"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Político, marqués de Tanuci. Conselleiro de Carlos, duque de Parma, cando este se converteu no Rei Carlos VII de Nápoles, inspirou e serviu ao absolutismo. En 1759, ao herdar Carlos I o trono español, formou parte do consello de rexencia de Fernando I das Dúas Sicilias. Foi primeiro ministro deste e, como tal, seguiu a súa política regalista e favoreceu a sinatura do tratado de 1761 con Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral de monicreques fundada en 1983 por Miguel Borines, Eduardo Rodríguez e Andrés Giráldez. Ao longo da súa carreira crearon trece espectáculos, dos que destacan Migallas e cirigaitas (1983), Rosalin no país do sol (1984), O cumpreanos da infanta (1987), Titiricircus (1989), con máis de setecentas representacións por todo o mundo; O bebé (1990 e 1991), Ah, ah, ah, estamos monstros de risa (1995), Contaloucos (1998) e Rapatú (2002). Empregan técnicas moi diversas de manipulación dos monicreques para os seus espectáculos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza do muíño, con forma de vara dobrada en ángulo, que ten a función de provocar un movemento na canada para que os grans caian no ollo do muíño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen tanxe.
-
-
Calidade de tanxente.
-
Punto de contacto de dúas liñas ou de dúas superficies tanxentes.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a unha tanxente.
-
Que está na dirección dunha tanxente.
-
-
Que ten só unha lixeira relación con algunha cousa.
-
-
-
Dados dous eixes perpendiculares x e y, unha circunferencia de raio 1 centrada no punto de intersección dos eixes, e un segmento que forma un ángulo α co eixe x, lonxitude do segmento, perpendicular ao eixe x, determinado entre o punto da circunferencia de coordenadas (1,0) e o punto en que este segmento se interseca co segmento dado. Denótase por tx, e cúmprese que tx α = sen α/cos α.
-
Número real th(x) que, dado un número real x, vén definido por th(x) = (e x -e -x )/(e x +e -x ).
-
-
Que toca nun só punto unha liña ou unha superficie, pero sen cortala.
-
Recta que pasa por un punto P dunha curva ou dunha superficie e é a posición límite dunha recta variable que pasa por este punto e por outro da mesma curva ou superficie que se move ata coincidir co primeiro. Se a ecuación da curva plana é y=f(x), a tanxente no punto P(x 0 , f(x 0 )) é a recta: y-f (x 0 ) = g’ (x 0 ) (x-x 0 ). OBS: Tamén se denomina recta tanxente.
-
plano tanxente
Dada unha superfice z = f(x,y) e un punto P [x0, y0 f(x0, y0)], plano que contén as rectas tanxentes neste punto en todas as curvas contidas na superficie considerada e que pasan polo punto [x0, y0, f(x0,y0)]. A ecuación deste plano é
FORMULA -
vector tanxente
Dada unha curva calquera x = x(t), y = y(t), z= z(t), e un punto [x(t 0 ), y(t 0 ), z(t 0 )], vector paralelo a [x’(t 0 ), y’(t 0 ), z’(t 0 ) e de módulo unidade.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
tanguer.
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Tánxer, Marrocos, situada na entrada O do estreito de Xibraltar (497.197 h [estim 1994]). Porto franco de 1906 a 1956, converteuse nun gran centro comercial e financeiro. Anexada a Marrocos e falta dos seus privilexios, experimentou unha recesión económica e en 1962 foi restablecida a condición de porto franco. Produce tabaco, tecidos, xabón e conservas de peixe. Antiga factoría púnica, Tingi, foi ocupada polos vándalos (s V) e bizantinos (s VI) e conquistada por Uqba ibn Nafī (683) e por Mū ṣ à ibn Nu ṣ ayr (707). Coa conquista de ‘Abd al-Ra ḥ man III (951) pasou a formar parte do Califato de Córdoba ata que foi separada polas sucesivas dominacións bérberes, almorábides (1077), almohades (1147) e benimeríns (1274). En 1471 foi anexada á coroa portuguesa ata que, en 1580, pasou, xunto co mesmo Portugal, ao dominio hispánico. Cedida como dote de Caterina de Bragança a Carlos II de Inglaterra (1662), esta entregouna ao goberno de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Marrocos (1.195 km2; 628.000 h [estim 1994]). A súa capital é Tánxer.
-
-
Relativo ou pertencente a Tánxer ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Tánxer.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
tanxible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de tanxible.
-
-
Que é perceptible ao tacto ou que se pode tocar.
-
Que é real.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
sedela.
-
ENTRADA LARGA
Estado de África oriental, que limita con Uganda e Kenya ao N, co Océano Índico ao L, Zambia, Malawi e Moçambique ao S e República Democrática do Congo, Burundi e Rwanda ao O (945.090 km2; 34.569.232 h [2002]). A súa capital é Dodoma.
XeografíaXeografía física
VER O DETALLE DO TERMO
A maior parte do país está formado por un extenso altiplano, cunha altura media de entre 1.000 e 1.400 m, que está limitado ao L pola rexión costeira do Índico e ao O polo afundimento tectónico do Rift Valley, e ocupado polos lagos de Tangañika, Niassa e Rukwa. O N está bañado por outro mar interior, o lago Vitoria. Os relevos máis altos son grandes volcáns ou conxuntos volcánicos que se sitúan ao NL e ao S. Destacan o Kilimanjaro (5.895 m), o Meru (4. 567 m) e o gran macizo de Ngorongoro. Os relevos meridionais están formados principalmente polo macizo de Kipengere, que limita no litoral N do lago Niassa. O resto do país é baixo e correspóndese... -
-
Relativo ou pertencente a Tanzania ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Tanzania.
-
-
PERSOEIRO
Pintor. Cofundador en 1948 de Dau al Set, partiu dun figurativismo surrealista, a miúdo con influencias de Miró e Klee, e evolucionou da tónica máxica que vai desde o realismo minucioso de Nimfes, dríades, harpies (1950) ou de retratos que bordean o academicismo, como Josep Gudiol, ata a abstracción onírica do Verd sobre marró fosc das superficies envellecidas, que lembran os graffiti da rúa, como Pintura (1955). Na década de 1970, realizou obras con referencias políticas, a miúdo expresadas con palabras escritas sobre o soporte. Cultivou tamén a ilustración, a escenografía, o tapiz, o cartelismo, a ensamblaxe, a escultura en terra cocida e o bronce, en obras como Homenatge a Picasso (1983) ou a cerámica. Os seus artigos recolleunos en diversas obras como La práctica de l’art (1970), L’art contra l’estètica (1974), La realitat com a art (1982) e Per un art modern i progressista (1985) e a autobiografía...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación moderna neopersa (‘cova do xardín’) dunha antiga localidade persa, situada preto de Kirmānšāh, na que, en época sasánida, había un palacio real, un parque con animais e uns traballos importantes de canalización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de escribir a máquina e con taquigrafía.