Tatanka Iyotake
Tatanka Iyotake
Caudillo dos síux de Dakota. Coñecido como Touro Sentado, en 1856 xa destacou como líder guerreiro e en 1866 chegou a xefe supremo dos síux do N. Derrotou (1876) as tropas do xeneral G. Custer na Batalla de Little Bighorn (25.6.1876). Refuxiado en Canadá (1877-1881) volveu a EE UU ao ser amnistiado. Nos anos seguintes formou parte do espectáculo de Buffalo Bill. Foi asasinado ao ser considerado unha ameaza, por practicar unhas danzas cuxo significado era o de expulsar ao home branco das terras indias.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Grand River, Dakota do Sur -
Deceso
Lugar : Fort Yates, Dakota do Norte