Tianjin ou Tientsin
Tianjin ou Tientsin
Municipalidade de China, situada na rexión do Norte (11.305 km2; 10.010.000 h [2000]). É o gran porto da rexión do Norte e un gran centro comercial cun gran volume de exportacións e importacións. Ten industrias téxtiles de algodón, de tabaco, químicas, farmacéuticas, de fibras sintéticas e mecánicas. Alí foron asinados os acordos entre Francia e China sobre Annam e Tonquín (1884 e 1885). A consecuencia da revolta dos bóxers, foron destruídas as súas murallas, e, entre 1900 e 1907, a cidade foi administrada polos aliados occidentais.