"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Navegante e explorador neerlandés. Despois de diversas viaxes de exploración ao servizo da Compañía das Indias Orientais, entre 1642 e 1643, realizou unha viaxe para a exploración do hemisferio sur, en que descubriu Tasmania, Nova Zelanda, Tonga e as Fixi.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado insular do SL de Australia (67.800 km2; 456.652 h [2001]). A súa capital é Hobart. Formada por un altiplano, as chairas limítanse aos vales dos ríos e certas áreas costeiras. Os principais cultivos son cereais e froita. Ten minaría e industria siderúrxica, metalúrxica e alimentaria. Poboada por melanesios e visitada por Abel Tasman (1642), Marian du Fresne (1772), James Cook (1777) e d’Entrecasteaux (1792), foi ocupada polos británicos a partir de 1807, e dependeu de Novo Gales do Sur ata 1825. Nela establecéronse pescadores de baleas e gandeiros de ovellas, e os poboadores indíxenas foron exterminados. Dotada dun goberno autónomo en 1856, federouse cos estados australianos en 1901.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Tasmania ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Tasmania.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo tasmaniano.
-
Individuo do pobo tasmaniano.
-
Antigo pobo, considerado como unha subetnia dos pobos melanésidos, que habitaba na illa de Tasmania. Foi un dos primeiros pobos que chegou a Oceanía. A causa do seu illamento, a súa cultura evolucionou moi pouco. Descoñecían o lume e a cerámica, e agrupábanse en tribos e subtribos, que mantiñan entre elas continuas hostilidades.
-
-
-
PERSOEIRO
Poeta e literato italiano. Formouse nas universidades de Boloña, Pisa e Ferrara. A súa obra principal, La secchia rapita (1622), é un poema heroico-burlesco en doce cantos, escrito en oitavas, que ten como argumento a guerra entre os habitantes de Modena e Boloña pola posesión dun cubo de madeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do megye de Komárom, Hungría (72.000 h [2000]). É un centro comercial e industrial ao NO de Budapest.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Eduardo Alberto Rodríguez Cunha.
-
PERSOEIRO
Caudillo dos síux de Dakota. Coñecido como Touro Sentado, en 1856 xa destacou como líder guerreiro e en 1866 chegou a xefe supremo dos síux do N. Derrotou (1876) as tropas do xeneral G. Custer na Batalla de Little Bighorn (25.6.1876). Refuxiado en Canadá (1877-1881) volveu a EE UU ao ser amnistiado. Nos anos seguintes formou parte do espectáculo de Buffalo Bill. Foi asasinado ao ser considerado unha ameaza, por practicar unhas danzas cuxo significado era o de expulsar ao home branco das terras indias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo ou filla do bisneto ou da bisneta.
-
REPUBLICAS
República Federal de Rusia (68.000 km2; 3.783.600 h [estim 1999]). A súa capital é Kazan’. Situada na confluencia do Kama co Volga, a poboación está composta maioritariamente por tátaros (48%) e rusos (44%). Ten industria química de caucho sintético, plásticos, adobes minerais, construcións mecánicas e industria do metal. Tamén destacan os cultivos de cereais e cultivos industriais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que se introduciu a través do influxo da novela en verso Jevgenij Onegin (1825-1832) de A. S. Puškin, polo nome da protagonista. Procede do latín Tatiana, forma feminina de Tatianus, derivado de Tatius, de orixe sabina, posiblemente relacionado con formas infantís de chamar polo pai. Presenta a variante Tania.
-
PERSOEIRO
Romanista. Catedrático de Filoloxía Románica e profesor emérito da Universidade de Roma La Sapienza. É autor de numerosas obras sobre poesía medieval provenzal, francesa, galego-portuguesa, catalá e castelá, e estudou a vida e obra de Gil Vicente e Camões, a literatura portuguesa do s XVI e a poesía contemporánea portuguesa, galega e catalá. Das súas obras destacan Repertorio metrico della lirica galego-portoghese (1967), La poesia lirica galego-portoghese (1980), Ensaios portugueses: filologia e linguística (1980), Poesia e ritmo: proposta para uma leitura do texto poético (1983), Methodologie et practique de l’édition critique des textes littéraires contemporains (1985), As Cantigas de escarnio (1995) e Trovadores e Jograis. Introdução à Poesia Medieval Galego-Portuguesa (2002); e edicións críticas como A poesía de Airas Nunez (1992), Arte de trovar do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (1999) e...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Juan Pardo Tavera.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (8.653 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. A partir da década de 1970 desenvolveu unha obra baseada no estudo da historia e do cotián. Da súa filmografía destacan Que la fête commence! (1974), Le juge et l’assassin (1975), Un coup de torchon (1981), Un dimanche à la campagne (1984), Round Midnight (1986), Daddy Nostalgie (1990), L-627 (1992), L’âppat (1995, Goldener Bär no Festival de Berlín), Capitaine Conan (1996) e Holy Lola (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Catálogo de trobadores galego-portugueses elaborado por Angelo Colocci e identificado na tradición manuscrita coa sigla C. Localizado por E. Monaci en 1875, a través del puido constatarse que certo número de cantigas e de autores se perderon debido a mutilacións existentes no Cancioneiro da Biblioteca Nacional. Contido en oito folios de papel sen numerar no códice Vaticano 3217: “Index Verborum seu vocum collectus per Angelum Cootium ex Petrarcha, Siculo, Rege Roberto, Barbarino”, parece ser a táboa dun cancioneiro perdido, vinculado con B pero máis completo. Con todo, o seu descubrimento non permitiu resolver os conflitos de atribución de cantigas que existen entre os cancioneiros B e V.
-
GALICIA
Dramaturgo e guionista. Pioneiro do teatro galego, é autor da primeira peza teatral representada en galego polo grupo Troula O Velorio (1978). Seguíronlle Lenta raigame (1982), Caderno de bitácora (1985) e Casta i Albito (2003). Colaborador de La Voz de Galicia, Faro de Vigo e A Nosa Terra, participou en diversos programas da TVG e de RNE, como “Catro Ventos” (RNE 1) e “O láparo cabileiro” (Radio 4). Foi guionista do conto A tola (1974), de M. Gato; e dos filmes O cadaleito (1976) e O caso das galiñas aforcadas (1991). Como actor participou nas producións Fendetestas (1975) e La novia de medianoche (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado do SL de Asia central que limita ao O e ao NO con Uzbekistán, ao NL con Kirguizistán, ao L con China e ao S con Afganistán (143.100 km2; 6.237.000 h [estim 2000]). A súa capital é Dušanbe.
XeografíaXeografía física
VER O DETALLE DO TERMO
Máis da metade do territorio está por riba dos 3.000 m. O territorio atópase nunha zona de intensa actividade sísmica. Distínguense catro rexións fisiográficas: na metade oriental, o Pamir, que culmina no pico Comunismo (7.495 m); as cordilleiras de Turkestán, Zer ǎ vsan e de Gissar ao NO; o extremo O do val de Fergana ao N; e os vales de Vachš, Gissar e Amudarja ao SL. O clima é continental, suave nos vales e extremo nas montañas. As precipitacións son escasas e aumentan cara ao SO. Os ríos máis importantes son o Amudarja, o Sydarja e os seus tributarios. A maioría percorren as rexións centrais e do O, e desembocan no mar de Aral. É importante tamén o lago Karakul’.... -
GALICIA
Xornalista e escritor. Traballou en El Diario Universal e La Mañana e foi redactor xefe de El Fígaro, e correspondente en Lisboa, Roma e París. Escribiu as novelas Charla. Críticas al día (1912), La vida a distancia (1923), Mi amigo el soldado Kanya (1943) e Amores de las reinas de España (1944), e relatos curtos, traducións e biografías de persoeiros relevantes da época, como Honor y amor al mar: cuatro vidas de navegantes españoles: el Duque de Osuna, Francisco Ribera, el Marqués de la Victoria, Pedro Alonso Niño (1945) e Políticos del siglo XIX (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano neocelandesa. Formada en Londres, destacou en papeis mozartianos. Debutou no Covent Garden en 1970 e en 1978 interpretou a Dona Elvira na ópera Don Giovanni, filmada por J. Losey. Tamén destacou nas representacións de The Marriage of Figaro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao ser ou a actuación que é á vez divina e humana, especialmente a Xesús Cristo e a todos os seus actos. A palabra foi creada polo Pseudo-Denís.