4 canto -ta
(
-
(Medina del Campo, Valladolid s XVII) Impresor. En Santiago de Compostela imprimiu en 1660 o libro Los Páramos, de Cazalans, e en 1683 o Espejo Seráfico, do P. Díaz. Coa axuda do seu irmán José del Canto y Sierra imprimiu en 1668 o Sermón fúnebre, predicado polo cóengo de Tui Antonio Tubia y Vallejo.
-
adx e pron rel
Forma que expresa cantidade ou número e posúe variación de xénero e número (canto, canta, cantos e cantas). Pode ter como antecedente un substantivo, co mesmo significado ca a expresión todo o que (coas súas variacións de xénero e número); pero tamén pode aparecer reforzado por todo (
Ex: Ten moi boas ideas empresariais, todas cantas enxeña teñen éxito); e outras veces está en correlación con tanto (Ex: Mecos ten tantos cantos quere). Estas cláusulas introducidas por canto equivalen a unha frase nominal na que se inclúe unha cláusula relativa. En expresións co verbo poder pode aparecer precedido de a (Ex: Estudiou a canto puido para aprobar o exame). Coa preposición a e co mesmo valor distributivo aparece en construcións como a cantas máis mellor. De todos os modos, é habitual atopar esta forma relativa sen referencia anafórica e acompañando un substantivo ó que determina ou, noutros casos, en plural con función substantiva representando persoas (Ex: Todas cantas mulleres estaban alí aceptaron ir á folga) ou cousas, inmobilizado en masculino singular (Ex: Arrapaña todo canto atopa). Tamén pode ir acompañado por todo, que reforza a referencia á totalidade dos elementos de que se trate, coa particularidade de que toda cláusula subordinada pode aparecer en singular ou en plural sen que se altere o significado (Ex: Comprou todo(s) canto(s) libros atopou naquel posto)
-
adx e pron int
Forma que pregunta polo número ou pola cantidade dalgunha cousa ou persoa, e que pode aparecer coas correspondentes variacións de xénero e número (
Ex: Canto mel precisas?, Canta che dou?, Cantas botellas enchiches?). Canto é adverbio cando aparece inmobilizado en xénero e número en preguntas como: Canto queres gastar?, Canto falta para chegar a Verín?, Canto choveu hoxe pola mañá? OBS: Se canto introduce unha interrogativa indirecta debe levar acento gráfico (Ex: Pregúntalle cánto leite lle deixo).
-
adx e pron excl
Forma que expresa a cantidade ou o número que hai dalgunha cousa ou persoa. Tamén pode aparecer coas variacións de xénero e número correpondentes (
Ex: Canta calor vai hoxe!, Canto me arrepentín do que fixen!, Cantas me dixo!, Cantos recordos agochaba naquel baúl!). OBS: Se canto introduce unha exclamativa indirecta debe levar acento gráfico (Ex: Cánto lle quería e cánto lle doía ese amor).
-
cuant
Forma que expresa número indeterminado. OBS: Sempre se utiliza en plural e precedido de un, unhas (
Ex: Había unhas cantas persoas no teatro, Non se atoparon todos os restos, pero si uns cantos).
-
adv
Forma que expresa a cantidade ou intensidade dunha acción (
Ex: Canto máis lles dás máis queren, Canto se esforzou por acadar o seu obxectivo!
Frases feitas
-
A cada canto. Repetidamente cada pouco tempo. Ex: A cada tanto espertaba e non era quen de conciliar o sono.
-
(En) canto a. Con respecto a ou no que se refire a. Ex: En canto ao estilo do autor hai que dicir que é moi rebuscado.
-
1 Mentres. Ex: En canto vou a un sitio non podo ir ao outro.
-
2 Inmediatamente despois de facer ou ocorrer algo. SIN: así que. Ex: En canto consiga traballo fixo, compra unha casa.
-
3 En calidade de, como. Ex: En canto persoa non hai nada que reprocharlle.
-
Canta máis présa, máis vagar. Cando hai apuro parece que as cousas saen peor.
-
Canto (máis) antes. O antes posible. Ex: Debes presentar os papeis canto antes.
-
Canto máis frío menos roupa. Aplícase cando unha situación vai a peor.
-
En canto loc conx