"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Talo das plantas herbáceas, especialmente a da col e a do toxo.
-
-
Talo do millo e doutros cereais que fica na terra tras apañalo.
-
Parte do tronco dunha árbore que queda unida á raíz ao cortala polo pé.
-
-
-
Eixe central da mazaroca do millo despois de debullala.
-
Parte central das froitas que non teñen carabuña.
-
-
Pedúnculo groso e curto de certas inflorescencias e froitos.
-
Estado de formación da pluma das aves consistente nunha vaíña pequena e aguda que, chegado o momento, racha e permite o desenvolvementeo da plumaxe.
-
-
PERSOEIRO
Escultor italiano. É un dos máximos representantes da plástica neoclásica. Discípulo de Guiseppe Bernardi, a produción da súa primeira etapa en Venecia continúa a tradición italiana do settecento: Euridice e Orfeo (1773), Dédalo e Ícaro (1778). En 1779, despois dunha viaxe a Nápoles, Herculano, Pompeia e Roma, e influído por Johann Joachim Winckelmann, iniciou o seu período de madurez, dentro xa do neoclasicismo. En 1781 estableceuse en Roma e alí realizou, entre outras obras, Teseo e o Minotauro (1782), os mausoleos dos papas Clemente XIV (1783-1787), na igrexa dos Santos Apóstolos, e de Clemente XIII (1787-1792), en San Pedro, e Amor e Psique (1792?), ademais de exercer o seu maxisterio sobre artistas de diversos países. Durante a invasión francesa, estableceuse en Viena onde realizou na Augustinerkirche o mausoleo de María Cristina (1798). De regreso a Roma, esculpiu Perseo (1801) e Os loitadores (1802). En 1802 Napoleón...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor. Participou na preparación do movemento militar da Vicalvarada (1854), que deu inicio ao Bienio Progresista. Redactou o Manifiesto de Manzanares (1854), declaración programática da futura Unión Liberal, partido polo que foi elixido deputado a Cortes e, máis tarde, designado director xeral da administración local e subsecretario de gobernación con O’Donnell (1858). Foi ministro da Gobernación no goberno de Mon (1864) e de Ultramar no último ministerio O’Donnell (1865). Non participou na Revolución de 1868 nin apoiou a causa de Isabel II. Deputado ás Cortes de 1869, defendeu posicións conservadoras. En 1873 designárono xefe do partido afonsino e dirixiu a campaña para a restauración da monarquía borbónica na persoa de Afonso XII. Nomeado xefe de goberno (1875), desenvolveu o sistema político da Restauración que ideara, baseado na unión de monarquía e Cortes a través dun texto constitucional (1876) que permitiu a división de poderes. Pactou con Sagasta a alternancia no...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cantante que compón el mesmo as cancións do seu repertorio.
-
-
-
Acción e arte de proferir sons musicais coa voz, xa sexa vocalizando, cantaruxando ou articulando palabras. O seu valor artístico está condicionado pola respiración, a emisión da voz e o seu timbre, o fraseo e os matices expresivos. Segundo as épocas e os distintos pobos, concibiuse de xeitos diferentes (nasal, gutural, palatal, etc). Como forma de expresión humana, o canto uniu as denotacións de dous tipos de expresión: a linguaxe e a música, por iso tivo un papel cultural de grande alcance en moitas civilizacións (as orientais en xeral, a grecolatina e, aínda que con menos importancia, tamén a europea occidental) que lle concederon unha importancia pedagóxica de primeira orde. Entre os exipcios, os hebreos e os gregos cultivouse axiña profesionalmente. En Occidente, na liña da tradición culta, tivo moita relevancia na Idade Media o canto litúrxico das igrexas cristiás (canto plano). O nacemento da polifonía e a arte dos trobadores son outros testemuños medievais do cultivo do...
-
Actividade ou arte de cantar.
-
Serie de sons musicais que se emiten cando se canta.
-
Melodía principal nun fragmento ou nunha peza musical de diversas partes, situada xeralmente na máis aguda.
-
canto de órgano
Canto que se compón de notas con distinta duración.
-
canto plano
Canto monofónico da liturxia cristiá, orixinalmente sen acompañamento. O termo refírese en particular aos repertorios con textos latinos das liturxias cristiá-occidentais, e nun sentido máis restritivo ao repertorio do canto gregoriano.
-
canto silábico
Canto no que cada nota musical corresponde a unha sílaba.
-
-
Composición poética en ton solemne destinada a ser cantada en honra ou louvanza de algo ou de alguén.
-
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedra pequena que ten forma redonda e lisa polos efectos erosivos.
-
-
Aresta dun ángulo que forman dúas caras contiguas dun obxecto poliédrico.
-
Cara estreita dun obxecto delgado que ten unha dimensión moito máis pequena ca as outras caras e que delimita a súa forma.
-
-
Ángulo que forman dúas paredes no lugar en que se unen.
-
Esquina que se forma na parte interior dunha superficie, como resultado da unión de dúas paredes.
-
-
As tres partes externas do libro que se opoñen ao lombo.
-
-
-
(Medina del Campo, Valladolid s XVII) Impresor. En Santiago de Compostela imprimiu en 1660 o libro Los Páramos, de Cazalans, e en 1683 o Espejo Seráfico, do P. Díaz. Coa axuda do seu irmán José del Canto y Sierra imprimiu en 1668 o Sermón fúnebre, predicado polo cóengo de Tui Antonio Tubia y Vallejo.
-
Forma que expresa cantidade ou número e posúe variación de xénero e número (canto, canta, cantos e cantas). Pode ter como antecedente un substantivo, co mesmo significado ca a expresión todo o que (coas súas variacións de xénero e número); pero tamén pode aparecer reforzado por todo (
-
Forma que pregunta polo número ou pola cantidade dalgunha cousa ou persoa, e que pode aparecer coas correspondentes variacións de xénero e número (
-
Forma que expresa a cantidade ou o número que hai dalgunha cousa ou persoa. Tamén pode aparecer coas variacións de xénero e número correpondentes (
-
Forma que expresa número indeterminado. OBS: Sempre se utiliza en plural e precedido de un, unhas (
-
Forma que expresa a cantidade ou intensidade dunha acción (
-
-
-
Forma que expresa cantidade ou número e posúe variación de xénero e número (canto, canta, cantos e cantas). Pode ter como antecedente un substantivo, co mesmo significado ca a expresión todo o que (coas súas variacións de xénero e número); pero tamén pode aparecer reforzado por todo (
-
Forma que pregunta polo número ou pola cantidade dalgunha cousa ou persoa, e que pode aparecer coas correspondentes variacións de xénero e número (
-
Forma que expresa a cantidade ou o número que hai dalgunha cousa ou persoa. Tamén pode aparecer coas variacións de xénero e número correpondentes (
-
Forma que expresa número indeterminado. OBS: Sempre se utiliza en plural e precedido de un, unhas (
-
Forma que expresa a cantidade ou intensidade dunha acción (
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poema longo publicado en 1950 por Pablo Neruda, pseudónimo de Neftalí Ricardo Reyes Basoalto. Constitúe unha crónica do continente americano desde as civilizacións indíxenas ata a época da súa redacción e poetiza a vida errante e clandestina dun home, o propio Neruda, como un canto aos seus compatriotas anónimos, á fraternidade cos oprimidos e cos humildes e á vasteza de América. Ten a súa orixe nun Canto general de Chile concibido como un longo poema épico con elementos descritivos e líricos. A nova versión transcendeu os límites iniciais e deu cabida a un catálogo pormenorizado de ríos, plantas, paxaros, apelidos, heroes da patria ou nomes de portos. Articúlase como unha versión moderna do saber enciclopédico, na medida en que reúne múltiples temas, xéneros e técnicas a partir dun tema central: América. Cómpre mencionar ademais a pegada das Crónicas de Indias e da tradición poética especificamente hispanoamericana, sobre todo das Silvas americanas (fragmentos do poema incompleto...
-
PERSOEIRO
Cerralleiro. Traballou en Santiago de Compostela. En 1613 foi nomeado reloxeiro do Colexio de Fonseca. En 1615 realizou unha rella para a catedral compostelá e en 1618 traballou no pazo de Gonzalo de Valladares Sarmiento en Fefiñáns (Cambados).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Medina del Campo, Valladolid s XVII) Impresor. En Santiago de Compostela imprimiu en 1660 o libro Los Páramos, de Cazalans, e en 1683 o Espejo Seráfico, do P. Díaz. Coa axuda do seu irmán José del Canto y Sierra imprimiu en 1668 o Sermón fúnebre, predicado polo cóengo de Tui Antonio Tubia y Vallejo.
-
PUNTA
Punta da beira meridional da ría de Arousa, no litoral da parroquia e concello do Grove. Constitúe o extremo setentrional da península do Grove.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Cada unha das vinte e seis unidades político-administrativas confederadas da Confederación Helvética.
-
Circunscrición administrativa de primeira orde de Luxemburgo.
-
-
Ruptura da pendente que enlaza a plataforma co talude continental e que adoita estar situada preto da isóbata de 200 m baixo o nivel do mar.
-
-
Cada un dos puntos do campo situados nos seus catro ángulos: o cantón destro da cabeza, o cantón sinistro da cabeza, o cantón destro da punta e o cantón sinistro da punta.
-
Peza rectangular que ocupa un dos ángulos do escudo e que é un pouco menor ca a cuarta parte deste. Adoita ocupar o ángulo primeiro (cantón destro) da parte superior, aínda que tamén pode ocupar o segundo (cantón sinistro). Cando ten a forma dun cuarto de circunferencia chámase cantón redondeado.
-
Cada un dos catro espacios baleiros que deixa nun escudo a cruz ou aspa.
-
cantón-faixa
Peza composta resultante da unión dun cantón destro e dunha faixa.
-
cantón de honor
franco cuartel.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido de algodón, moi tupido, con ligamento de sarga.
-
ATOLOS
Atol de Kiribati, Polinesia, no arquipélago das Phoenix. Xunto con Enderbury, formou, de 1939 a 1979, un condominio angloamericano ata que nesa última data se incorporou á República de Kiribati.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Guangdong, na rexión do Centro-sur, China (2.914.281 h [1990]). Situada á beira do delta dos ríos Xi, Bei e Dong, a cidade esténdese ao longo da beira esquerda do río Zhu, aínda que a área urbana comprende outros núcleos máis arredados, como Huang-pu (Whampoa), porto para barcos oceánicos. Actualmente, estase a producir unha forte expansión da industria moderna. Entre os monumentos históricos de Cantón cómpre destacar: na parte occidental, o Liu rong si (479), o templo Guang Xiao si (s IV) e, na parte oriental, o Zhen hai lou (1380), sede do museo histórico. Cantón, posesión do imperio chinés desde o s III a C, foi durante a dinastía Han centro do estado autónomo de Nanyue. Na dinastía Tang (618-907) a cidade converteuse no primeiro porto de chegada dos comerciantes hindús e árabes, pero a prosperidade da cidade data da época Song (900-1279). Foi tamén o primeiro porto chinés visitado regularmente polos europeos: os portugueses chegaron alí no 1514, os ingleses estableceron...
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Baños de Molgas baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Paderne de Allariz baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Nas representacións heráldicas, dise das pezas principais do escudo cando van acompañadas doutras iguais colocadas en cada cantón. Aplícase, especialmente, á cruz ou aspa acompañada doutras figuras nos catro cantóns.
-
Dise do bordo cando os catro cantóns levan un esmalte diferente ao seu.
-