paquebote
paquebote
(< fr paquebot)
-
s
m
[MAR]
Embarcación de vela semellante ao bergantín pero de formas menos finas. Apareceu no segundo terzo do s XVIII, como correo e para o transporte de pasaxeiros entre Calais e Dover, e foi moi empregado como correo ata a imposición dos vapores.
-
s
m
[MAR]
Barco correo e de pasaxeiros, de propulsión mecánica.