1 paquete
(
-
-
s
m
Cousa ou conxunto de cousas agrupadas, envoltas ou atadas xuntas.
Ex: Preparou varios paquetes de regalos para os netos.
-
s
m
Envase ou envoltorio de pequeno tamaño en que hai unha ou varias cousas.
Ex: Deixou o paquete de cigarros enriba da mesa. Levaba no bolso varios paquetes de caramelos de menta.
-
paquete postal
Paquete que se envía por correo, segundo unhas normas establecidas pola administración en canto a tamaño, peso, franqueo, etc.
-
s
m
-
-
s
m
Serie, colección ou conxunto de cousas que forman unha unidade.
Ex: O goberno preparou un paquete de medidas sociais e económicas.
-
s
m
[GRÁF]
Conxunto dun certo número de liñas compostas en tipografía, xeralmente as que constitúen unha páxina, xuntas cun cordel, que o caixista libera no compaxinador.
-
s
m
[GRÁF]
Parte dunha composición tipográfica en que entra un milleiro de letras.
-
s
m
[INFORM]
Grupo de programas que actúan conxuntamente, ou ben un programa complexo único que contén diversos programas individuais relacionados que permiten pasar dun a outro facilmente, sen necesidade de volver ao sistema operativo. Son correntes os paquetes que conteñen bases de datos, follas de cálculo, tratamento de textos, comunicacións e outros.
-
s
m
[TÉXT]
Conxunto de madeixas que se colocan xuntas para facilitar o seu transporte. No sistema inverso de numeración dos fíos, o peso do paquete é igual a 10 veces o peso da base constante. Así, no sistema catalán do algodón, o paquete pesa 4.400 g, no sistema inglés 4.536 g e no francés 5.000 g. O número de madeixas que hai nun paquete é 10 veces o número de fío.
-
paquete de accións
[ECON]
Conxunto de accións dunha compañía que pertencen a un só titular.
-
s
m
-
paquete de ondas
[FÍS]
Superposición de ondas monocromáticas, que ocupan unha rexión finita do espazo, cunhas frecuencias comprendidas nun intervalo moi reducido respecto do seu valor absoluto.