"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Nome que recibiu un dos dous territorios en que se dividiu Paquistán, desde a súa formación (1947) ata 1972, ano da súa independencia. É o territorio do estado de Bangladesh.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Paquistán ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Paquistán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro estadio da meiose, despois do cigoteno e antes do diploteno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Engrosamento inflamatorio crónico da túnica vaxinal que envolve o testículo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das pezas montadas na parte anterior e posterior da carrocería dun vehículo automóbil para protexelo contra os choques de pouca importancia. É o elemento máis saínte da estrutura e, nos vehículos pesados, consiste nuns perfís de aceiro; nos turismos modernos adoita estar formado por unhas pezas moldeadas en plástico, poliéster ou noutro material, de gran resistencia aos impactos.

    2. Cada un dos dispositivos, que van colocados nunha sólida construción metálica ou de obra ao final dunha vía férrea, para deter os trens, os vagóns ou as locomotoras se a freada é insuficiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa de Luzón, Filipinas, situada na costa sudoriental da baía de Manila (308.000 h [1990]). A expansión urbana de Manila converteuna nun suburbio meridional desta cidade. Son tradicionais os bordados a man. O aeroporto internacional de Manila está nesta cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pseudoparénquima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dermatose que se caracteriza por un trastorno da queratinización normal, con conservación de núcleos nas células da capa córnea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e tradutor. Evolucionou desde o realismo poético dos primeiros libros, Vint poemes civils (1967), ata a unha poesía máis elaborada e vinculada á lírica europea e estadounidense, como en Latituds dels cavalls (1973), Focs d’octubre (1992, premio Ciutat de Barcelona) e Natura morta amb nens (2000). Traduciu ao catalán The Haw Lantern (1993, Premio de la Crítica Serra d’Or) de Seamus Heaney e The Lord of the Rings (1954) de J. R. R. Tolkien, e reuniu a súa obra poética no libro Triomf del present. Obra poètica 1975-1983 (1991, premio Lletra d’Or 1992). Foi presidente da Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (1998) e, desde 1998, da Institució de les Lletres Catalanes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista, conde de Pardo-Bazán, fillo de Miguel Pardo Bazán e pai de Emilia Pardo Bazán. Membro do Partido Progresista, foi alcalde da Coruña (1854) e deputado nas Cortes pola Coruña (1854-1856 e 1869-1871). Fundou o xornal Revista de Galicia (1850), en que publicou diversos traballos sobre a propiedade rural galega. Escribiu Memoria sobre la necesidad de establecer escuelas de Agricultura en Galicia (1862).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Tecido vexetal que está constituído por células vivas, poliédricas e máis ou menos isodiamétricas, de paredes celulares finas e non lignificadas, pouco especializadas, pero que normalmente perderon a facultade de reproducirse. É o tecido máis abundante nos órganos vexetais, e por iso se considera fundamental. As súas principais funcións son asimiladoras (parénquima asimilador ou clorénquima) e almacenadoras de materiais de reserva (parénquimas de reserva) como amidón, proteínas, aceites, azucres e mesmo auga (parénquima acuífero). Tamén hai un parénquima aerífero que presenta grandes espazos intercelulares e facilita a osixenación.

      2. parénquima en estacada

        Parte superior do mesofilo da folla, constituída por células parenquimáticas longas e finas, xuntas e con moitos cloroplastos.

      3. parénquima esponxoso/lacunoso

        Parte inferior do mesofilo da folla formada por células parenquimáticas separadas por grandes espazos intercelulares.

    1. Tecido esencial ou nobre dun órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao parénquima.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao parénquima.

    2. Que está constituído por parénquima.

    3. Que se parece ao parénquima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Larva dalgunhas esponxas constituída por unha folla externa flaxelada e unha masa parenquimática interna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espazo de terreo aberto, delimitado con árbores e plantas destinado principalmente ao lecer.

    2. Espazo de terreo aberto, delimitado con árbores e plantas destinado principalmente ao lecer.

    3. Lugar extenso e agreste destinado á conservación da fauna e flora.

      1. Lugar extenso e agreste destinado á conservación da fauna e flora.

      2. parque nacional

        Espazo natural protexido que consiste xeralmente nun territorio extenso que presenta sistemas naturais de particular interese científico, educativo e recreativo, nada ou pouco transformados pola explotación e a ocupación humanas. A declaración de parque nacional correspóndelle á máis alta autoridade do país onde se atopa, que regula o acceso e vela por protexer estes espazos naturais. O primeiro parque nacional do mundo foi o de Yellowstone, nos estados norteamericanos de Idaho, Montana e Wyoming, creado en 1872. En Galicia só hai o Parque Nacional das Illas Atlánticas, creado en 2002.

      3. parque natural

        Espazo natural protexido que consiste xeralmente nun territorio dunha certa extensión e pouco ou moi habitado e explotado, que presenta valores naturais de particular interese científico, educativo e recreativo. A súa declaración correspóndelle á autoridade competente que vela por asegurar a permanencia destes valores dunha maneira compatible co aproveitamento ordenado dos recursos do parque e a actividade dos seus habitantes. En Galicia hai 6 parques naturais: o do Monte Aloia, que foi o primeiro da comunidade galega, o da Baixa Limia-Serra do Xurés, o do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, o do Invernadeiro, o das Fragas do Eume e o da Serra da Enciña da Lastra.

      1. Conxunto de aparatos ou material destinados a un servizo público.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pavimento do chan composto por anacos finos e estreitos de madeira puída dispostos regularmente en diferentes composicións xeométricas.

    2. Parte da sala de contratación da bolsa, reservada á negociación dos valores e á que só teñen acceso os axentes de cambio e bolsa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque situado en Madrid, cunha extensión de 135 ha e con máis de 15.000 árbores e 3.000 arbustos, de moitas especies diferentes. Filipe IV mandou construír neste lugar o Palacio del Buen Retiro, do que só se conserva o coñecido como salón de reinos e os xardíns. Do seu patrimonio arquitectónico destacan o monumento a Afonso XII, obra modernista construída ao pé do lago por José Grasés Riera; o palacio de Velázquez e o palacio de cristal, realizados polo arquitecto Ricardo Velázquez Bosco e o monumento ecuestre a Martínez de Campos. Foi declarado BIC en 1935.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque etnográfico situado no Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro). Dependente da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, está integrado por un pequeno poboado con pallozas, cunha mostra de mobiliario e útiles domésticos no seu interior, convertido en museo desde 1970; a igrexa prerrománica de Santa María a Real do Cebreiro (s IX) e unha hospedaxe fundada no s IX para atender os peregrinos que se dirixían cara a Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque etnográfico situado en Allariz. Xurdiu como un proxecto de recuperación e saneamento das beiras do río Arnoia. Está integrado polo Muíño do Burato (1992), museo dedicado aos muíños hidráulicos que se poden atopar ao longo do río e onde se mostra a moenda do cereal; o Museo do Tecido O Fiadeiro (1994), onde se amosan os aparatos empregados no cultivo e transformación do liño, un antigo tear en uso e un pequeno obradoiro, ademais de pezas antigas tecidas á man; o Museo do Coiro Fábrica de Curtidos Familia Nogueiras (1994), sobre o proceso e ferramentas empregadas no curtido e que mostra os curtidoiros e as ferramentas propias do oficio; e o Museo Galego do Xoguete (1995), que mostra unha colección de xoguetes. Pertence ao Consello Galego de Museos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque de 22.000 m2 situado no concello de Vigo, en que se inclúen o pazo de Castrelos, rodeado de xardíns, o Museo Municipal Quiñones de León e un auditorio ao aire libre. O recinto está atravesado polo río Lagares e posúe árbores autóctonas como freixos, bidueiros e amieiros, e foráneas como araucarias e castiñeiros da India. Tamén hai piñeiros, salgueiros, magnolios e eucaliptos, entre outras moitas especies. Foi declarado BIC, xunto co pazo de Castrelos, en 1955.

    VER O DETALLE DO TERMO