"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Defecto conxénito consistente na oclusión ou o pechamento de órganos ou condutos que pola súa natureza teñen que estar abertos para exercer as súas funcións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de impermeabilizar unha tea para impedir o paso dun fluído a través seu. Pode efectuarse aplicando sobre o tecido unha disolución de caucho, gutapercha ou látex, ou ben con materiais sintéticos, vernices, aceites secantes ou derivados da celulosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de impetrar.
-
-
Acción e efecto de implantar ou implantarse.
-
-
Inserción dun implante.
-
Anastomose cirúrxica terminolateral.
-
Introdución subcutánea dun medicamento sólido coa finalidade principal de conseguir unha absorción metabólica lenta.
-
implantación coclear
Técnica cirúrxica empregada para o tratamento da xordeira bilateral profunda, baseada na implantación dunha prótese que, mediante unha estimulación eléctrica directa sobre o nervio auditivo, produce no paciente unha sensación de audición. Mediante un proceso de rehabilitación chégase, en moitos casos, á discriminación de todos os sons e as palabras do idioma, o que permite a reincorporación a unha vida social normal.
-
-
Fixación na mucosa uterina do ovo fecundado.
-
Procedemento que consiste en bombardear un material con átomos ionizados de suficiente enerxía para penetrar máis aló da capa superficial do material. A introdución destes ións permite cambiar as propiedades do material implantado; esta técnica é amplamente utilizada en electrónica e en metalurxia. Permite controlar de maneira precisa a cantidade de átomos introducida e a profundidade de penetración.
-
-
-
Acción e efecto de implicar ou implicarse.
-
Relación formal que consiste no feito de que unha idea ou proposición non implica outra. Na lóxica simbólica exprésase mediante o signo „ e nas matemáticas utilízase o símbolo .
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de implorar.
-
-
Acción de importar.
-
-
Cousa importada.
-
Conxunto de bens e servicios que importa un país. O volume de importacións é compatibilizado na balanza de pagamentos, onde non se distingue entre as adquisicións de materias primas e produtos acabados (importacións visibles) e de servicios (importacións invisibles), e as de bens de capital en forma de investimentos ou préstamos.
-
-
-
-
-
Acción e efecto de impoñer ou impoñerse.
-
Cantidade de diñeiro que se impón.
-
imposición de mans
Xesto mediante o que se consagran ou bendicen persoas ou cousas.
-
imposición da cinsa
Cerimonia do mércores de cinsa consistente en impoñer unha pouca cinsa sobre a cabeza dos fieis en sinal de penitencia.
-
-
-
imposto.
-
Volume de impostos atribuídos a un período.
-
-
Distribución dun determinado número de páxinas, na orde e posición preestablecidas e coas marxes indicadas, sobre unha superficie axeitada para que, unha vez impreso e pregado o folio, queden correctamente ordenadas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de impostar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de imprecar.
-
-
Acción e efecto de impregnar ou impregnarse.
-
Proceso de fixación e resposta de seguimento e comportamento social e sexual que presentan todos os anseriformes e algúns rálidos. É un proceso irreversible e ten lugar durante as primeiras 48 horas de vida.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta de premeditación.
-
-
Extensión dun aglutinante bituminoso líquido sobre unha capa porosa dunha superficie para darlle impermeabilidade e cohesión.
-
Recubrimento pictórico dun alto contido de cargas e pigmentos co que se aplica unha primeira capa sobre unha superficie para asegurar unha boa adherencia do recubrimento definitivo. Da imprimación depende a luminosidade da obra.
-
-
-
Acción de improvisar.
-
-
Cousa improvisada.
-
Execución musical espontánea non codificada nin escrita. Na música polifónica medieval, improvisábase sobre un canto dado. A partir do s XVI foi a base da música instrumental que acompañaba e enriquecía o canto. Formas musicais baseadas na improvisación foron o preludio, o tiento, a intonatio, a fantasía e o ricercare. Nos ss XVII e XVIII foi limitada aos instrumentistas de teclado e ás cadencias de concertos e música vocal. A música de jazz está estreitamente vinculada á improvisación.
-
Invención de diálogo no curso dunha interpretación. A improvisación constitúe unha das características principais da commedia dell’arte. Nas técnicas modernas empregouse a improvisación de diálogo e accións durante os ensaios como unha medida de integración do actor no proceso de creación.
-
-
-
-
Acción e efecto de impugnar.
-
Actividade dirixida a combater a validez ou eficacia dun acto xurídico. A impugnación máis xeneralizada é o recurso.
-
-
-
Acción e efecto de imputar.
-
Asignación de rendas, pagos ou custos asignables a un determinado destino.
-
Operación de cálculo da lexítima en virtude da que o que se recibira como herdeiro, legatario ou donatario diminúe a parte de valor da masa hereditaria que se ten dereito a percibir.
-
Aplicación dun pagamento a unha débeda determinada cando son varias as débedas que un debedor mantén cun mesmo acredor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Supresión do efecto tóxico dun xerme ou dunha toxina conservando soamente as propiedades útiles en terapéutica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situación en que o individuo non se adapta ao propio ambiente (físico, social ou profesional), ben por falta de harmonía entre os diferentes elementos da súa personalidade ou por incapacidade para modificar a realidade segundo as propias necesidades. Adoita ir acompañada de trastornos afectivos e de conflitos ambientais, que poden producir problemas de conduta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta de adecuación.