López Guerra, Armando

López Guerra, Armando

Pintor e gravador. Coñecido como Armando Guerra, formouse (1968-1973) en València e Barcelona, onde tomou contacto co formalismo catalán. Regresou a Vigo e deuse a coñecer nas exposicións ao aire libre da praza da Princesa. Foi profesor da Escola de Artes e Oficios da cidade e desde 1980 vinculouse ao colectivo artístico Atlántica. Desenvolveu o seu estilo neoabstracto na década de 1970 e a súa pintura considerouse unha sinopse entre as vertentes intimistas do expresionismo abstracto americano, o cubismo sintético e certas influencias de Bacon. Realizou as súas composicións (Abstracción, 1991), de textura fina, a partir de liñas trazadas en diferentes direccións, marcando a sensación de ritmo e manchas de cor de tons suaves (ocres, rosas e violetas). Da súa obra destacan Formas (1974), A cama (1978) ou a serie Vieiros (1981), da que formaron parte obras como Opostos. Como gravador, tiveron especial importancia os seus traballos en augaforte e augatinta. Parte da súa colección figura no Museo Municipal Quiñones de León.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela