"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
ILLAS
Grupo de illas de 5.000 km2 pertencentes ás illas Molucas meridionais, Indonesia, situadas entre o mar de Banda e o mar de Arafura.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Substancia astrinxente, moi abundante na natureza, presente en moitos tecidos vexetais, que se emprega, especialmente en adobos pola súa capacidade de converter a pel dos animais en coiro. Caracterízanse polo seu contido de funcións fenólicas, ás veces en forma de glicósidos con diferentes azucres na súa molécula. Os taninos atópanse nos vexetais, tanto en solución, no suco celular dos vacúolos, como en concentración con outras substancias, na cortiza, na madeira ou nas follas. Emprégase, ademais, na industria téxtil como mordente, en medicina, para preparar substancias astrinxentes e tamén para clarificar viños. OBS: Tamén se denomina tanino natural ou tanino vexetal.
-
Nome xenérico dunha serie de compostos que se empregan como adobo para obter coiros cunhas propiedades determinadas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tenasserim.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade exipcia situada 167 km ao NL do Cairo (actual San el-Haggar). A súa antigüidade parece remontarse ao Imperio Antigo (2682-2181 a C). Durante o segundo Período Intermedio foi a capital das dinastías XV (1674 -1567 a C) e XVI (1684-1567 a C), época durante a que se chamaba Avaris. A súa conquista por Ahmosis significou o fin da dominación hicsa en Exipto. Durante a dinastía XXI, pasou de sede do nomós XIV do Baixo Exipto a capital de todo o país. Entrou en decadencia a partir da XXVI (664-525 a C) pola competencia de Sais. Atopáronse o Gran Templo, a columnata palmiforme, dezaoito obeliscos, hoxe esnaquizados, estelas e estatuas de Ramsés II, o lago sagrado do reinado de Nectanebo II e a necrópole real con tumbas dos faraóns das dinastías XXI-XXII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arrincar pequenos anacos de alimentos cos dentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deusa púnica cuxo nome parece de orixe líbica. Divindade lunar, asimilada en época romana á virxe de Caelestis, era tamén unha deusa nai ou da fecundidade. Ela e Ba’al Ḥ ammon eran as divindades máis destacadas de Cartago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Éter acético do tanino que se prepara en forma de pos dunha cor branca agrisada, cun lixeiro olor a ácido acético e insípidos, e que se emprega como antidiarreico. OBS: Tamén se denomina diacetilanino.
-
PERSOEIRO
Escritor. A súa primeira época caracterízase por un certo decadentismo e pola brillantez de estilo, representada en obras como Irezumi (Tatuaxe, 1909). Co tempo pasou a interesarse polos aspectos tradicionais da vida xaponesa e polo conflito Oriente-Occidente en obras como Tade kuu mushi (Illa de monecas, 1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de táboas que se colocan na parte traseira do carro ou do tractor para axudar a soster a carga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Thanjāvūr.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Lampung, situada na illa de Sumatra, Indonesia (284.275 h [1980]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estrofa clásica xaponesa de 31 sílabas, repartidas en cinco versos segundo o esquema 5-7 5-7-7, que se distinguen por constituír, nos seus escasos límites de extensión, auténticas obras de arte poéticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recipiente de cerámica de gran tamaño que se emprega para conservar diferentes produtos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento que tivo lugar na vila de Tannenberg, preto de Osterode, en Prusia oriental, os días 26-29 de agosto de 1914, ao inicio da Primeira Guerra Mundial, entre o exército alemán, dirixido polo xeneral Hindenburg, e as tropas rusas do xeneral Samsonov. Os exércitos rusos, dirixidos por Rennekampf e por Samsonov, invadiran Prusia Oriental. Hindenburg atacou e derrotou completamente ao illado Samsonov preto de Uzdowo, un pouco ao S do histórico lugar de Tannenberg.
-
PERSOEIRO
Poeta alemán. Cultivador do xénero dos minnesänger, a súa vida viuse envolta en lendas, que nalgún caso foi recollida por escritores románticos como Arnin, Tieck, Grimm e Heine, ata chegar a R. Wagner, quen xuntou outra lenda que identificou a Tannhäuser co minnesäger Enric d’ Ofterdingen, e introduciu a figura de Elisabet.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora estadounidense. Adscribiuse ao surrealismo en 1936. En 1942 coñeceu a Marx Ernst, con quen casou. A súa obra revela un lirismo expresionista na representación de bacantes e ritos con seres fantásticos e animais que seducen mulleres coas formas disoltas na luz.
VER O DETALLE DO TERMO -
CORDILLEIRAS
Cordilleira de Asia central, situada no S da República de Tuva, que fai de divisoria dos ríos da conca do alto Ienisei e do lago Uvs nuur e de fronteira con Mongolia. O seu cumio acada os 3.061 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gallo dunha planta que se introduce na terra para que se reproduza.
-
-
Relativo ou pertencente aos tanos.
-
Individuo do pobo tano.
-
Grupo de tribos amerindias que habitan no val de Río Grande, en Novo México (EE UU). Culturalmente forman parte do grupo pueblo.
-
-
-
Depósito para gardar ou conter líquidos ou gases.
-
Recipiente ou depósito metálico de gran capacidade, empregado para almacenar e para transportar líquidos ou gases.
-
Recipiente de metal con asa que se usa para quitar auga doutro recipiente maior ou para bebela.
-