Tavola Colocciana
Tavola Colocciana
[LIT]
Catálogo de trobadores galego-portugueses elaborado por Angelo Colocci e identificado na tradición manuscrita coa sigla C. Localizado por E. Monaci en 1875, a través del puido constatarse que certo número de cantigas e de autores se perderon debido a mutilacións existentes no Cancioneiro da Biblioteca Nacional. Contido en oito folios de papel sen numerar no códice Vaticano 3217: “Index Verborum seu vocum collectus per Angelum Cootium ex Petrarcha, Siculo, Rege Roberto, Barbarino”, parece ser a táboa dun cancioneiro perdido, vinculado con B pero máis completo. Con todo, o seu descubrimento non permitiu resolver os conflitos de atribución de cantigas que existen entre os cancioneiros B e V.