"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Físico francés. Especializado en física nuclear, estudou diversas reaccións de desintegración e transmutación e en 1933 conseguiu aniquilar a materia, mediante o bombardeo do platino con electróns positivos, co que obtivo fotóns.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Anatole France, realizou diversas investigacións bibliográficas e ensaios críticos, como Génie latin (1913). Comezou a súa carreira como poeta parnasiano, que reflectiu en Poèmes dorés (1873). Recolleu unha mostra do seu periodismo literario en La vie littéraire (1888-1892) e plasmou os seus recordos de infancia nalgunhas novelas, como Le livre de mon ami (1885). Escribiu os cadros de costumes do s XVIII La Rôtisserie de la reine Pédauque (1893) e Les Opinions de M. Jerôme Coignard (1893), ademais das novelas Le Lys Rouge (1894) e Le jardin d’Epicure (1895), que lle abriron as portas da Académie Française (1896). A vea satírica contra a sociedade contemporánea amósase no ciclo de novelas sobre o caso Dreyfus, L’Histoire Contemporaine (1897-1901) e en diversas obras posteriores. Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor flamengo. Coñecido como Johan Daisne, foi un dos introdutores do realismo máxico nas literaturas flamenga e neerlandesa. Escribiu De man die zijn haar kort liet knippen (O home que se deixa cortar os cabelos, 1948), Lago Maggiore (1957) e Als Kantwerk aan de kin (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e crítico francés. Profesor de filoloxía románica en La Sorbonne, é autor de numerosos traballos de crítica textual e de etimoloxía do francés e do provenzal medievais. Os seus Essais de philologie française (1887) e Nouveaux essais de philologie française (1904) son modelos de rigor científico e de erudición profunda.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Deuse a coñecer con 18 Poemas (1934). A súa sona consolidouse con Twenty Five Poems (1936) e The Map of Love (1939), volume que inclúe tamén unha serie de narracións que reflicten o concepto de si mesmo como poeta e anticipan o volume autobiográfico Portrait of the Artist as a Young Dog (1940). Durante a Segunda Guerra Mundial escribiu un bo número de guións radiofónicos para a BBC. En 1946 publicou Deaths and Entrances, o seu libro definitivo. Autor dunha obra teatral, Under the Milk Wood (1954), Thomas popularizou a figura do poeta-profeta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Atleta. Coñecido como Daley Thompson, dominou a proba do décathlon durante a década de 1980 e participou en catro xogos olímpicos. Nos de Moscova (1980) e Los Angeles (1984) conseguiu a medalla de ouro. Foi dúas veces campión de Europa, en Atenas 1982 e Stuttgart 1986, e campión mundial en Helsinqui 1983. Entre 1980 e 1984 conseguiu superar catro veces a mellor marca mundial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nadador. Debutou en 1997 e en 1998 converteuse en campión do mundo en 400 m libres. Especialista en estilo libre, bateu a mellor marca do mundo da especialidade en 200, 400 e 800 m. Gañou 3 medallas de ouro e 2 de prata nos Xogos Olímpicos de Sydney (2000), e proclamouse campión do mundo en 12 ocasións. Ademais, bateu un total de 17 mellores marcas do mundo. Nos Campionatos do Mundo de Barcelona conseguiu 3 medallas de ouro, unha de prata e outra de bronce; e nos Xogos Olímpicos de Atenas (2004) conseguiu 2 medallas de ouro en 200 e 400 m libres, unha de prata en remudas 200 m libres e de bronce en 100 m libres.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de dúas centrais nucleares de Harrisburg, Pennsylvania, con reactores PWR en funcionamento desde 1974 e en 1976, que a consecuencia dun aparatoso accidente sufrido en 1979, foron pechadas.
-
PERSOEIRO
Economista alemán. Especialista en cuestións agrarias, foi predecesor das modernas teorías de localización industrial. Na súa obra principal, Der isolierte Sttat in Bezienbung auf Landwirtschaft und Nationalökonomie (O estado illado respecto á agricultura e a economía nacional, 1826-1863), interesouse polas causas que determinan os mellores cultivos, basicamente en función da distancia ao mercado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo. De familia protestante, converteuse ao catolicismo e foi sacerdote. Centrou a súa reflexión teolóxica na experiencia nova de vida monástica e de liturxia que caracterizan a comunidade reformada de Taizé, da que foi membro. Das súas obras destacan Mariage et célibat (1955), L’Eucharistie (1959) e Le Mystère de l’eucharistie (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Aventureiro alemán. Recrutou 6.000 colonos alemáns cos que, en 1676, Pablo Olavide iniciou o seu proxecto de repoboación de Sierra Morena. Os seus negocios turbios provocaron o seu aprisionamento no presidio de Iruña, onde puido morrer.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario e coleccionista de arte. Ampliou e completou unha colección de arte que iniciou o seu pai Heinrich Thyssen-Bornemisza de Kaszon (1875-1947), que comprende unha extensa representación da pintura europea do s XIV ao XX, obras dos primitivos americanos, esculturas, xoias e esbozos teatrais, entre outros. Unha boa parte dela foi cedida temporalmente ao goberno español en 1988 e constituíu o Museo Thyssen-Bornemisza en Madrid. En 1993 a colección foi adquirida polo goberno español e cedida á Fundación Thyssen-Bornemisza. Casou coa española Carmen Cervera, que tamén cedeu parte da súa colección ao museo madrileño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura precolombina de Bolivia que se desenvolveu no altiplano andino, preto do lago Titicaca (500-1000), e que se difundiu máis tarde por toda a costa de Perú, desde Ecuador ata Chile. O xacemento máis importante, situado en Tiahuanaco, comprende diversos monumentos, de parede seca, como o Calassaya, Acapana, Puma Puncu e a colosal Puerta del Sol, monólito decorado co deus Viracocha.
-
CORDILLEIRAS
Cordilleira de Asia Central que se estende entre o S de Kirguizistán e o Xinjiang, en sentido L-O, cunha lonxitude de 3.000 km. De orixe primaria, está afectada polos dobramentos recentes. A partir de Chan Tengri divídese en cordilleiras que inclúen a depresión do lago Issykkul’ e as concas de Naryn e Fergana. No centro culmina no Pobedy (7.439 m) e no Chan Tengri (6.995 m).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (6.082 h [2001]). Destaca a industria téxtil, con certa tradición, e a construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Municipalidade de China, situada na rexión do Norte (11.305 km2; 10.010.000 h [2000]). É o gran porto da rexión do Norte e un gran centro comercial cun gran volume de exportacións e importacións. Ten industrias téxtiles de algodón, de tabaco, químicas, farmacéuticas, de fibras sintéticas e mecánicas. Alí foron asinados os acordos entre Francia e China sobre Annam e Tonquín (1884 e 1885). A consecuencia da revolta dos bóxers, foron destruídas as súas murallas, e, entre 1900 e 1907, a cidade foi administrada polos aliados occidentais.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Gansu, China, situada ao N das montañas Tsinling Shan (244.974 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escola budista chinesa baseada no sūtra do lotus (Saddaharma Pun ḋ arīka), tal como foi interpretado polo filósofo Jinkai (531-597), monxe nas montañas de Tiantai. Ensina a doutrina da tripla verdade da realidade única: por unha banda, a vacuidade das cousas, e por outra, a súa existencia temporal, ambas as dúas enlazadas pola mente. A conclusión é que o un é o todo e que o todo é o un. É un dos fundamentos do budismo mahāyāna. Esta escola foi adaptada en Xapón co nome de Tendai-Shū.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao Tíbet, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante do Tíbet.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo tibetano.
-
Individuo do pobo tibetano.
-
Pobo de etnia mongola, con notables diferenzas étnicas segundo as rexións, que habita na rexión autonóma do Tíbet e en boa parte das provincias chinesas de Sikang, Quinghai e Sinkiang, no Ladākh e no Sikkim (India), en Nepal setentrional e en Bhutan.
-
-
Lingua do phylum sino-tibetano que falan os tibetanos. Presenta numerosas variacións dialectais. De estrutura monosilábica, son característicos os diversos niveis de tonalidade e a variedade de formas honoríficas segundo a posición do interlocutor. A escritura e a gramática foron elaboradas no s VII por T’on-mi Sam-bho-ṭa a partir da escritura india. Usan a escritura alfabética horizontal, de esquerda a dereita, e de puntuación intersilábica, e consta de 30 consoantes e 4 vogais.
-
Literatura cultivada en lingua tibetana. Eminentemente relixiosa, segue dous modelos ben definidos: o da India, para as obras de carácter ético e filosófico, e o de China, para as obras históricas. As primeiras obras de relevo (dos ss VII e VIII) son traducións do canon búdico, compiladas posteriormente (no s XIII) co nome de bKa’-’gwur, cuxos comentarios filosóficos formaron o bsTan-’gyur.
-
Arte musical cultivada no Tíbet. Tivo influencia chinesa, india, árabe e indonesia, e os instrumentos máis característicos son unhas trompas xigantes e outras constituídas con ósos humanos. A percusión consiste especialmente en timbais e címbalos. Os cantos búdicos son homófonos, coa participación de campás, e ademais de culto do templo, destacan as danzas de máscaras, C’am; os cantos de traballo, t’on-skad, e as cancións con danza, glu-gar.
-
...
-
-
PERSOEIRO
Escritor. En 1799 uniuse ao círculo de poetas de Jena. Deuse a coñecer con Geschichte des Herm William Lovell (Historia do señor William Lovell, 1795-1796). Publicou tamén Franz Sternbalds Wanderungen (Excursións de Franz Sternbald, 1798), Volksmarchen (Contos populares, 1797), Der blonde Eckbert (Eckbert o loiro, 1796) e diversos dramas como Der gestiefelte Kater (O gato con botas, 1797). Continuou a tradución das obras de Shakespeare iniciada por Schlegel (1799-1841), traduciu o Quixote (1799-1801) e editou tamén numerosas obras de escritores alemáns.
VER O DETALLE DO TERMO