"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Falta de distinción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de individuar ou individuarse.

      1. Realización dunha idea ou forma nun individuo concreto.

      2. principio de individuación

        Fórmula empregada por Aristóteles e os escolásticos para designar o que fai que un individuo concreto teña unha existencia específica e singular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de individualizar ou individualizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de inducir.

    2. Delito que consiste en inducir a unha persoa a cometer unha acción delitiva. O indutor é considerado responsable do delito como autor formal e o inducido como simple autor material.

      1. inducción electromagnética

        Produción dunha forza electromotriz nun circuíto pechado percorrido por un fluxo magnético variable, ou nun elemento de circuíto móbil que corta un fluxo magnético. O valor desta fem vén dado pola lei de Faraday.

      2. inducción mutua

        Produción dunha fem nun circuíto a causa das variacións da corrente que circula por un circuíto próximo. Mídea o coeficiente de indución mutua, denominado xeralmente indutancia mutua.

      3. inducción propia

        autoindución.

      1. Proceso que orienta a diferenciación das células embrionarias e controla a forma definitiva do embrión a partir dun centro organizador.

      2. inducción asimiladora

        Indución que actúa sobre un tecido non diferenciado. Dáse nos enxertos artificiais.

      3. inducción somática

        Indución que actúa sobre as células xerminais.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento da dureza dun tecido orgánico a causa dunha inflamación ou dureza anormal dunha rexión anatómica determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación quincenal editada en Vigo a partir de 1897 co subtítulo de “Defensor de los intereses de la produción”. Fundada e dirixida por Vicente Fuster, o seu obxectivo principal era ser o instrumento de comunicación da industria e do empresariado da cidade. Despois dunha breve suspensión, reapareceu novamente entre 1900 e 1910.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín de la Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de industrializar ou industrializarse. O proceso de desenvolvemento das actividades industriais comezou coa Revolución Neolítica, coa preparación de utensilios para a actividade agrícola. As grandes civilizacións da Antigüidade incorporaron elementos que favorecían a transformación da materia prima en produtos elaborados. Nesta primeira etapa as tarefas eran predominantemente manuais, as ferramentas e as maquinarias existentes precisaban a forza do home ou a tracción animal. Posteriormente empezáronse a aproveitar as forzas hidráulicas e eólicas como fontes de enerxía. A partir do s XVIII un forte investimento capitalista favoreceu que os avances técnicos fosen aproveitados para producir a grande escala. Este proceso inciouse en Reino Unido e baseouse no emprego do carbón mineral na máquina de vapor, que permitiu a progresiva substitución do traballo manual. A industria téxtil foi pioneira na introdución de maquinaria no seu proceso produtivo, aproveitando unha conxuntura...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Desigualdade entre dúas expresións alxébricas que se cumpre para certos valores das súas variables, valores que constitúen as súas solucións. As principais regras para resolver unha inecuación son:

    FORMULA

    a≤b Symbol >⇔ a+c≤b+c
    a≤b e 0≤c ac≤bc
    a≤b e c≤0
    ac≥bc
    0≤a≤b
    a2 ≤b2
    a≤b≤0 a2 ≥b2

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de ineducado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de infamar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de infectar.

      1. Introdución no organismo de elementos patóxenos capaces de se desenvolveren e de produciren substancias tóxicas. Os xermes entran polas vías naturais ou por unha ferida e o organismo reacciona cunha serie de fenómenos de ataque e de defensa, como a acción fagocitaria e a produción de anticorpos. Nunha infección cómpre distinguir o período de incubación ou latencia (desde o momento de entrada do elemento patóxeno ata os primeiros síntomas evidentes da infección) e o período de estado (desde a aparición de todos os síntomas ata que estes comezan a declinar). Despois aparece, nos casos favorables, un período de convalecencia onde os síntomas remiten ostensiblemente e o organismo restablece pouco a pouco as funcións alteradas.

      2. infección oportunista

        Denominación xenérica dos procesos infecciosos que se desenvolven en persoas inmunodeprimidas. Pódense deber a xermes oportunistas, é dicir, microorganismos pouco virulentos que en persoas inmunocompetentes non poderían producir unha infección, ou ben ser causadas por xermes virulentos que nas persoas inmunodeprimidas orixinan doenzas infecciosas máis graves, persistentes e frecuentes do que é habitual en individuos cunha actividade inmunolóxica axeitada.

    2. Doenza producida por unha infección.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é causa de infección.

    2. que é susceptible de ser comunicado ou causador por infección.

    3. Que padece unha infección.

    4. Relativo ou pertencente á infección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de infestar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación que se practica para preservar a virxindade e imposibilitar o coito. Na femia consiste en pasar un anel ou fíbula a través dos beizos maiores ou menores. No macho o anel fíxase ao prepucio, despois de estiralo previamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de infiltrar ou infiltrarse.

    2. Penetración da auga de chuvia nun terreo permeable ata atopar unha capa impermeable ou un manto freático.

    3. Técnica metalúrxica para obter unha aliaxe de dous metais, un deles cun alto punto de fusión e en forma de esponxa e o outro cun baixo punto de fusión, que consiste en quentar o conxunto final a temperatura do segundo metal para que este se introduza por capilaridade no primeiro.

    4. Acumulación nun tecido, en particular no tecido conxuntivo, dalgunha substancia ou estrutura celular que lle sexa estraña. Un caso particularmente interesante é o da infiltración inflamatoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de inflar.

    2. Incremento xeneralizado e persistente dos prezos das mercadorías e servicios, que implica, por tanto, unha redución do poder adquisitivo do diñeiro. A existencia da inflación mídese mediante os índices de prezos e o índice do custo da vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. inflacionista.

    2. Aplícase a unha das fases iniciais do Universo na teoría de A. Guth. O Universo inflacionario consistiu nunha expansión rápida nun período de tempo extremadamente breve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á inflación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de inflamar ou inflamarse.

    2. Reacción inespecífica que ten lugar no tecido conxuntivo e coa que o organismo se defende da acción dun axente agresor. Os axentes agresores poden ser físicos, químicos ou microorganismos. Distínguense dous tipos de inflamación: a aguda e a crónica. Os síntomas clínicos locais da inflamación aguda son a calor, a roibén, o inchazo e a dor. A consecuencia da lesión, aparecen no foco inflamatorio mediadores químicos responsables dunha vasodilatación dos capilares e das arteriolas e dun aumento da súa permeabilidade. Iso trae como consecuencia unha exsudación do plasma sanguíneo e favorece a aparición, no tecido inflamado, dun infiltrado de células provenientes do sangue (leucocitos, eritrocitos, macrófagos). A inflamación aguda caracterízase polo tipo de exsudación, que pode ser fibrinosa (moi abondosa en proteínas plasmáticas e fibrina), serosa (con predominio de líquido) ou purulenta (na que abondan os leucocitos mortos e o tecido necrosado). A inflamación crónica preséntase cando non se...

    VER O DETALLE DO TERMO