tiara
(
-
s
f
-
[HIST]
Toucado alto de tea ou de pel, usado antigamente por diversos pobos asiáticos. Entre os gregos era coñecida tamén por mitra ou, se se pregaba por diante, por gorro frixio. Entre os persas e os armenios era un signo de distinción. Adornada con diadema, era un distintivo real.
-
Toucado feminino inspirado na antiga tiara.
-
[HIST]
-
s
f
[RELIX]
Toucado pontificio non litúrxico de forma oval, cinguido por tres coroas sobrepostas coa cruz na parte superior e dúas ínfulas na parte inferior. A primitiva orla dourada foi convertida en coroa no s X (regnum). En 1294, baixo Bonifacio VIII, foille engadida unha segunda coroa, e unha terceira (triregnum) baixo Benedito XII en 1334. Significaba o triplo poder papal como vigairo de Xesús Cristo, pai dos príncipes e reis e reitor do mundo. Paulo VI renunciou a usala.