tanino
(< fr tanin)
-
s
m
[QUÍM]
Substancia astrinxente, moi abundante na natureza, presente en moitos tecidos vexetais, que se emprega, especialmente en adobos pola súa capacidade de converter a pel dos animais en coiro. Caracterízanse polo seu contido de funcións fenólicas, ás veces en forma de glicósidos con diferentes azucres na súa molécula. Os taninos atópanse nos vexetais, tanto en solución, no suco celular dos vacúolos, como en concentración con outras substancias, na cortiza, na madeira ou nas follas. Emprégase, ademais, na industria téxtil como mordente, en medicina, para preparar substancias astrinxentes e tamén para clarificar viños. OBS: Tamén se denomina tanino natural ou tanino vexetal.
-
tanino sintético
[QUÍM]
Nome xenérico dunha serie de compostos que se empregan como adobo para obter coiros cunhas propiedades determinadas.