Tàpies i Puig, Antoni

Tàpies i Puig, Antoni

Pintor. Cofundador en 1948 de Dau al Set, partiu dun figurativismo surrealista, a miúdo con influencias de Miró e Klee, e evolucionou da tónica máxica que vai desde o realismo minucioso de Nimfes, dríades, harpies (1950) ou de retratos que bordean o academicismo, como Josep Gudiol, ata a abstracción onírica do Verd sobre marró fosc das superficies envellecidas, que lembran os graffiti da rúa, como Pintura (1955). Na década de 1970, realizou obras con referencias políticas, a miúdo expresadas con palabras escritas sobre o soporte. Cultivou tamén a ilustración, a escenografía, o tapiz, o cartelismo, a ensamblaxe, a escultura en terra cocida e o bronce, en obras como Homenatge a Picasso (1983) ou a cerámica. Os seus artigos recolleunos en diversas obras como La práctica de l’art (1970), L’art contra l’estètica (1974), La realitat com a art (1982) e Per un art modern i progressista (1985) e a autobiografía Memòria personal (1977). En 1984 creou en Barcelona a Fundació Tàpies. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Príncipe de Asturias das Artes (1990), o Premio Nacional de Artes Plásticas (1994) e o Premio Nacional de Cultura (1995).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Barcelona