Thibault, François-Anatole
Escritor. Coñecido como Anatole France, realizou diversas investigacións bibliográficas e ensaios críticos, como Génie latin (1913). Comezou a súa carreira como poeta parnasiano, que reflectiu en Poèmes dorés (1873). Recolleu unha mostra do seu periodismo literario en La vie littéraire (1888-1892) e plasmou os seus recordos de infancia nalgunhas novelas, como Le livre de mon ami (1885). Escribiu os cadros de costumes do s XVIII La Rôtisserie de la reine Pédauque (1893) e Les Opinions de M. Jerôme Coignard (1893), ademais das novelas Le Lys Rouge (1894) e Le jardin d’Epicure (1895), que lle abriron as portas da Académie Française (1896). A vea satírica contra a sociedade contemporánea amósase no ciclo de novelas sobre o caso Dreyfus, L’Histoire Contemporaine (1897-1901) e en diversas obras posteriores. Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1921).
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Saint -
Nacemento
Lugar : París -
Deceso
Lugar : Loire