"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Parte da gramática xenerativa que se ocupa das transformacións aplicadas ás frases para pasalas da estrutura profunda á superficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á función matemática definida mediante unha operación en que intervén a función que se quere transformar, feito que facilita a resolución numérica de determinadas aplicacións prácticas. Son exemplos disto: a transformada de Carson e a transformada de Laplace.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que transforma.

      2. Aparato estático de indución electromagnética destinado a transformar un sistema de correntes variables en un ou máis sistemas de correntes variables de intensidade e tensión, xeralmente diferentes pero coa mesma frecuencia. Consiste en dous circuítos denominados, primario e secundario, enrolados arredor dun mesmo núcleo magnético de ferro e dispostos en columnas. O primario recibe a corrente que se quere transformar e que unha vez transformada sae polo secundario. O núcleo magnético está formado por unha serie de pranchas delgadas, illadas e colocadas convenientemente para evitar as perdas por histérese e correntes de Foucault. Algúns transformadores especiais dispoñen ademais dun terceiro circuíto, denominado terciario. Tamén existen transformadores de medida que poden ser de tensión ou de intensidade.

      3. transformador ideal

        Cuadripolo convertedor de enerxía que conservando a súa forma cambia o nivel das súas magnitudes características (variable intensiva e extensiva). É un transformador sen perdas, de coeficiente de axuste da unidade e de fluxo de dispersión nulo, e no que a indutancia mutua M e as autoindutancias do primario L1 e do secundario L2 son infinitas.

      4. transformador perfecto

        Transformador sen perdas, de coeficiente de axuste da unidade e de fluxo de dispersión nulo. O seu circuíto equivalente está formado por unha autoindutancia L conectada ao primario dun transformador ideal. Cando L1 tende a infinito o seu comportamento aproxímase ao do transformador ideal.

    1. redutor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer pasar algo ou a alguén dunha forma a outra.

    2. Converter unha cousa noutra.

    3. olverse algo ou alguén diferente do que era, para tomar outras características.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a virtude de transformar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría biolóxica que explica a aparición de diversas especies a partir de transformacións sucesivas. As especies vexetais e animais transfórmanse noutras a través de sucesivas mutacións, debido á influencia do medio natural. A teoría do transformismo fixo posible a formulación científica do evolucionismo, que se debe a Lamarck e Darwin.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao transformismo

    2. Partidario do transformismo.

    3. Artista que cambia rápida e continuamente os traxes nos seus espectáculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso que consiste na transferencia dun grupo fosfórico dun éster a un grupo alcohol para formar un novo éster fosfórico, como é o caso da reacción que está catalizada pola ribonuclease.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que abandona o seu partido para pasar ao partido contrario.

    2. Militar que en tempos de guerra deserta da súa facción para incorporarse á contraria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comportamento do tránsfuga, especialmente referido á política.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer pasar un líquido pouco a pouco dun recipiente a outro.

    2. Facer pasar sangue ou outro líquido dunha persoa ou dun animal a outro mediante unha transfusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de transfundir.

    2. Operación que consiste en facer pasar sangue ou algúns dos seus derivados (soro ou plasma) dun doador a un receptor, directa ou indirectamente, para tratar determinadas afeccións ou substituir sangue que se perdeu nunha hemorraxia. No caso dunha transfusión sanguínea hai que facer estudos previos do receptor e do doador, con tipificación de grupos e detección de aglutininas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infrinxir unha lei, un precepto, unha orde ou unha obriga prestablecida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de transgredir.

    2. Expansión do mar en relación ás terras emerxidas, provocada pola epiroxénese, debida a un ascenso xeneralizado do nivel do mar ou por ambos os dous movementos á vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen transgride.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso do Tíbet, situado ao N do curso superior do Tgsanpo, onde a súa altitude supera os 6.000 m. A vertente S é bastante húmida e boscosa, mentres que a vertente N, que mira cara ao interior do Tíbet, é máis árida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Migración estacional, propia de moitas especies de animais, especialmente do gando que, para aproveitar ao máximo a estacionalidade dos pastos percorren, normalmente conducidas polo home, grandes extensións de terreo desde as chairas cara ás rexións montañosas e viceversa. É un fenómeno común en todas as rexións da zona mediterránea, así como no Cáucaso, en Asia central e nos Andes. A súa orixe en España remontouse á época visigoda, aínda que deu o pulo definitivo durante o s XIII, que se materializou coa creación do Honrado Concejo de la Mesta. Despois da súa desaparición, en 1836, foi pouco a pouco substituída pola gandaría estabular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á transhumancia.

    2. Que transhuma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pasar os rabaños dunha terra a outra efectuando a transhumancia.

    2. Cambiar periodicamente de lugar unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que atravesa Siberia.

    2. ía férrea que atravesa Siberia. Forma unha ampla rede que une Moscova con Vladivostok (9.000 km), penetra en Corea onde chega ata Pusan pasando por Seúl, e tamén chega a China ao cruzar Mongolia, onde enlaza coa rede ferroviaria chinesa. Foi proxectado en 1850 e a súa construción comezou en 1891.

    VER O DETALLE DO TERMO