taxa

taxa

(< taxar)

  1. s f [DER]

    Cantidade de diñero que o cidadán debe pagar ao Estado ou a outros entes públicos pola realización de determinados servizos. Nalgúns casos ten carácter de imposto ou tributo.

  2. [ECON]
    1. s f

      Prezo, importe ou porcentaxe fixado dalgunha cousa.

    2. s f

      Prezo, importe, medida ou porcentaxe en que se taxa algunha cousa.

    3. taxa de xuro anual equivalente [TAE]

      Tipo de xuro efectivo que cobran ou pagan anualmente as entidades de crédito na concesión dun préstamo ou na aceptación dun depósito. A taxa nominal ofrecida é recalculada sobre unha base anual coa periodicidade da rendibilidade obtida ou coa dos custos e doutros gastos.

    4. taxa de xuro preferencial

      Taxa de xuro das operacións de activo dunha entidade bancaria, aplicada aos seus mellores clientes, a curto prazo e con garantía persoal.

  3. s f

    Límite no consumo ou gasto de algo.

  4. taxa de dependencia [DEMOG/ECON]

    Porcentaxe de poboación ocupada respecto ao total de poboación.

  5. taxa de paro [DEMOG/ECON]

    Porcentaxe da poboación desempregada respecto ao total da poboación activa.

  6. taxa xeral de actividade [DEMOG/ECON]

    Porcentaxe de poboación activa respecto ao total da poboación.

Formas incorrectas

tasa