1 canto
(
-
[MÚS]
-
s
m
Acción e arte de proferir sons musicais coa voz, xa sexa vocalizando, cantaruxando ou articulando palabras. O seu valor artístico está condicionado pola respiración, a emisión da voz e o seu timbre, o fraseo e os matices expresivos. Segundo as épocas e os distintos pobos, concibiuse de xeitos diferentes (nasal, gutural, palatal, etc). Como forma de expresión humana, o canto uniu as denotacións de dous tipos de expresión: a linguaxe e a música, por iso tivo un papel cultural de grande alcance en moitas civilizacións (as orientais en xeral, a grecolatina e, aínda que con menos importancia, tamén a europea occidental) que lle concederon unha importancia pedagóxica de primeira orde. Entre os exipcios, os hebreos e os gregos cultivouse axiña profesionalmente. En Occidente, na liña da tradición culta, tivo moita relevancia na Idade Media o canto litúrxico das igrexas cristiás (canto plano). O nacemento da polifonía e a arte dos trobadores son outros testemuños medievais do cultivo do canto. Ata finais do s XVI foron poucos os cantantes coñecidos como solistas; os primeiros dos que se souberon os nomes foron os trobadores, Minnesinger e trouvères dos ss XI ao XIII, que acostumaban compoñer as súas propias cancións. En Italia, no s XVI, foi superior a execución vogal de capela, á que contribuíron as voces agudas dos castrati: a afección ao canto tomou un gran pulo que conduciu ao bel canto. A mediados do s XVI os tratados musicais empezaron a dar máis importancia ao canto. Ata ese momento, as composicións profanas estaban dedicadas ás voces masculinas, pero dende finais do s XVI a voz feminina empezou a ter o seu lugar. A obra Opinioni de’ cantori antichi e moderni (1723), de Piero Francesco Tosi, foi un dos primeiros métodos de canto e tratado da emisión da voz, da vocalización, dos ornamentos e da declamación. As obras do profesor Nicola Porpora son un bo exemplo da evolución do bel canto cara a un abuso do virtuosismo vogal e das ornamentacións. As escolas de canto de Roma, Venecia, Nápoles e Boloña formaron os principais cantantes de ópera dos ss XVII e XVIII, eido no que sopranos e castrati foron os intérpretes máis solicitados durante o Barroco por mor da súa elaborada técnica na execución do bel canto desenvolvido na ópera italiana do s XVII. En Francia seguiuse unha liña diferente, co predominio da declamación e da articulación das palabras, onde se preferían para os papeis masculinos os tenores agudos, coñecidos co nome de haute-contre, ás voces dos castrati. Bénigne de Bacilly, na súa obra Remarques curieuses sur l’art de bien chanter (1668) propugnou a esaxeración, a afectación retórica e os matices expresivos. A partir de 1770, o estilo de canto quedou fortemente influído pola reforma da ópera de Christoph Willibald Gluck. Coa chegada do romanticismo, a voz acadou preferencia nos repertorios, desenvolvéronse novas formas de execución dramática e xurdiron intérpretes especializados no lied alemán como o barítono alemán Julius Stockhausen (1826-1906) ou o austríaco Johann Michael Volgl (1768-1840). O método de canto dos profesores do conservatorio de París, xurdido en 1803, tentou asimilar a nova tendencia da grande ópera, que valorou, durante o s XIX e parte do XX, a extensión, a potencia e a vehemencia expresiva dos cantantes por riba da axilidade vocal. O barítono Manuel García (1805-1906), autor de Traité complet de l’art du chant (1847) e inventor do laringoscopio (1955), conciliou o método científico co musical. Coa chegada do s XX, os progresos na tecnoloxía, como a invención do micrófono ou os avances na música electrónica no tratamento das voces, provocaron o desenvolvemento de novas técnicas vocais.
-
s
m
Actividade ou arte de cantar.
Ex: É profesor de canto no conservatorio.
-
s
m
Serie de sons musicais que se emiten cando se canta.
-
s
m
Melodía principal nun fragmento ou nunha peza musical de diversas partes, situada xeralmente na máis aguda.
-
canto de órgano
Canto que se compón de notas con distinta duración.
-
canto plano
Canto monofónico da liturxia cristiá, orixinalmente sen acompañamento. O termo refírese en particular aos repertorios con textos latinos das liturxias cristiá-occidentais, e nun sentido máis restritivo ao repertorio do canto gregoriano.
-
canto silábico
Canto no que cada nota musical corresponde a unha sílaba.
-
s
m
-
s
m
[MÚS/LIT]
Composición poética en ton solemne destinada a ser cantada en honra ou louvanza de algo ou de alguén.
-
[LIT]
-
s
m
Nome que recibe cada unha das divisións dun poema longo de carácter épico ou narrativo, comparable ao capítulo na novela. Os cantos pódense subdividir en unidades máis pequenas, como a estrofa. Entre as obras nas que se pode constatar a división en cantos, destacan a Divina Comedia, de Dante Alighieri; os Cantos, de Ezra Pound; ou Os Eoas, de Eduardo Pondal.
-
canto real
Poema francés que tivo o seu máximo esplendor entre os ss XIV e XV. Trátase dunha sátira encuberta baixo a forma dunha alegoría, formada por cinco ou seis estrofas de dez versos articulados sobre cinco rimas repetidas na mesma orde. O último verso da primeira estrofa serve de refrán para as seguintes. Segundo algúns críticos, a orixe do nome atópase no feito de que sempre se dedicaba ao monarca ou a outro personaxe da realeza; para outros, porque era o monarca quen cada ano propoñía o tema para un concurso de composicións poéticas.
-
s
m
-
canto de cisne
-
Rechouchío harmonioso que, segundo a tradición, adoita entoar o cisne no momento da morte.
-
Derradeira obra ou actuación, de relevancia, producida pouco antes da morte ou desaparición do seu autor ou executor no tocante a esa actividade.
Ex: Aquela corrida foi o seu canto de cisne, xa que con ela puxo fin á súa profesión de toureiro.
-
-
canto de serea
-
Canto que emitían as sereas, e que antigamente crían escoitar os mariñeiros.
-
Palabras falsas e aduladoras coas que se pretende acadar amizade, confianza ou os favores de alguén.
-
Refráns
- Ben canta o catalán, se lle dan.
- Cada un canta como ten a gracia.
- Canta que has de ir á santa.
- Cantar mal e recuncar non é de aprobar.
- Cantar pensei e por cantar chorei.
- O cantar quere vir de gracia e o bailar quérese aprender.
- O que non sirva para galo, que non cante.
- Os seus males espanta o que canta.
- Quen mal canta, ben lle acae.
- Se ben canta o abade, non o fai mal o monaguillo.