"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • GALICIA

    Filóloga. Doutorouse (1991) pola Universidade de Santiago de Compostela e, desde 1995, é profesora titular nela. Desde 1983 traballa no ILG realizando o traspaso dos datos do Atlas Lingüístico Galego (ALGa) a cadernos, a revisión do material do Glosario de voces galegas de hoxe, a recollida de   material para a elaboración do Dicionario de verbos galegos conxugados e o cartografado dos mapas do volume I do (ALGa). Formou parte do equipo de redactores do Dicionario normativo galego-castelán (1988), do Dicionario castelán-galego de frases, usos e sinónimos (1990), do Gran dicionario Xerais da lingua (2000) e do Dicionario Xerais da Lingua (2002). É autora de O rexurdir da conciencia idiomática (1840-1891) (1992), Os precursores da normalización. Defensa e reivindicación da lingua galega durante o Rexurdimento (1840-1891) (1992) e Ortografía práctica (2001), e editou A gaita gallega,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciado e doutor en Ciencias. Catedrático de Física Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, fundou e dirixiu a revista Procesado de Bioseñales. Foi membro de diversas institucións, entre elas do Institute of Electrical, Electronic Engineering (IEEE) e da xunta directiva da Asociación Española de Bioingeniería. Traballou en centros de investigación punteiros de todo o mundo. Participou en proxectos de investigación internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Embriólogo e anatomista alemán. Foi o primeiro en observar a fusión dos núcleos do óvulo e do espermatozoide despois da fecundación, e concluíu en 1875 que a fecundación consistía na fusión de dous núcleos celulares sexualmente diferenciados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de dous ou máis núcleos xeneticamente diferentes nunha mesma célula, especialmente no micelio dun fungo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ás células que presentan un heterocario.

    2. Aplícase ás hifas ou aos micelios constituídos por células que presentan heterocarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á planta que dá froitos de máis dunha clase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polisacárido formado por distintos tipos de monosacáridos e outras substancias non glicídicas, como a quitina ou a pectina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto orgánico formado por carbono e hidróxeno. Distínguense os hidrocarburos acíclicos, de cadea aberta, e os cíclicos, de cadea pechada. Os acíclicos, denominados tamén alifáticos, poden ser saturados ou insaturados, e as súas cadeas poden ser lineais (derivados normais) ou ramificadas (isoderivados). Os hidrocarburos saturados só teñen enlaces simples, e denomínanse tamén alcanos ou parafinas. Os hidrocarburos insaturados presentan dobres e triples enlaces nas moléculas. Divídense en alquenos etilénicos ou olefinas e alquinos ou acetilénicos, segundo teñan dobres ou triples enlaces. Os hidrocarburos cíclicos forman dous grandes grupos: alicíclicos, denominados tamén nafténicos, que comprenden os cicloalcanos, os cicloalquenos e os cicloalquinos, e os aromáticos. Os hidrocarburos obtéñense principalmente do gas natural, do petróleo e do alcatrán de hulla e, en menos cantidade, das ceras, as resinas e os aceites esenciais de orixe vexetal. Os hidrocarburos son unha das principais fontes...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás hidrocaritáceas.

    2. Planta da familia das hidrocaritáceas.

    3. Familia de hidrocaritais de flores actiomorfas, hipóxinas e trímeras, e de froitas baciformes. Comprende unhas 100 especies de herbas acuáticas como as do xénero Elodea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acumulación de líquido seroso no pericardio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Magnitude física dos barións, igual á suma do número bariónico e a estrañeza: Y=B+S. É unha carga que se conserva, exclusivamente, nas interaccións fortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Engrosamento apical e a miúdo carnoso do pedúnculo de certos froitos, como é o caso do anacardio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gravar unha propiedade cunha hipoteca.

    2. Realizar un acto que poida condicionar algo no futuro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á hipoteca.

    2. Conxunto de normas xurídicas destinadas a regular a protección da propiedade inmobiliaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hoplocáridos.

    2. Crustáceo da superorde dos hoplocáridos.

    3. Superorde de crustáceos malacostráceos caracterizados polo feito de ter os ollos pedunculados, os cinco primeiros pares de periopodios e os pleopodios bífidos e laminares co exopodio que leva as branquias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Topa Cusi Huallpa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte do departamento de Ancash, Perú, situado na cordilleira dos Andes. Cos seus 6.746 m de altitude constitúe o teito do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora alemana. Malia o éxito do seu debut poético Neue Gedichte (Novos poemas, 1907), dedicouse sobre todo á novela neorromántica, e máis tarde aos feitos e aos personaxes históricos, como en Weisse Nächte (Noites brancas, 1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao S de Aranjuez (1.711 h [2001]). Posúe agricultura, cunha produción predominante de cereais e gandería. Destaca a elaboración de viños. Do seu patrimonio cultural destacan as ruínas do castelo de Valdecarábanos (s XII) e a igrexa de San Nicolás de Bari (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado na serra de La Sagra (7.910 h [2001]). A súa economía baséase na explotación dos recursos agropecuarios propios do ámbito mediterráneo (cultivo de cereais, vide e oliveiras, cría de gando ovino e caprino e cunicultura) e na súa transformación.

    VER O DETALLE DO TERMO