O’Toole, Peter Seamus
O’Toole, Peter Seamus
Actor cinematográfico irlandés. Comezou a súa carreira no teatro, onde representou con grande éxito as obras de W. Shakespeare. No cine interpretou habitualmente personaxes cunha certa carga de idealización romántica, como en The Savage Innocent (1959), Lawrence of Arabia (1962), Becket (1964), The Lion in Winter (1968), Goodbye, Mr. Chips (1969), The Ruling Class (1972), My Favourite Year (1981), Creator (1985), High Spirits (1987), Rebecca’s Daughter (1991), The Manor (1999) e Troy (2004). Recibiu un Oscar honorario polo conxunto da súa carreira (2003).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Connemara, An -
Deceso
Lugar : Gaillimh