tiamina

tiamina
Nome científico: [C<sub> 12</sub> H<sub> 17</sub> CIN<sub> 4</sub> OS]
s f [QUÍM]

Composto heterocíclico constituínte do complexo vitamínico B. É un factor esencial do crecemento e un antineurítico, e a súa falta ocasiona o beriberi no ser humano. Está moi difundido na natureza e atópase na casca do arroz, na levadura e nos ovos. Emprégase en medicina como complemento nutritivo e como aditivo alimentario. OBS: Tamén se denomina vitamina B1.