"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Que atravesa o Sáhara.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está ao outro lado dos Alpes.

    2. Aplícase á Galia que, para os romanos, estaba situada á outra banda dos Alpes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción química formal que implica a transferencia dun grupo amino (-NH2) dun composto orgánico a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima que cataliza reaccións de transaminación. A glutamato-oxalacetato-transaminase (GOT) encóntrase en grandes concentracións no músculo cardíaco e a glutamato-piruvato-transaminase (GPT) no fígado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está situado ao outro lado dos Andes.

    2. Que atravesa os Andes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa de transportes marítimos constituída en 1881 en Barcelona por Antonio López López. Este iniciou as súas actividades en 1850 en Cuba coa liña Guantánamo-Santiago. En 1856 volveu a España e creou a liña de vapores Alacant-Marsella. En 1861, con base en Cádiz, obtivo a concesión do transporte do correo entre España, Cuba, Puerto Rico e Santo Domingo, converténdose na primeira empresa navieira española con liñas regulares a EE UU, ás Antillas e ás colonias españolas. Entrou en decadencia despois da Guerra Civil Española. En 1977, unha empresa do INI tomou o control da sociedade, que máis tarde pasou ao grupo Teneo, que en 1993 vendeu as accións a Naviera del Odiel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está situado ao outro lado do Atlántico ou que o atravesa.

    2. Buque de elevada tonelaxe, especialmente de pasaxeiros, que efectúa longas viaxes a través do Atlántico ou por calquera outro océano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio situado entre o lago Baikal ao O (excluíndo o sistema de cordilleiras situadas na beira oriental do lago), a marxe meridional do río Ol’okma ao L, a fronteira da Federación Rusa ao S, e os altiplanos de Baikal setentrional e de Patom ao N. Na súa maior parte é unha rexión montañosa formada por cordilleiras de altitudes entre os 1.400 e os1.600 m, con depresións e vales.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que transborda.

    2. Instalación ou dispositivo que permite transbordar.

    3. Buque grande e plano que está destinado ao transporte de pasaxeiros, mercancías, automóbiles ou incluso trens, entre as dúas beiras dun estreito, un paso, un canal ou un río. OBS: Tamén se denomina ferry-boat.

    4. Dispositivo empregado para trasladar transversalmente vagóns e locomotoras dunha vía a outra paralela. Consiste nunha plataforma provista dun tramo de vía e de rodas que se move sobre uns carrís transversais e ás veces vai movida por motores propios.

    5. lanzadeira espacial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trasladar persoas ou cousas dunha embarcación a outra ou dun vehículo a outro.

    2. Transportar pasaxeiros ou vehículos dunha beira á outra dun río ou dunha canle.

    3. Trasladarse unha persoa dunha embarcación a outra ou dun vehículo de transporte a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de transbordar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Ucraína (12.800 km2; 1.288.200 h [estim 1998]). A súa capital é Uzhhorod.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cambio de categoría léxica dunha base que se pode realizar coa intervención dun sufixo (rumor > rumor-ear) ou sen aplicación de morfemas derivativos (doce, adxectivo ou substantivo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte meridional de Caucasia situada ao S do Gran Cáucaso e que comprende as repúblicas de Armenia, Xeorxia e Acerbaixán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Transcaucasia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Transcaucasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de transcendente.

    2. Acción de transcender.

    3. Importancia ou repercusión que adquire algo ou alguén.

    4. Calidade do que queda máis alá dun ser ou dun conxunto de seres e, especialmente, do que permanece fóra de toda experiencia posible, entendida esta en sentido kantiano, é dicir, que queda máis alá do espazo e do tempo. Segundo o que se entenda por inmanencia, estará máis ou menos determinado o ámbito correspondente da transcendencia; en Kant, este ámbito caracterízase como o ámbito da cousa en si e concretamente como o ámbito correspondente ao mundo, á alma e sobre todo a Deus, como síntese ideal e suprema dun e doutra. O primeiro que procurou superar a escisión entre inmanencia e transcendencia consagrada filosoficamente por Kant foi Hegel, que fixo de ambos os dous extremos correlativos unha única dialéctica. A concepción cristiá, por outra banda, insistiu sempre na afirmación simultánea da transcendencia e a inmanencia á hora de conceptualizar a relación entre Deus e a creación, así como entre graza e liberdade, fe e razón ou sobrenatural e natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que posúe unha grande importancia polas consecuencias que pode ter.

      1. Aplícase a cada un dos atributos propios de todo ser: a unidade, a verdade e a bondade (ou perfección), e para algúns a beleza, redutible para os escolásticos á perfección. Aos tres primeiros atributos transcendentais correspóndenlles respectivamente os principios de contradición, de razón suficiente e de finalidade.

      2. Aplícase a aquilo que pertence ás condicións a priori do coñecemento ou da acción (sobre todo moral) do home, na filosofía de Kant. Oponse tanto ao empírico, pois non deriva da experiencia, coma ao transcendente, polo feito de que non excede a experiencia aínda que sexa condición intrínseca dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sistema filosófico kantiano cuxo obxecto e método é de carácter transcendental.

      2. Designación que reciben certos aspectos do idealismo poskantiano como por a filosofía do espírito de Schelling (denominada por el mesmo transcendental).

      1. Movemento estadounidense, representado polo Transcendental Club of Boston, que se fundou en 1836 e se caracterizou por un espiritualismo antimaterialista e un intuicionismo de carácter relixioso.

      2. Tendencia ás divagacións abstractas, místicas ou sobrenaturais que menosprezan as mínimas esixencias da comprobación empírica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao transcendentalismo.

    2. Partidario do transcendentalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que transcende.

    2. Que posúe unha grande importancia polo efecto que pode producir.

      1. Relativo ou pertencente á transcendencia.

      2. Que excede os límites do coñecemento humano.

    VER O DETALLE DO TERMO