"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

    1. Embarcación de vela semellante ao bergantín pero de formas menos finas. Apareceu no segundo terzo do s XVIII, como correo e para o transporte de pasaxeiros entre Calais e Dover, e foi moi empregado como correo ata a imposición dos vapores.

    2. Barco correo e de pasaxeiros, de propulsión mecánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Tipo de mercancía pequena, que se garda e comercializa en paquetes.

      2. Comercio de mercancías en paquetes de pequeno tamaño.

    1. Departamento dunha oficina de correos ou dunha axencia de transportes onde se clasifican e gardan os paquetes para a súa recollida ou envío.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cousa ou conxunto de cousas agrupadas, envoltas ou atadas xuntas.

      2. Envase ou envoltorio de pequeno tamaño en que hai unha ou varias cousas.

      3. paquete postal

        Paquete que se envía por correo, segundo unhas normas establecidas pola administración en canto a tamaño, peso, franqueo, etc.

      1. Serie, colección ou conxunto de cousas que forman unha unidade.

      2. Conxunto dun certo número de liñas compostas en tipografía, xeralmente as que constitúen unha páxina, xuntas cun cordel, que o caixista libera no compaxinador.

      3. Parte dunha composición tipográfica en que entra un milleiro de letras.

      4. Grupo de programas que actúan conxuntamente, ou ben un programa complexo único que contén diversos programas individuais relacionados que permiten pasar dun a outro facilmente, sen necesidade de volver ao sistema operativo. Son correntes os paquetes que conteñen bases de datos, follas de cálculo, tratamento de textos, comunicacións e outros.

      5. Conxunto de madeixas que se colocan xuntas para facilitar o seu transporte. No sistema inverso de numeración dos fíos, o peso do paquete é igual a 10 veces o peso da base constante. Así, no sistema catalán do algodón, o paquete pesa 4.400 g, no sistema inglés 4.536 g e no francés 5.000 g. O número de madeixas que hai nun paquete é 10 veces o número de fío.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • paquetaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘groso’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten o tronco moi groso, onde se acumulan reservas de auga e de nutrientes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anormalidade que consiste no aumento da cabeza a causa dun engrosamento das paredes do cranio con sinostose dos ósos parietais e do occipital.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Displasia tegumentaria que se caracteriza por un engrosamento da pel.

    2. mixedema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á paquidermia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos animais mamíferos de pel grosa e dura.

      1. Relativo ou pertencente aos paquidermos.

      2. Mamífero do grupo dos paquidermos.

      3. Grupo, sen valor taxonómico, que foi creado por Cuvier e que reúne os proboscídeos, os suiformes e os équidos por ter unhas características comúns, como o grosor da pel, o seu gran peso e ser estritamente herbívoros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Engrosamento anormal da lingua, orixinado por diversas causas, que pode producir defectos articulatorios ou impedir a correcta adquisición da fala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección cutánea crónica, especialmente das pernas, en que a pel se volve grosa e dura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación da duramáter ou meninxe externa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador bizantino. Na corte bizantina destacou pola súa formación polígrafa, e acadou as máis altas dignidades civís e eclesiásticas. Das súas obras destaca Ñùìáïê ἠ ‘Éóôïñίá (Historia bizantina), en 13 libros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Engrosamento anormal da pleura, secundario á persistencia de derramos pleurais sanguinolentos ou supurados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Rivera Pérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Asia meridional, situado entre Irán ao O, Afganistán ao O, NO e N, China ao NL, India ao L, e o mar de Arabia ao S (796.095 km2; 140.673.000 [estim 2001]). A súa capital é Islāmābād.
    Xeografía física
    Está formado por tres rexións: a rexión montañosa do N-NL, Baluchistán e o val do Indo. A primeira inclúe unha parte do Karakorum, os contrafortes do Hindu Kush ao O e do Himalaia ao L. O clima é alpino, con precipitacións abundantes, sobre todo de neve, que no desxeo provocan as fortes crecidas do Indo e dos seus afluentes; o bosque desaparece coa altitude e no extremo N dominan os glaciares. A rexión de Baluchistán está formada polos contrafortes do altiplano iraniano, que descende cara ao Indo; os ventos secos e cálidos convértena nunha vasta extensión desértica e estépica, interrompida por lagos salgados e relevos irregulares, pouco apta para o cultivo. O val do Indo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu un dos dous territorios en que se dividiu o estado de Paquistán, desde a súa formación (1947) ata a independencia de Paquistán Oriental (1972). Constitúe o estado paquistaní.

    VER O DETALLE DO TERMO