construíron dous ferrocarrís. Despois da Primeira Guerra Mundial, o país foi traspasado pola Sociedade de Nacións á administración británica. O proceso descolonizador foi relativamente pacífico. En 1955 constituíuse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Home aforrador e moi amarrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave paseriforme que pertence aos xéneros Pyranga, Tangara e Thraupis e co peteiro alongado e fino, as ás curtas e a plumaxe de cores vivas. Cómpre destacar as especies Tangara chilensis, que habitan desde Colombia ata Brasil e Bolivia, e Pyranga rubra do SL de América do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Diaño que, segundo a crenza, produce raquitismo e deformidade nos nenos.

    2. Raquitismo ou deformación que sofren algunhas persoas, principalmente nenos, debido á actividade dun diaño ou trasno maligno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto xaponés. Discípulo de K. Meakawa, aprendeu os postulados de Le Courbusier, que conforman a súa obra. Participou activamente na derradeira etapa dos CIAM e incorporouse ao grupo Metabolismo. Autor do Centro da Paz de Hiroshima (1949-1956), o concello de Kagawa (1954-1958) e o Centro de Prensa e Radio de Yamanashi (1967), do plano para Boston e do plano para Toquio, proxectou as instalacións dos Xogos Olímpicos de Toquio (1960-1964) e recibiu encargos oficiais de países árabes e de EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Hebei, China, situada na rexión Norte, na desembocadura do río Hai He no golfo de Bo Hai (340.000 h [1973]). Exerce funcións de anteporto de Tianjin, 48 km ao N.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso de Asia centromeridional, situado na rexión O de China, que se estende de L a O uns 500 km e acada altitudes superiores aos 4.000 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baile e música popular, orixinado en Bos Aires a finais do s XIX, probablemente de orixe africana, de ritmo lento similar á habanera, e compás 2/4, que é executado por unha parella enlazada. De gran popularidade, tivo unha gran difusión internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Hebei, China, situada na rexión Norte (1.044.194 h [1990]). Destaca como centro mineiro de carbón e siderúrxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ara longa que se emprega para tanguer.

    2. Táboa pequena de madeira que se coloca sobre a roda do muíño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen é demasiado alto para a súa idade, fraco e pouco xeitoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tocar unha campá ou calquera outro instrumento musical.

    2. Golpear o gando cun pau ou empregando a aguillada, para que se mova.

    3. Golpear a unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tanguts.

    2. Individuo do pobo tangut.

    3. Pobo afín ao tibetano que habitaba na rexión do curso superior do Huang He e na vasta área de Kokonor. Coa caída da monarquía tibetana, no s IX, foron adquirindo autonomía, ata crear, ao redor do s XI, o Reino de Xixia, con capital en Zhongxiang. Despois dunha primeira invasión do exército de Xenguis Khan en 1209, o Reino Xixia foi definitivamente conquistado e destruído polos mongois en 1227.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. En 1925 adheriuse ao grupo surrealista. En 1939 naturalizouse estadounidense e viviu illado nunha granxa. Autodidacta, creou un mundo imaxinario pola acumulación de pequenos elementos moi definidos con formas orgánicas en espazos baleiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao tanino.

    2. Composto formado por glicósidos máis ou menos complexos dos ácidos gálico e eláxico. Constituído por uns pos brancos ou amarelos, solubles en auga e en alcohol, que se emprega como antiséptico e astrinxente e como clarificante en enoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO