Tange, Kenzo

Tange, Kenzo

Arquitecto xaponés. Discípulo de K. Meakawa, aprendeu os postulados de Le Courbusier, que conforman a súa obra. Participou activamente na derradeira etapa dos CIAM e incorporouse ao grupo Metabolismo. Autor do Centro da Paz de Hiroshima (1949-1956), o concello de Kagawa (1954-1958) e o Centro de Prensa e Radio de Yamanashi (1967), do plano para Boston e do plano para Toquio, proxectou as instalacións dos Xogos Olímpicos de Toquio (1960-1964) e recibiu encargos oficiais de países árabes e de EE UU.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Imabari, Shikoku

  • Deceso

    Lugar : Toquio