"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Acción de pasar dun estado, idea ou asunto a outro sen cambios bruscos.
-
Evolución cara a un estado de menor enerxía dun núcleo atómico que se atopa nun nivel excitado, mediante a emisión dunha radiación electromagnética. Este fenómeno, descuberto en 1922 por C.D. Ellis e Lise Meitner, adoita acompañar a desintegración dos núcleos dunha substancia.
-
Denominación xenérica dos elementos que no seu estado fundamental ou nalgún dos seus estados de oxidación presentan unha configuración electrónica con capas d ou f parcialmente ocupadas. Existen 55 elementos de transición clasificados en dous grupos. Os elementos de transición principais ou do bloque d están constituídos polas series que van do escandio ao cobre (primeira serie de transición), do itrio á prata (segunda serie de transición), e a serie que comprende o lantano e os elementos que van desde o hafnio ata o ouro (terceira serie de transición). Os elementos de transición interna ou do bloque f, están constituídos pola familia dos lantánidos ou primeira serie de transición interna, que vai do cerio ao lutecio e a familia dos actínidos, ou segunda serie de transición interna, que vai desde o torio ao laurencio.
-
Entidade intermedia entre os reactivos e os produtos dunha reacción química.
-
Teoría que explica a relación entre a constante de velocidade de reacción e a temperatura. Baséase na suposición de que para que a reacción teña lugar ten que acontecer que os átomos ou as moléculas reaccionantes ao interactuar, formen un complexo activado; feito que pode evolucionar tanto cara aos reactantes coma cara aos produtos. Foi desenvolvida por H. Eyring no ano 1935. OBS: Tamén se denomina teoría das velocidades de reacción absolutas.
-
Descrición esquemática atemporal que explica o proceso no que se atopa unha sociedade ao pasar de estar dominada por un réxime demográfico baseado nuns índices elevados de mortalidade e natalidade a un novo réxime caracterizado pola redución destes índices. Esta teoría é unha situación lóxica establecida en tres fases. A primeira fase denominada antigo réxime demográfico ou réxime demográfico tradicional, caracterízase por uns elevados índices de natalidade e mortalidade e unha esperanza de vida baixa. Na segunda fase denominada período de transición demográfica, prodúcese primeiro un descenso dos índices de mortalidade e un posterior descenso dos índices de natalidade; é o que se denomina explosión demográfica. Por último a terceira fase denominada novo réxime demográfico ou réxime demográfico moderno, que se caracteriza por uns índices de mortalidade e de natalidade baixos e unha elevada esperanza de vida.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia contemporánea española comprendido entre 1975, ano da morte de Francisco Franco, e 1982 cando o Partido Socialista Obrero Español (PSOE) obtivo a maioría absoluta nas eleccións lexislativas. Nestes anos desenvolveuse o proceso de cambio político do réxime ditatorial franquista á instauración dunha democracia que desembocou na celebración das primeiras eleccións libres desde 1936, gañadas pola coalición Unión de Centro Democrático (UCD). As primeiras medidas democratizadoras tomadas foron a legalización de partidos, a redacción da Constitución, aprobada polas Cortes en 1978 e a concesión do réxime de preautonomía ás nacionalidades históricas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está afectado por algunha dor física ou moral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Iluminación por transparencia dunha cavidade, especialmente na amnioscopia e na observación dos seos da cara por medio dunha luz eléctrica que se introduce na boca.
-
REXIÓNS
Rexión do centro de Romanía formada por un altiplano rodeado polos Cárpatos Meridionais. Morfoloxicamente constitúe unha depresión de orixe tectónica formada durante o Secundario, cando se alzou a cordilleira carpática. Ten unha altitude media duns 500 m, e unha inclinación cara ao O e o N, onde descende ata os 200 m, mentres que polo S chega ata os 1.000 m. Está drenada polo Olt, o Mureş e o Someş. É unha das rexións máis poboadas, e xunto aos romaneses establecéronse nela húngaros e alemáns, sobre todo no SL. Cunha rica economía agrícola, con abundancia de bosques e recursos minerais, ten cultivos de vide, remolacha, xirasol e cereais. Tamén ten xacementos de gas natural, sal e ferro. Corazón do reino dacio, formou parte da provincia romana de Dacia. A principios do s XI, o Rei Estevo I de Hungría reuniu as terras de Transilvania nun condado gobernado por un voivoda, pero o seu relevo, accidentado, dificultou a integración política do país. Ademais, os húngaros instalaron alí...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Transilvania.
-
Natural ou habitante de Transilvania.
-
-
-
Dispositivo electrónico de estado sólido, baseado nas propiedades condutoras dos materiais semicondutores empregado para controlar ou amplificar unha corrente eléctrica. As súas pequenas dimensións, fiabilidade, duración, baixo consumo e prezo permitiron que substituísen dun xeito vantaxoso os tubos electrónicos. O transistor foi inventado en 1948 por J. Barden e W. Brattain, que xunto con W. Schockley traballaron nos laboratorios da Bell Telephone. Os tres gañaron o premio Nobel en 1956. O primeiro tipo de transistor, coñecido como transistor de puntas, consistía en dous eléctrodos de xermanio colocados de xeito que as súas puntas case se tocaban. Era feble e pouco estable, foi abandonado ao ser desenvolvido por W. Schockley en 1951 un novo tipo, o transistor de unión, do que hai dous tipos básicos: o transistor bipolar e o unipolar. No primeiro a condución é orixinada por dous tipos de portadores de carga (electróns e buracos), mentres que no segundo o é por só un dos...
-
Aparato receptor de radio que funciona con transistores.
-
Dispositivo electrónico que consiste nunha lámina de cristal semicondutora atravesada por dous raios de luz, un forte e un débil, de xeito que este último actúa como excitador ou regulador do raio principal. Desenvolvido nos Bell Laboratories en 1978, este é o equivalente óptico do transistor electrónico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transmitir información a través dun transistor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
transitable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode transitar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ir por unha vía pública.
-
-
Calidade de transitivo
-
Propiedade dun verbo transitivo.
-
-
-
Que pasa ou se transfire dun ao outro.
-
-
Que se utiliza con complemento directo.
-
Que é propio dos verbos transitivos.
-
-
Causa cuxa acción se transmite dun suxeito a un obxecto diferente.
-
Relación R nun conxunto A tal que, se a e b están relacionados por R, e b e c tamén o están, entón entre a e c tamén existe a mesma relación.
-
-
-
-
Acción de transitar.
-
Circulación, movemento de persoas ou vehículos por rúas e vías públicas, ou de embarcacións, avións ou ferrocarrís. O tránsito aéreo e marítimo regúlase legalmente mediante convenios internacionais, e o tránsito por estradas e vías públicas mediante códigos que conteñen as series de sinais, onde destacan os de circulación.
-
-
-
Paso dun lugar, estado ou situación a outro.
-
Morte dunha persoa xusta ou santa, en tanto que é o seu paso desta vida á eterna. Refírese principalmente á Virxe María.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de transitorio.
-
-
Que é de curta duración.
-
Que serve de transición.
-
Aplícase ao réxime de funcionamento dunha corrente eléctrica que ten lugar durante o período de tempo transcorrido antes de alcanzar o réxime permanente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oscilador de relaxación mediante un péntodo que está destinado a xerar unha tensión en dente de serra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade ou condición de transixente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que transixe.
-
-
Consentir, en favor da concordia, naquilo que non se cre razoable ou verdadeiro.
-
Facer concesións naquilo que é obxecto de litixio ou disputa para chegar a un acordo, aceptando en parte aquilo que non se considera xusto para evitar ir a xuízo.
-