"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
MONTES
Monte situado no extremo L da parroquia de Berrande (Vilardevós). O seu cumio acada os 700 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Foi director da Dirección General de Bellas Artes. Instalouse na Coruña (1960), onde fundou a galería Artes e se dedicou á creación da Escola de Restauración de Belas Artes. Entre a súas obras destacan Paisaje al atardecer (1977) e Aldeana (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo L da parroquia de Camba (Laza). O seu cumio acada os 1.369 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución docente británica, fundada en Londres en 1895 por Sidney Webb. Desde 1900 ten categoría de facultade universitaria, dependente da University of London. As súas achegas científicas están recollidas en numerosas publicacións, entre as que destaca Economica (1921). Dela depende o Center for Labour Economics (1974).
-
ILLAS
Illa de EEUU, situada na costa atlántica, no extremo SL do estado de New York, do que forma parte (4.351km2). Está separada do continente polo estreito de Long Island Sound, de 176 km de longo. Ao SO está o barrio de Brooklyn, que forma parte da aglomeración urbana e portuaria de Nova York.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alessandro Falca.
-
PERSOEIRO
Xurista e político. Militante do PSOE desde 1983, foi deputado, voceiro do partido en materia de xustiza e asesor parlamentario de diferentes ministerios. Foi nomeado ministro de Xustiza en 2004. Escribiu La Justicia y sus problemas en la Constitución: Justicia, jueces y fiscales en el Estado social y democrático de Derecho (1996) e Una reflexión a propósito del control parlamentario del ejercicio del derecho de gracia (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Especialista en historia medieval e no estudo da formación de cidades históricas como Santiago de Compostela, escribiu Introdución al fenómeno urbano medieval gallego, a través de tres ejemplos: Mondoñedo, Vivero y Ribadeo (1976), La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media (800-1150) (1986) e El Mundo de las peregrinaciones, Roma, Santiago, Jerusalén (1999). Colaborou, ademais, coas publicacións Compostellanum e Revista científica ICOMOS.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xeógrafo. Entre as súas obras destacan Estrutura y morfología agraria en la Terra Cha (1979), Estrutura agraria y economía rural en la Galicia interior: la Terra Chá y el centro de la meseta lucense (1990), e, en colaboración, La Ganadería bovina en Galicia a finales del siglo XX: distribución espacial y condicionantes geográficos (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ilustrador. Coñecido como Tokio, colabora en diversos xornais e publicacións de banda deseñada. É autor de Achegándonos aos mamíferos mariños (1993) e Xogando con Enol: unidade didáctica sobre o mar (1997). Foi galardoado co Premio de Humor de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Ordenouse sacerdote (1954) e especializouse en teoloxía e filoloxía semítica. Escribiu Dos siglos de crítica literaria en torno al prólogo de San Juan (1973), Feijoo y la Biblia o la gran paradoja (1976) e Sacerdocio ministerial y Eucaristía en la Carta a los Hebreos (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. É autora de traballos de historia e crítica literaria publicados no Anuario de estudios literarios galegos (1992). Publicou A difusión dos cancioneiros galego-portugueses na Galicia no século XIX (1989) e Névoas de antano (I Premio de Investigación Lingüística-Literaria Carballo Calero, 1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e gravador. Coñecido como Armando Guerra, formouse (1968-1973) en València e Barcelona, onde tomou contacto co formalismo catalán. Regresou a Vigo e deuse a coñecer nas exposicións ao aire libre da praza da Princesa. Foi profesor da Escola de Artes e Oficios da cidade e desde 1980 vinculouse ao colectivo artístico Atlántica. Desenvolveu o seu estilo neoabstracto na década de 1970 e a súa pintura considerouse unha sinopse entre as vertentes intimistas do expresionismo abstracto americano, o cubismo sintético e certas influencias de Bacon. Realizou as súas composicións (Abstracción, 1991), de textura fina, a partir de liñas trazadas en diferentes direccións, marcando a sensación de ritmo e manchas de cor de tons suaves (ocres, rosas e violetas). Da súa obra destacan Formas (1974), A cama (1978) ou a serie Vieiros (1981), da que formaron parte obras como Opostos. Como gravador, tiveron especial importancia os seus traballos en augaforte e augatinta. Parte da súa colección figura no...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Deulle ás fachadas de edificios na Coruña un novo tratamento baseado nas características estéticas modernistas como os motivos vexetais ou as columnas ornamentadas así como certos cánones novos de proporcionalidade arquitectónica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. A súa escultura reproduce fragmentariamente a realidade resaltando texturas e valorando as superficies. Da súa obra destaca a escultura a García Lorca (1986), Un pintor para el Prado (1989), Formaste de tu amor simetría (1991) e Esperanza caminando (1998) no teatro Campoamor en Oviedo. En Galicia realizou unha placa de bronce no Museo de Arte Fenosa na lembranza de Trincado. En 1982 recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas e en 1986 ingresou como académico na Real Academia de Bellas Artes de San Fernanado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Franciscano. Cronista xeral da provincia de Santiago, dirixiu a publicación Archivo Íbero-Americano e El Eco Franciscano (1904-1905) e colaborou no Archivum Franciscanum Historicum (1908) e na Revista de Estudios Franciscanos. Dos seus libros destacan Viaje de San Francisco a España (1914), Estudios crítico-históricos sobre Galicia (1916) e, postumamente, La imprenta en Galicia (siglos XV-XVIII) (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Etnógrafo e historiador. Coñecido como Xocas, foi alumno de R. Otero Pedrayo en Ourense e estudiou filosofía e letras en Santiago de Compostela e Zaragoza. Incorporado ao Grupo Nós, colaborou asiduamente na revista Nós, ademais doutras publicacións galegas e do estranxeiro. Ao comezo da Guerra Civil Española ferírono e durante a súa convalecencia formouse no seu domicilio un destacado parladoiro ao que acudían R. Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino Cuevillas e González Salgado. Ademais, durante esa etapa aproveitou para ler numerosos clásicos galegos e portugueses cos que foi enriquecendo a súa formación intelectual. Posteriormente, exerceu a docencia en Ourense, primeiramente no Instituto e logo no colexio Cardenal Cisneros, e investigou principalmente nos eidos da etnografía, o folclore e a prehistoria de Galicia. Apoiado por Florentino Cuevillas e polo profesor Lluís Pericot realizou diversas escavacións en castros, como a do castro de san Cibrao de Las (1948-1949), en mámoas e...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Coordinou a administración local no Val de Lemos durante a República e, en 1978, foi vicepresidente da comisión mixta de transferencias Xunta-Deputacións e vogal da comisión de toponimia de Galicia. Publicou, en colaboración con Eduardo Seijas, a Guía del camino francés de la provincia de Lugo (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do centro de Escocia, entre as Highlands, ao N, e os Uplands, ao S. É a zona máis rica e máis poboada do país. Distínguense dúas zonas, unha parte occidental, moi húmida, con pastos que permiten a cría de bóvidos; e outra oriental, con chairas máis soleadas e cultivos de trigo, avea e patacas. O solo é rico en carbón e a industria desenvolveuse ao redor das concas hulleiras. A cidade máis importante é Edimburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Angola e da provincia homónima, situada na costa do Atlántico (2.555.000 h [1999]). É o segundo porto do país despois do de Lobito. No sector industrial destaca a industria alimentaria, azucreira e cervexeira, de artículos manufacturados e de cemento. Tamén ten refinería de petróleo. Fundada polos portugueses en 1576, durante tres séculos foi un centro de exportación de escravos.
VER O DETALLE DO TERMO