"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Igrexa Oriental Conxunto das comunidades cristiás da parte oriental do antigo Imperio Romano, que é unha parte coñecida como Oriente cristián. Organizadas independentemente da evolución da parte occidental do Imperio Romano, seguiron unha tradición litúrxica propia que deu unha gran variedade ritual. Algunhas comunidades fóronse separando do bloque deste cristianismo oriental centrado na capital do imperio, Constantinopla. As primeiras comunidades marxinadas foron as que se atopaban fóra das fronteiras do imperio: Mesopotamia, Persia e Armenia. As dúas primeiras constituíron a Igrexa asiria, chamada tamén caldea, que adoptou o nestorianismo. A Igrexa armenia, que quedou dentro da doutrina do monofisismo, repartiuse en varias obediencias: os catolicosados de Edžmiatsin, o de Sis, o de Cilicia, con sede en Líbano, o de Xerusalén e o de Constantinopla. Os patriarcados de Antioquía e de Alexandría, agás unha parte que permaneceu fiel ao Concilio de Calcedonia e ao emperador,...
-
PERSOEIRO
Militar. Participou no golpe de estado que instaurou a Catarina II de Rusia (1762) e foi recompensado co título condal. O seu irmán Grigorij Grigorjevi č Orlov (1734-1783) foi favorito da tsarina e converteuse nun dos terratenentes máis grandes de Rusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Ourense a partir de 1960, que cesou nese mesmo ano. Subtitulouse “Revista de la Hermandad de Alféreces Provisionales de Orense”. Cunha periodicidade irregular, foi a continuadora de Aquí estamos, seguindo a súa numeración e estrutura. De carácter propagandístico, editouse nos obradoiros de La Comercial e incluíu información militar, asesoría xurídica e poesías.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da xeografía física que trata a descrición dos relevos e da súa estruturación, máis ou menos regular, nunha rexión determinada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á orografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da xeografía física que estuda o relevo, as augas e as interferencias ou influencia mutuas, como o trazado fluvial segundo a diferenza de dureza das rochas ou a acción das augas nos procesos erosivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de Igrexas Orientais que desde o s XI se desligaron de Roma para subordinar a súa obediencia ao patriarca de Constantinopla. Baseouse no concepto doutrinal de fidelidade aos sete primeiros concilios ecuménicos anteriores á separación de Roma e organizouse arredor dos seus patriarcas ou de Igrexas sinodais, unidas doutrinal e liturxicamente, se ben cunha independencia xurídica con respecto ao patriarca ecuménico de Constantinopla. Algunhas das súas doutrinas foron a defensa da identidade cos testimonios apostólicos orixinais e do Espírito Santo como o principal guía da Igrexa, a aceptación dos sete sacramentos ou a veneración da Virxe María como nai de Deus, rexeitando o dogma católico da Inmaculada Concepción. Ao mesmo tempo, consentiron a conversión sacerdotal dos homes casados. Tras a ruptura con Roma (s XI), os escasos intentos de unión a través do Concilio II de Lyon (1274), o Concilio de Florencia (1439), e, sobre todo, desde a caída de Constantinopla baixo os turcos (1453),...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transformación directa dunha fotografía de proxección cónica noutra de proxección paralela, polo que a fotografía se converte nunha palimetría, sobre a que é posible debuxar as curvas de nivel e obter un plano ou mapa topográfico completo ou ortofotoplano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escribir segundo as regras da ortografía.
-
-
Recta escritura das palabras dunha lingua.
-
Parte da gramática que ensina a recta escritura das palabras e dos outros signos gráficos, como os de acentuación e os de puntuación. O concepto de ortografía supón a acomodación da escritura da lingua a unhas normas establecidas segundo criterios etimolóxicos, como tamén da evolución e do uso lingüístico. Así, nas diversas épocas da historia das linguas fálase antes de grafías que de ortografías dos diversos estadios sincronicamente considerados.
-
Técnica da xeometría proxectiva que consiste en facer proxeccións ortogonais nun plano vertical.
-
-
-
Relativo ou pertencente á ortografía.
-
Signo que, na correcta escritura da linguaxe falada, serve para transcribir a pronunciación, a intensidade e a distinción de certos sons, ademais da entoación, as pausas e os sentidos das frases. Os signos ortográficos son o acento, a diérese, os signos diacríticos e os diversos signos de puntuación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa especialista en ortografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de normas e convencións que rexen a escritura dunha lingua mediante os signos tipográficos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa versada en ortotipografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao oscilógrafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que se emprega para visualizar, rexistrar e gravar vibracións sonoras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación gráfica dun fenómeno ondulatorio que se obtén mediante un osciloscopio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da osteoloxía que se ocupa da descrición dos ósos.
-
PERSOEIRO
Matemático ucraíno. No campo da física matemática contribuíu a resolver problemas suscitados pola mecánica newtoniana (principio de Ostrogradskij-Hamilton), estudou as deformacións dos corpos elásticos e o desprazamento dun móbil dentro dun medio resistente. Estableceu tamén unha fórmula xeral que permite pasar dunha integral de volume a unha integral de superficie, coñecida como teorema de Ostrogradskij ou teorema de Gauss.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
teorema de Gauss.