"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Santa Eufemia do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estar inquieto un animal.

    2. Deambular alguén dun sitio para outro sen rumbo determinado.

    3. Pórse dereita unha espiga pouco cargada de gran.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de San Miguel de Presqueiras (Forcarei) e Cerdeda, no concello homónimo. O seu cumio acada os 1.014 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Son triste e prolongado que emite o lobo e outros animais. Na tradición oral recóllense ditos como: “Na terra dos lobos, (hai que) ouvear como todos. Quen con lobos anda, a ouvear aprende”.

    2. Reproducir o vento ao soprar un son semellante ao ouveo.

      1. Berrar por efecto da dor.

      2. Falar moi alto case berrando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo feminino Uxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Beade. Edificio de planta rectangular en diferentes niveis. Presenta a fachada ao S nun só plano e conta cunha capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico estadounidense. Coñecido como John Ford, foi o primeiro en achegar valores psicolóxicos ao western. Considerado un dos mellores directores da época dourada de Hollywood e tamén o máis laureado, obtivo o Oscar ao mellor director con The Informer (1935), The Grapes of Wrath (1940), How Green Was My Valley (1941) e The Quiet Man (1952). Tamén destacan os seus filmes My Darling Clementine (1946), Rio Grande (1950), The Man Who Shot Liberty Valance (1962) e Cheyenne Autumn (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. De nome John Casey, estreou as súas primeiras obras no Abbey Theatre, onde se deu a coñecer. Os seus temas favoritos recolleunos de material irlandés ambientado na clase obreira, como en The Shadow of a Gunman (1923), Juno and the Paycock (1924) e The Plough and Stars (1926). Escribiu tamén pezas de carácter antimilitar, como The Silver Tassie (1928) e The Star Turns Red (1940); dramas, como Red Roses for Me (1942); e de tema autobiográfico, como I Knock at the Door (1939) e Drums Under the Windows (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político irlandés. Seguidor primeiro de D. O’Connell e despois cartista, foi deputado no Parliament (1832-1835). En 1841 converteuse no líder indiscutible do cartismo. Fundou a National Land Company que demandou a parcelación dos latifundios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante de rock. En 1983 formou o grupo Ton Ton Macoute e dous anos máis tarde trasladouse a Londres para gravar o seu primeiro disco The Lion and the Cobra (1987). Co tema “Nothing compares 2 U” conseguiu o número 1 das listas de éxitos de todo o mundo e co seu álbum I do not want what I haven t got (1990) gañou tres premios MTV (1990). Protagonista do filme Hush-A-bye-Bye (1990), outros traballos discográficos salientables son Am I Not Your Girl? (1992), Faith and Courage (2000) e She Who Dells in the Secret Place... (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor irlandés. Situado á esquerda do republicanismo, en 1918 uniuse ao IRA e foi encarcerado. Fundou, xunto con G. Gilmore e F. Ryan, o Republican Congress (1934) e participou na Guerra Civil Española. Foi editor de diversas publicacións, como The Workers Voice ou The Bell (1946-1954). Das súas obras destacan Storm (1925), The Gates Flew Open (1932), Salud! An Irishman in Spain (1937) e There Will Be Another Day (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Procedente da Liga Gaélica, foi un dos fundadores do Sinn Féin (1902) e participou na Revolta de Pascua (1916). Deputado republicano (1918), foi speaker da Dáil Éirean (1912-1921), presidente de Éire (1945) e da República de Irlanda (1952-1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico irlandés. Comezou a súa carreira no teatro, onde representou con grande éxito as obras de W. Shakespeare. No cine interpretou habitualmente personaxes cunha certa carga de idealización romántica, como en The Savage Innocent (1959), Lawrence of Arabia (1962), Becket (1964), The Lion in Winter (1968), Goodbye, Mr. Chips (1969), The Ruling Class (1972), My Favourite Year (1981), Creator (1985), High Spirits (1987), Rebecca’s Daughter (1991), The Manor (1999) e Troy (2004). Recibiu un Oscar honorario polo conxunto da súa carreira (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Porción de cereais, herba, estrume ou leña antes de que se faga con ela un feixe pequeno.

    2. Conxunto da palla e mais a espiga dos cereais antes de ser segados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés de orixe polaca. Formouse en París con Paul Abadi e traballou con Louis Jules Bouchot e en 1882 foi aceptado na Societé Centrale des Architectes. En París coñeceu a Bieito Sanjurjo y Ramírez de Arellano, a través do que puido establecer, durante a Exposición Universal de 1889, os primeiros contactos con membros da sociedade viguesa. A súa obra reflicte a corrente ecléctica neomedievalista. As primeiras obras realizadas en Vigo e arredores datan de 1888 aínda que non se instalou na cidade ata 1904. Realizou a ampliación do pazo de Torre Cedeira (1888); o edificio Acuña Soaje (1897), sede do Banco de Galicia; a casa Bárcena (1897), coñecida como o Hotel Moderno; a Escola de Artes e Oficios (1898); a casa Arana (1898); a casa Yáñez (1900); as casas de Oya (1904); a casa Núñez (1904); a casa Silva (1907); o cine Odeón (1916); e outros edificios para Manuel Bárcena Franco, conde de Torre Cedeira, e Bieito Sanjurjo, ademais de panteóns e mausoleos funerarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Océano situado entre América e Asia, o maior de todos, que iguala en amplitude ao Atlántico, ao Índico e ao Ártico xuntos. Está limitado ao L por América do Norte e América do Sur, ao O por Asia e Australia, e esténdese de N a S desde as rexións árticas ata as antárticas. Nel atópase a maior profundidade mariña, a fosa das Marianas, que ten preto de 11 km. Tamén está a montaña máis alta da Terra, o volcán hawaiano Mauna Kea, que se eleva abruptamente 9.450 m desde o fondo do océano. Está circundado por un arco de fosas oceánicas de gran profundidade. Así, preto de Nova Zelanda está a fosa de Toga-Kermadec, que chega ata o arquipélago de Samoa. Máis ao O está a fosa de Novas Hébridas, a consecuencia das illas do mesmo nome; ao N desta está a fosa Planet ou fosa Nova Bretaña, situada entre as illas Salomón e Nova Guinea. O arco insular e as súas fosas continúan coa fosa do Xapón, a das Kuriles e, finalmente, a das Aleutianas. Na costa O de América do Norte non existen fosas, excepto a pequena...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo firmado o 12 de xaneiro de 1988 en Vitoria-Gasteiz por Alianza Popular, Centro Democrático y Social, Euskadiko Ezkerra, Partido Nacionalista Vasco e Partido Socialista de Euskadi-PSOE. Nos 17 puntos dos que consta, os asinantes rexeitaron o uso de violencia e fixaron a erradicación do terrorismo como obxectivo común fundamental da acción de todas as institucións e forzas políticas. Destacaron a figura do Estatuto de Gernika como marco xurídico que debe utilizar a sociedade vasca para acceder ao autogoberno e regular a sua convivencia pacífica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desempeñar un animal macho a súa función reprodutora ao fecundar a unha femia.

    VER O DETALLE DO TERMO